Boas!
Veño plantexar unha dúbida que me xurdiu realizando a miña árbore xenealóxica:
Teño coñecemento da miña trastataravoa, Jacoba Castro, a través de dous documentos diferentes: a acta de matrimonio dos meus tataravós e a acta de nacemento do meu bisavó. A dúbida vén porque, no primeiro documento, con data de 1889, ela aparece como Jacoba Castro Díaz de Andrade; mentres que no segundo, de 1903 e estando ela xa difunta, aparece como Jacoba Castro Añón.
Alguen sabe a que se pode deber este cambio de apelido?
Gracias de antemán!