A onomástica persoal centrará o vindeiro 30 de setembro en Pontevedra a II Xornada de onomástica galega, baixo o título Os nomes e apelidos: aspectos legais sociais e lingüísticos. A Real Academia Galega organiza o programa, coordinado polas académicas correspondentes Ana Boullón e Luz Méndez, coa colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, que acollerá as sesións no Edificio Sexto. A entrada é libre ata completar aforo. http://academia.gal/inicio/-/asset_publ ... _count%3D4
Os aspectos legais, sociais e lingüísticos dos nomes e apelidos centraron a II Xornada de Onomástica Galega organizada pola Real Academia Galega o pasado mes de setembro no Museo de Pontevedra. Os sete traballos presentados neste encontro poden agora lerse nun novo volume da Sección de Lingua...
...con sete relatorios que abordarán, entre outras cuestións, a súa presenza nos apelidos e as súas raíces na antropoloxía. Haberá tamén achegas que irán desde os alcumes na Galicia medieval ata os nomes de usuarios e usuarias das persoas editoras da Wikipedia. A xornada, aberta a todo o público, rematará cunha mesa redonda que amosará como os topónimos poden verter luz en disciplinas tan variadas como a botánica, a literatura ou a historia.