Página 1 de 1

Torrado de Caldas de Reis

Publicado: 19 Ago 2019, 15:58
por gconstenla
Estou a tentar descubrir a procedencia orixinal do apelido TORRADO na Estrada, provincia de Pontevedra. Sabemos que o primeiro Torrado en chegar á parroquia de Figueroa (A Estrada) é Joseph Torrado (boticario), fillo de Fernando Torrado e Josepha Lorenzo Capa (nacida o 29/03/1724, na parroquia de San Tomé Becket de Caldas de Reis; filla de Alberte Lorenzo, muiñeiro e Gregoria Capa) .Fernando Torrado (curtidor de peles, co seu irmán Francisco) procede de Caldas. A súa nai é Alberta Piñeyro e o seu pai Joseph Torrado, tamén de Caldas. Aquí é a última referencia que hai. Agradecería algún dato novo, sobre todo da procedencia desta ponla Torrado de Caldas de Reis. Moitas grazas.

Re: Torrado de Caldas de Reis

Publicado: 18 Ene 2021, 00:09
por M.rey
Hola. De onde sacas estes datos dos primeiros Torrado na Estrada? Eu sei que a nai da miña tataraboa era Carmen Torrado da Estrada nacida sobre 1830.

Re: Torrado de Caldas de Reis

Publicado: 08 Feb 2024, 22:11
por gconstenla
Os datos son do rexistro civil e dos libros parroquiais.