A TVG estrea 'Juana de Vega. Vizcondesa do arado'

Noticias de historia familiar
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

A TVG estrea 'Juana de Vega. Vizcondesa do arado'

Mensaje por serba »

Testemuña e participante da revolución liberal, aia da raíña Isabel II e da infanta Luísa Fernanda, e fundadora xunto a Concepción Arenal dun padroado para a visita e ensinanza dos presos, Juana de Vega foi un dos personaxes máis salientables do século XIX en España. E, pese a ser referida polos historiadores como “a gran dama do progresismo español”, a súa historia é pouco coñecida.

A película que hoxe estrean os medios públicos repasa a traxectoria vital e intensa vida desta muller. Arranca en 1871 cando a Condesa de Espoz e Mina se achega ao final dos seus días. Vive preocupada por deixar en marcha o seu último proxecto: unha granxa - escola para campesiños...

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corp ... -da-muller
Poblada soledad es hoy el mundo.
Responder