Página 1 de 1

Álvarez de Noguerol en San Tirso de Mabegondo

Publicado: 16 Jul 2021, 20:02
por DavidTrus
Boas,

Arredor de 1750 entroncan na parroquia de Santirso de Mabegondo, antiga provincia de Betanzos, dúas mulleres de apelido Álvarez de Noguerol, co apelido Carro por unha parte e co apelido Taboada por outro.

Ó contrario doutras persoas nese tempo, as fillas destas mulleres facían constar este apelido nas anotacións eclesiásticas.

Busquei información sobre os Álvarez de Noguerol pero non atopei nada máis que un militar con ese apelido en 1512 na guerra de anexión de Navarra, como pagador de tropas de Castela.

¿Alguén me pode dar máis información sobre este apelido composto?

Grazas.