Viladóniga

Topónimos, entidades de poboación, parroquias...
Responder
Avatar de Usuario
lumebóo
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 128
Registrado: 03 Feb 2002, 09:00
Ubicación: Ferrol

Viladóniga

Mensaje por lumebóo »

Acerca deste topónimo (e tamén apelido) se tiran correntemente etimoloxías que o fan derivar dun composto evidente: por unha parte villa, como indicador dunha explotación agrícola romana ou altomedieval e, por outra, algun termo relacionado con dono ou señor.

De aí Villa dominica=>Viladóniga, Viladonga e, incluso Quintana Dónega ou outras variantes. Mais, ¿non é posible que este nome de lugar proceda dun xeito moito máis simple da combinación de villa co nome dun posesor que, neste caso, podería ser feminino: Onega? Este nome coido que está documentado abondo nas xenealoxías da Alta Idade Media.

Saúdos. Lumebóo
Responder