Cobián

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Cobián

Mensaje por Milleiro »

COBIÁN

Etimoloxía.- ¿?
Lugares.- Non se atopan na Galiza
Distribución.-
Província da Coruña: 16 abonados
Província de Lugo: 0 abonados
Província de Ourense: 1 abonado
Província de Pontevedra: 25 abonados
Asturias: 24 abonados

Coa grafia Covián:
Província da Coruña: 0 abonados
Província de Lugo: 0 abonados
Província de Ourense: 0 abonados
Província de Pontevedra: 0 abonados
Asturias: 38 abonados

Familias.-
1. Angel Cobián Areal, n.1854 en Pontevedra. Fonte: GEG

HERÁLDICA
Liñaxe.- De orixe asturiana, tivo casa solarenga en Colunga (Asturias). Pasou á Galiza, estabelecendose en Pontevedra e na vila de Padrón. Usa tamén a grafia Covián.

Modesto Rodríguez Figueiredo, no seu libro <<Ayer de Pontevedra, efemérides>> refire na sua páxina 204: En 1778, Don Diego Antonio Cobián y Vixil, viciño de Pontevedra, recibe carta executória de nobreza. Os seus devanceiros eran asturianos que aquí viñeron, como tantos outros, para exercer o comércio ao amparo da gran contratación que se facia na nosa terra...

Pedras armeiras.- Brasón cortado: 1º, en campo de ouro, un ramo de ortigas de sinople; 2º, en campo de sinople, un castelo de ouro, mazonado de sable e na sua entrada un cabaleiro armado de prata e surmontada dun escusón con 9 puntos equipolados, 5 de ouro e 4 de sable. Bordura de goles, con este lenda en letras de sable: QUIÉN QUISO QUITAR EL ORO A LAS ARMAS DE COBIÁN, pague las costas porque no se las perdonarán.

Bibliografía.- Páginas-Blancas de España (só 1º apelido), Telecom de Portugal (apelidos paternos e maternos), Diccionário Xerais e Enciclopédia Galega.
Comentário persoal.-.
Autores.- Xavier Milleiro
Responder