Bos días,
Alguén pode achegar algunha información sobre este particular? Acabo de ler que se tratou dunha especie de antecedente do Estatuto de Autonomía. Data do ano 1873, na época da Primeira República, e pretendía a conversión dos antigos reinos da Monarquía en estados nunha futura federación española. Sen embargo, o abrupto golpe de Estado de Pavía, de 1874, anulou estas actuacións.
Saúdos.
Presupuesto de la República Federal, Cantón o Región de Galicia.
-
- Novo
- Mensajes: 8
- Registrado: 04 Sep 2016, 16:59