Obras de dominio público

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Obras de dominio público

Mensaje por serba »

As obras de Ramón del Valle-Inclán, Antón Vilar Ponte, Roberto Blanco Torres ou Xohán Carballeira pasan a dominio público unha vez que transcorreron 80 anos desde a morte do autor. Todas elas pódense xa publicar, dixitalizar ou exhibir en internet sen necesidade de autorización e pasan a formar parte do acervo común.

Oitenta anos despois de 1936, a listaxe de autores que entran en dominio público este ano está marcada en gran medida pola represión e os asasinatos logo do golpe de estado do 18 de xullo. Deste xeito, xa non están suxeitas a dereitos de autor as obras do xornalista estradense Roberto Blanco Torres, do escritor e alcalde de Bueu Xoán Carballeira, do economista Alexandre Bóveda, o avogado e escritor de Cuntis, Xoán Xesús González; o autor teatral de Marín, Urbano Moledo; o avogado e escritor ourensán Arturo Noguerol, a bibliotecaria Juana Capdeville e o seu marido o político e escritor Francisco Pérez Carballo e o alcalde de Ferrol e escritor Xaime Quintanilla; todos eles asasinados no verán do 36.

http://www.crtvg.es/esta-pasando/as-obr ... co-2595672
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder