Os ferreiros que chegaron a Riotorto dende as terras de Euskadi
Publicado: 17 Abr 2016, 17:10
Xosé Carreira | Lugo
Os estudos e as investigacións levadas a cabo por a Asociación de Promoción Social Ferreiros de Riotorto, dados a coñecer co gallo da feira que se celebra na xornada de hoxe nas Rodrigas, revelan que a tradición dos ferreiros que existe actualmente no termo municipal podería provir das terras de Euskadi. Os expertos que analizaron diversa documentación basean a teoría nalgúns dos termos empregados, como, por exemplo, aroza, aldabarra, arragua ou bandarria (pezas que se empregan nas forxas) e tamén nos apelidos vascos que aínda teñen presenza na actualidade en Riotorto. É o caso de Chavarría, Legaspi, Lombardero ou Recalde. Estas achegas á historia destes profesionais foron dadas a coñecer a travé das redes sociais durante a promoción desta décima edición da feira.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... 7C6991.htm
17 de abril de 2016.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou este domingo no acto de inauguración da X Feira dos Ferreiros de Riotorto, xunto co Alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias González, o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón e o pregoeiro desta edición o xornalista e produtor galego, José María Besteiro. Alí emprazou tanto a Asociación de Ferreiros como ao Concello, “a seguir traballando e promovendo este oficio, porque si queremos que o rural sobreviva hai conservar oficios como o dos ferreiros de Riotorto”.
http://www.cronica3.com/2016/04/dario-c ... -ferreiros