Página 1 de 1

Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000)

Publicado: 17 Dic 2016, 17:01
por serba
Xosé Mª LEMA SUÁREZ:

Onomástica histórica dunha parroquia galega: Berdoias (1607-2000). I, Os nomes masculinos.


Asociación Galega de Onomástica, 2006

http://ilg.usc.es/agon/wp-content/uploa ... rdoias.pdf

A parroquia de Berdoias conserva os libros de bautizados dende 1607

Publicado: 19 Dic 2016, 11:38
por serba
José M. Ramos. Santiago

Berdoias é unha das 14 parroquias de Vimianzo, berce de importantes figuras da fidalguía galega, e a única que ten documentados os seus apelidos dende o século XVII grazas á laboura do historiador vimiancés e presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte, Xosé María Lema, e tamén a que é unha das poucas que conservou os libros de bautizados dende 1607 (actualmente depositados no Arquivo Diocesano de Santiago).

Lema Suárez recopilou as súas investigacións nun libro que recolle os apelidos de Berdoias dende 1600 ao 2000, e o pasado mes de outubro presentou o estudo Os primeiros apelidos documentados dunha parroquia galega: Berdoias (séc. XVII) no marco do Simposio de Antroponimia promovido polo Instituto da Lingua Galega da USC.

http://www.elcorreogallego.es/area-de-c ... ia-1032752