Gustaríame saber se hai algún estudio sobre os topónimos que puidesen derivar da cría de cabalos en liberdade en diversos lugares de Galicia. Estiven investigando no Nomenclátor da Xunta e vexo que hai multitude de lugares chamados (O) Curro, (Os) Curros e similares, ¿este topónimo fai sempre referencia ó que hoxe coñecemos como "curro" para cabalos salvaxes?
Aínda que menos numerosos tamén hai varios topónimos relacionados con "besta" ou "egua". Algúns non me sorprenden moito (por exemplo, no concello da Estrada, hai dous lugares chamados Besteiros); pero outros si: na Mariña Oriental hai un Campo das Eguas (Vidal, Trabada) e un Bestilleiros (Arante, Ribadeo). Son da zona e non teño noticia de que alí houbese cabalos salvaxes, ¿son estes topónimos a proba de que si os houbo en tempos antigos?
Toponimia e cría de cabalos salvaxes
- lamigueiro
- Foreiro Maior

- Mensajes: 344
- Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: Ferrol
- Contactar:
Bestas
Hola Nimrod,
Pois seguramente todos ises topos que citas teñan que ver coa cría de bestas en liberdade. A existencia de topos que recordan vellas "historias pasadas", sempre é dificil atopar na actualidade o seu senso. A economía e explotación do territorio en 500 anos pode cambiar totalmente. Pensa por exemplo cantos topos recordan a existencia de explotación da uva en lugares que agora non recordan, tal producción entre os vellotes. Eu teño referencias documentais na miña familia de 1574, onde litigaban por bestas ceibes en Cerdido, A Coruña. Sin embargo na toponimia non deixou pegada. E un caso contrario o teu. Saudos

Lamigueiro ©