Mosconi
Publicado: 08 Mar 2025, 19:42
Boas tardes!!
Escribo porque, mirando polos apelidos da miña familia, vin que non aparece no listado: é o apelido Mosconi. É un apelido moi peculiar, que ata o que sabemos veu a través dun soldado de Napoleón ata a parroquia de Asados, en Rianxo.
Hai uns anos visitamos a Vila de Gandino, na Lombardía ( Italia) de onde consta que proviña o noso antepasado ( puidemos comprobalo no rexistro eclesiástico, de cando casou) a pesares de que era coñecido por todos como o Francés, xa que naquel momento da historia, a rexión lombarda pertencía a Francia.. O certo é que o apelido alí é moi común, pero aquí xa quedan cada vez menos; na miña familia directa o apelido xa está perdido.. pero varios veciños (familia lonxana, xa..)aínda o conservan..