Página 1 de 1
Reposición do apelido galego
Publicado: 06 Feb 2002, 11:20
por kruzul
"...Se a lei de normaización linguística sanciona como única forma lexítima para a toponimia a forma galega ¿que acontece con aqueles apelidos que a presión social substituíu abusibamente polos equivalentes casteláns? ¿Que facer cos apelidos, que en moitos casos, proceden de topónimos?
Xa falamos antes de hai proba escrita de como, por veces no mesmo documento, se cambiaba o apelido do mesmo individuo.
Naturalmente as persoas viaxan e trasládanse e pode haber en Galicia Oteros que pertenzan a familias oriúndas de fóra de Galicia. Pero non deixa de ser sorprendente consultar unha guía telefónica galega e non atopar case ningún Outeiro, cando en cambio, hai cento e centos de Oteros. ¿Resistirán todos estes Oteros un análise documental ata o 1750?
Otro caso é o de apelidos que, rexistrados nunha grafía arcaica, con letras hoxe en desuso en galego, reciben unha lectura aberrante coma se fosen castelans: pensamos nos Sanjurjo (cast. Sanjorge) e Gens (cast. Ginés). Máis grave é o caso daqueles que teñen incluso unha grafía inxustificable como ou Eijo (por Eixo ou Seijas(por Seixas).
Naturalmente que ha de se-los interesados os únicos en decidila forma gráfica que debe revesti-lo seu apelido. E debe respetarse a liberdade de manter incluso estes arcaísmos gráficos, se con eles se senten identificados os portadores.
Pero pola mesma razón, as autoridades académicas deben emitir dictame técnico sobre as formas auténticas en galego moderno do apelido galegos. E entendemos que as autoridades políticas debían arbitrar medidas legais para que poidesen actualizar gráficamente os seus apelidos aqueles cidadáns que actualmente o desexen ou que o desexen no futuro.
Para todo esto será moi útil que o clero galego, depositario do máis completo caudal de onomástica, siga conservando íntegra esa documentación e siga acollendo con xenerosidade ós que desexan realizar consultas. E, porque sabemos que entre o clero habemos de atopar máis dunha colaboración espontánea, adiantámonos a agradecer datos sobre nomes ou variantes de nomes non rexistradas neste libro, sobre hipocorísticos que por veces figuran nos rexistros parroquiais como segundos nomes, etc."
O texto e parte do Prólogo do "Diccionario dos Nomes Galegos" ED. Ir Indo. A negrita é miña (o resto é unha reproducción fiel) de cara a salientar o que eu penso sobre o tema. Coma repetían meus avós
non se empeza a casa polo tellado. Compre investigar, investigar e investigar. Cantos máis sexamos na tarefa millor. Hai que ser estrictos, demostrar a nosas conclusions documentadamente. Mostrar os feitos históricos tal como nolos encontramos. Soio así a noso traballo sera fiable, e en consecuencia respetado.
Quixera decir os que se interesan polo significado do seu apelido, ou polo seu escudo, que non se queden só neso, é anecdótico. A etimoloxía ten a súa importancia, e saber que esisteu unha familia dalgún xeito poderosa co noso apelido, e tiña
o seu escudo, ten tamén certo interés, pero realmente non sabemos
nada da nosa historia familiar (a menos que sexamos os seus descendentes por suposto). Repito hai que investigar, ir ós arquivos, investigar, volver ós arquivos, investigar... A maioría das historias familiares de Galicia, sobre todo as dos que non foron perxoaxes notorios (a maioría) está sin investigar, e ainda que non guste,
ninguén o fará por vosoutros (sí, nin en Xenealoxía.org).
Saudos:
Ricardo Lago Couce
Reposición do apelido galego
Publicado: 06 Feb 2002, 16:15
por lamigueiro
Enhoraboa Ricardo, dende logo creo que todos deberíamos de traballar por reintregar a nosa onomástica a nosa cultura. Non so os nomes, senón os apelidos. E dende logo a túa observación de non parar so en estudar a heráldica, etimoloxía ou facer listados e listados de membros e devanceiros xa mortos. Iso é só unha parte do que é a nosa xenealoxía. Ai que estudar tamén como viviron e morreron, como pensaron e como sufriron. tamén como é loxico como se casaban ou viviron amancebados. Documentemos as nosas familias demoslles fala a esas xentes xa mortas e que nos conten como viviron as súas vidas e que chegou de todo aquelo ata nós, os seus netos.
Reposición do apelido galego
Publicado: 06 Feb 2002, 16:57
por irmandinos
Ahora si que estamos a falar todos o mesmo idioma. E non o digo por o feito de que esteña escribindo casigalego, senón porque eu sempre defendín que a parte máis importante da nosa xenealoxía debía de ser tratar de saber quenes eran os nosos antergos, pero sobor de todo como vivían e a que se dedicaban.
Naturalmente cando os nosos antepasados eran fidalgos ou tiñan escudo de armas tamén temos que recoller o seu legado, pero seguro que os nosos carpinteiros e labregos tamén teñen unha bonita historia.
Reposición do apelido galego
Publicado: 10 Feb 2002, 00:58
por lumebóo
Primeiramente querería suscribir a mensaxe de Cruzul e aportar un apontamento a un parágrafo do mesmo: a respeito dos apelidos que conservaron a grafía antiga (iota para o "s" fricativo sonoro) coma en portugués, penso que a conservaron porque no proceso de castelanización aforrou-lles o poñer iota no lugar do "x".
Mais agora encóntran-se que non hai galego que os pronuncie co seu sonido orixinal, que se perdeu, pero nin tan siquera co "s" fricativo xordo.
E isto é consecuencia da normativa, que non respeitou a etimoloxía dos nomes e, así, temos incongruencias como "estraxeiro" no canto de "extrangeiro", etc.
Pero tamén hai que pensar que se xa hai que estar decote reclamando ás autoridades pasos na normalización do galego, que imos esperar destas exquisiteces.
Por outra banda, e se é de interese para os mais a miña experiencia persoal, teño que dicir que teño "palillado" moitos tomos de libros parroquiais en condiciós detestables, tanto os libros na súa conservación coma sancristías con 5 cm de auga e casas reitorais con furados no piso, etc. E nesas situacións, cando un anda a buscar un antepasado que se resiste, atopa un relato sobre un francés que deixa preñada a unha rapaza e que escapa a Ferrol, onde o prenden para que case (estou falando do século XVIII), ou da traxedia dun falecido porque lle caeron pedras dun forno e deixa fillos pequenos, é onde un se da conta de que é tan valiosa esa imaxe da sociedade daquel tempo coma a súa árbore xenealóxica ou escudos ou fazañas famosas.
Publicado: 07 Jun 2007, 01:32
por caurel
En la reversión de la toponimia gallega a sus origenes se están cometiendo alguna que otra torpeza, seguramente por las prisas. Así de un original Passaro, Passarín, Pasarón (todos de passus,si) ...se pasó a un ridículo Páxaro, paxarín, Paxariñas; de Agrela (agra pequena: agra + diminutivo -ela) a A Grela, traducción La Grela (me da la risa).
Si algo no ha respetado la cultura gallega es la normalización gallega, que se ha cargado (al menos intentado) la fala de muchos pueblos de Galicia de un plumazo. La política y la lengua nunca se llevaron bien.
Pero ojito con los apellidos, ya lo ha dicho Moralejo ... No hay más que leer la fabulosa obra sobre toponimia gallego.leonesa de su ancestro Moralejo Lasso, para ver las similitudes.
Además no olvidemos que los apellidos no tienen reglas ortográficas. El asunto es muy complejo.