Página 1 de 1
Família Cardesín
Publicado: 28 Ago 2004, 12:39
por nordicwitch
hola, me gustaria saber de donde procede mi apellido que es Cardesín.Os lo agradeceria mucho.

Publicado: 28 Ago 2004, 22:32
por Mochy
Ola:
Tódolos Cardesín que coñezo proceden de Forcarei (Pontevedra) e todos ou son ou descenden de cereiros ( fabricantes de candeas ).
Un saudo.
Publicado: 01 Sep 2004, 10:44
por Trapa
En Pontedeume también hay Cardesines y algunos son cereros. La cerería Cardesín es de los primeros años del siglo XIX.
Publicado: 01 Sep 2004, 14:14
por Mochy
Ola:
Trapa, os Cardesín de Pontedeume proveñen de Forcarei (Pontevedra).
Un saudo.
Publicado: 19 Mar 2006, 13:52
por AlejandroCardesinMoinelo
(Copia dun post publicado baixo o tema Apelidos: Cardesín)
http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... pic&t=3917
É toponímico, procedente do
lugar de Cardesín, parroquia de Refoxos, concello de Silleda, provincia de Pontevedra, Galicia, España. Na actualidade a área de maior densidade dese apelido continúan a ser as inmediacións do lugar de orixe (especialmente no concello de Forcarei; Refoxos pertence a Silleda pero queda cerca de Forcarei).
Gran parte da familia está ahora na zona do Eume e na Coruña, e teño constancia de emigrantes en Andorra, Venezuela, Canarias, Suiza e moitos outros sitios.
Gracias a Gonzalo Navazas, que rebuscou
nos arquivos do Monasterio de Aciveiro (en Forcarei), aparece un Domingos de Cardesín, “pedreiro” (canteiro), nun protocolo notarial de 1668. Máis información poderíase atopar no arquivo de Pontevedra e nos rexistros de Forcarei, de Silleda e de Refoxos, pero aínda non tiven a ocasión (nin o tempo) de buscar alí.
Sobre a etimoloxía da palabra, a terminación en -ín e bastante típica en Galicia (Lalín, Pantín,Portosín,...) e parece probable que sexa un xenitivo de nome persoal en –inus. Podedes ver aquí a regra de formación desta terminación:
"Del latín -inus o -inus, latín vulgar -inus.
Sufijo de adjetivos que significan pertenencia o relación: cervantINO, palatINO; materia o semejanza: alabastrINO, diamantINO. Forma también numerosos gentilicios: alicantINO, ginebrINO. A veces se combina con -és: campESINO, montESINO. En los sustantivos, suele tener valor diminutivo: cigoñINO, palomINO, cebollINO."
Eu estou agora estudiando esta teoría (non confirmada), e penso que o apelido podería estar relacionado con outros apelidos como "cardeso" e "cardoso", ou incluso soamente cunha raíz "cardo". Eu estou agora buscando máis información acerca destas posibles relacións. Se consigo acceder aos arquivos quizáis aparezan formas medievais en latín que nos poñan sobre a pista.
Seguiréi a rebuscar a orixe do meu apelido e intentar construir unha árbore xenealóxica o máis extensa posible. Se alguén quere participar enviando calquer tipo de información podedes contactarme por email a seguinte dirección:
acarde11 (arroba) yahoo (punto) com
Un saúdo,
Alejandro Cardesín