Historia:
"Los hombres moradores é probadores en los cotos e iglesias de Santiago de Seré é de Sanmartiño de Santa Cruz, e de San Jurjo de Moeche, e de San Saturniño, e del coto de Baloé e de Brión, eran hijosdalgo de padres e abolos notoriamente, é estaban nen jur, e posesión desde ciento años a esta parte, que memoria de hombres non es contrario, de pagar nen monedas nen otros tributos al dicho Señor Rey nen á sus Arrandadores; salvo solamente de Señorio Rayal de la freglesia de Santiago de Seré 3 canavas, é de Moeche 2 canivas, é del Coto de Baloé, e de Brión 2 Canibas, dasqueles daban al dicho Señor Rey en conoscemento de Señorío Rayal".
(sentencia dada o 5 de setembro de 1376 en Santiago. Andres Peña Graña en Narón un Concello con Historia de Seu, páx. 361).
Íste documento que xa se reproduceu como introducción a historia do apelido Lamigueiro, da conta a finais do século XIV, da desamortización das terras do Mosteiro de Sobrado e que irán a parar ás mans de pequenos escudeiros, que formaban parte da órbita dos derradeiros Condes de Trastamara. Chegando o século XV os descendentes distes cabaleiros, recibirán as "erdades" dos seus avós, pero convertidos xá en campesiños-propietarios de seu. Éles seguirán transmitindo xeneracións tras xeneración os lugares e casais fundados, para aproveita-la explotación agrícola das erdades.
Unha dístas familias que fundaron dende bastante cedo; segundo se desprende da documentación, o seu "Lugar" na erdade do mesmo nome foi a familia "do Piñón". como podemos observar -do Piñón, e -do Lamigueiro, por que son os indivíduos os que toman os nomes das erdades e non o contrario. Chegado o século XVII, xa é usada a forma: -de Piñon e -de Lamigueiro, que deixará paso as formas simples sin o -de ata os anos 1830/40.
As primeiras xeneracións da familia foron moi prolificas, e pronto se expallaron dende o seu Coto de Malados natal, ata o de San Martiño de Cerdido, Regoa, Ortigueira, Neda, e As Pontes de García Rodriguez. Moitos foron considerados fidalgos, e así o fixo constar don Pedro de Piñón das Enchousas, "Cavaleiro, hombre rico y poderoso", que chego a te-la calidade de Familiar do Santo Oficio. Tamén o foi Juan de Piñón de Miranda, escriván e administrador das terras que o Hospital Real de Compostela tiña nas terras de Ortigueira. Moitos desempeñaron contadas veces os cargos de alcaldes e xuizes ordinarios dos cotos de Cerdido e Malados, como Estevo de Piñón, o tempo que exercían de campesiños e labregos.
Como política matrimonial, moitos dos seus bastagos emparentaron coa familia -da Torre en diversas convinacións durante douscentos anos, o tempo que os da Torre facíano cós primeiros Lamigueiro, e por último os descendentes de ambos ístes facíano cós Piñón e viceversa. Un xeito bastante inxenioso de combate-la endogamia propia do agro galego. O caso é que estudando as distintas ramas das tres familias o esquema, repítese con tódalas súas combinacións posibles tanto en Cerdido, como en Regoa, Cedeira e Mera, polo que podemos decir que ábalas tres familias están emparentadas e re-emparentadas. A explicación e bastante sixela as erdades -do Piñón, -do Lamigueiro e -da Torre son veciñas e fan lindes unhas con as outras no antigo coto de Malados, e con ístas políticas tratábase de aminora-lo impacto do reparto de terras por mor dos erdamentos. Como nota de interese direi que case 470 anos que ístas políticas comenzaran, a miña tía-bisavoa Maria Manuela Lamigueiro Luaces vivireu ata súa morte no Lugar da Torre en Malados.
As seguintes notas xenealóxicas estan recollidas da documentación obtida do Arquivo do Reino de Galiza e dos rexistros xudiciais do Real Audiencia. Espero que lle poidan servir os que coma mín estamos emparentados con ísta familia, xa que é un bon exemplo para estudar a vida e evolución do campesiñado galego na antiga terra de Labacengos.
