Homenaxe a unha vida de amor á música e á cultura galega (Xesús Mato Mato)

Historia de personaxes
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Homenaxe a unha vida de amor á música e á cultura galega (Xesús Mato Mato)

Mensaje por serba »

Xesús Mato Mato - http://galegos.galiciadigital.com/gl/xesus-mato-mato
Xosé María Palacios | Lugo

A relación de Xesús Mato (Paradela, 1932) coa música é tan coñecida como importante. Foi director do Orfeón Lucense, pero tamén, antes, figura decisiva na creación de Fuxan os Ventos, grupo imprescindible na música galega das pasadas décadas; e foi tamén, nos anos setenta, coordinador do volume Galicia canta ao neno, proxecto que recompilou panxoliñas tradicionais, publicadas con letra, partitura e comentarios na Editorial Alvarellos.

Esa longa traxectoria, coñecidas por moitos, é hoxe un pouco máis recoñecida, pois Mato recibiu o domingo unha homenaxe que se desenvolveu entre Portomarín e Paradela, dous concellos moi presentes na súa vida...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lu ... C12994.htm
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder