Apelido Pasarín
Publicado: 12 Ene 2018, 13:48
Ola,
Estou a procurar información do meu apelido paterno, Pasarín. Na rede hai moi poucos datos del, e mesmo na web de "Apelidos de Galicia" non está incluído na lista.
Botando unha ollada a páxinas de heráldica estatais, puiden detectar a súa presenza non só na Galiza autonómica, mais tamén na Galiza estremeira. Concretamente nestas dúas ligazóns fálase da familia Pasarín na Fonsagrada, e na segunda mesmo se pode ver un posíbel escudo da familia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/l ... 138308.htm
http://www.fonsaweb.com/web/05_cultura/ ... scudos.htm
Este feito ten sentido para min, xa que eu nacín nunha aldea do concello de Navia de Suarna, moi perto dos límites administrativos da Galiza autonómica.
Alguén sabe algunha cousa máis deste apelido?
Moitas grazas!