Apelido Jeremías

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
sentido
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 26 Abr 2016, 17:38

Apelido Jeremías

Mensaje por sentido »

Un dos apelidos dos que ainda non se fixeron tódal-as investigacións debidas é Jeremías. Hai no voso mapa 36 en Santiago e 5 no Rosal. Éste é un apelido tradicional de plateiros e acibecheiros. Fines do século XIX, residentes na Rúa de Carretas de Santiago. Hoxe, unha descendente deses plateiros mora na Provincia de A Coruña, en Arteixo. Alí están rexistrados seus fillos (Martínez-Romero Jeremías). Si contamos os netos hai 6 descendentes dos Jeremías aqueles.
José Jeremías Moreira, nado en Santiago de Compostela o 25 de maio de 1876, plateiro, emigra a Ourense coa familia nos comezos do século XX. Sete fillos, un home e 6 mulleres. Todos, agás a filla Pilar, emigran a Bos Aires, onde morren. Queda alí abundante familia Jeremías.
A súa neta, Pilar Herminia Jeremías Cela, é a que mora hoxe en Arteixo, Pcia. de A Coruña, logo de retornar da emigración a Bos Aires, onde nacera.
Nas partidas de nacemento dalguns dos Jeremías figuran con "G", Geremías. Atopamos moitos deles na Provincia de A Coruña.
Sábese, ainda que non se ten documentación certa, que os Jeremías poderían orixinarse na Idade Media e ser xudeos conversos. Hipótese con certa verosimilitude. Algúns Jeremías atopan costumes nos nomes que, neses tempos, usaban os conversos para identificarse: Hai ainda hoxe moitos David, Moisés e Jaime (Jacob) Jeremías.
Avatar de Usuario
Dinuciña
Administrador
Administrador
Mensajes: 354
Registrado: 16 Sep 2007, 04:49
Ubicación: Rias Baixas
Contactar:

Re: Apelido Jeremías

Mensaje por Dinuciña »

Ola Sentido,

grazas polos datos aportados do apelido Jeremías é de Geremías.

Os datos da distribución en España estan recollidos da páxina do INE, e corresponden aos datos da distribución por provincia de nacemento, non de residencia. Os datos da distribución en Galicia estan recollidos da páxina do ILG.

O INE, o IGE é o ILG (por segredo estatístico) non proporcionan datos das provincias, nin concellos onde haxa menos de 5 persoas.

Un saudo.
sentido
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 26 Abr 2016, 17:38

Re: Apelido Jeremías

Mensaje por sentido »

Acordo coa resposta no tocante as estatísticas. Mais a realidade da distribución dos apelidos é máis axeitada e correcta a partir dos aportes nos foros. O Estado español non recolle a realidade da emigración nas súas estatisticas ainda que as leis si recoñecen o lugar de nacemento nas orixes daqueles españois nados no exterior. Logo do período franquista os españois exiliados ou emigrados lograron, mediante lei das Cortes, que os seus fillos (nós) recuperaran a nacionalidade española e figurara no Consulado respectivo con orixe na localidade dos seus pais. Namentres a burocracia corrixe son estes foros os que aportarán datos sobre cantidade de apelidos. Sigamos traballando arreo co tema.
Responder