Xosé Díaz Arias de Castro ingresa na Academia Galega de Belas Artes
Publicado: 29 Ene 2016, 15:20
Xosé Díaz Arias de Castro ingresa na Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de artes da imaxe. Pronunciará o seu discurso nun acto de recepción pública que se celebrará o sábado 30 na Fundación Luis Seoane. O deseñador pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Enriquecer ao mundo coa nosa diferenza. Contribución de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ao deseño galego do século XX”.
Naceu na Coruña en 1949. É fillo do artista Isaac Díaz Pardo, fundador e alma mater do grupo Sargadelos, e Carmen Arias de Castro.
http://radiofusion.eu/manager.php?p=FichaNova&ID=18398