Corpus documental:
Ano de 1573. Alonso do Piñón veciño do coto de Malados, Cerdido, se querela a través do procurador Martín Alonso ante a Real Audiencia de Galiza contra Pedro de Paadín, veciño do coto de Baltar, Narón; e contra Bartolome da Rigueira de Santa María a Maior do Val, xurisdicción do Conde de Lemos.
O motivo foi un meda de trigo que Alonso do Piñón compra o señor de Baltar Juan Pardo de Lago, e que estaba nunha leira que levaba como vasalo do de Baltar; Pedro de Paadín. A meda estaba valorada en 9 cargas de pan-trigo e centeo. Dous meses despóis da compra Alonso de Piñón, recibe a noticia que os acusados seiturárana.
Testemuñas pola banda de Alonso:
1.- Gómez de Felgueiras, veciño do Coto de Baltar.
2.- Gonzalo de Lago, veciño de San Vicenzo de Meirás (sic), Valdoviño.
3.- Fernán do Rego, veciño de Santa María a Maior do Val.
Testemuñas pola banda Pedro e Bartoloné:
1.- Bartolomé do Outeiro, veciño do Coto de Baltar.
2.- Fernán Díaz, labrador e veciño do Val.
3.- Gabriel de Piñeiro, labrador e veciño do Val.
4.- Gabriel de Toimil, labrador e veciño do Val.
5.- Juan d'Eirexa, labrador e fillo de Bartolome do Ferreiro veciños do Val.
6.- Bartolomé da Carballeira, ferreiro e veciño de Baltar.
7.- Pedro de Piñeiro.
Na vila de Cedeira o 5 de abril de 1576, en presencia de Juan de Galdo, veciño da fegresía de San Cosme de Piñeiro, fiador e depositario por Alonso de Piñón;. don Juan Pardo Lago pedía os 15 ducados que Alonso tendría que pagarlle polo valor da meda, mediante carta de pago.
Ano de 1587. Gonzalo de Villar en nome de Martín de Ayala, comendador da Orde da Encomenda de Portomarín (da Orde de San Xoan de Xerusalén), demanda a Alonso de Piñón (o anterior), a Juan de Piñón (seu irmán quen ficará curador dos fillos do primeiro), e a Pedro da Senra, veciños todos da xurisdicción de Malados, Cerdido. O motivo da demanda son as propiedades da Encomenda que os acusados levan en foro chamados: O lugar de Fenlle e o casal das Cabanas que leva Alonso. E a mitade do casal das Cudrilleiras que levan Juan de Piñón e Pedro da Senra. Os casais foron vendidos e enaxenados sen permiso da encomenda, capítulo que volve a recordar o que acontecera en 1376, coas terras de Sobrado, polos seus devanceiros.
No Lugar de Piñón, no coto de Malados no mes de Abril do mesmo ano son citados:
1.- Pedro da Senra. Veciño de Malados.
2.- Pedro de Santalla. Idem.
3.- Juan de Piñón da Viladesuso.
4.- Andrés do Piñón.
5.- Juan de Castro.
Século XVI. Juan de Piñón, por lo que lle toca e como turor dos fillos de Alonso de Piñón, con o Xuís do coto de Malados sobor bens mostrencos. sig. 2848/43. Arquivo do Reino de Galiza. Non se pode reproducir.
2 de Maio 1612. Pedro Piñón das Enchousas menor de 25 anos, marido de María Teixeira que foi filla lexitima de Juan Teixeiro de Malados "El Viejo", -home rico e poderoso, di o documento-, e de dona Catalina López fai demanda ante a Real Audiencia ós herdeiros da súa sogra, da parte que lle corresponde a súa muller da erdanza da súa nai valorado en 15.000 ducados (unha verdadeira fortuna para súa época), e que o seu sogro Juan Teixeiro lle ten retido.
Son requeridos os erdeiros, polo xuiz ordinario de Malados Pedro Díaz de Timiraos:
1.- Pedro Piñón das Enchousas, que mora no lugar da Casanova, Santiago Seré das Somozas.
2.- Fernando Díaz da Dorna, como marido que foi dunha filla de Catalina López.
3.- Juan Fernandez de Ventosa, veciño de Cedeira.
4.- Alonso de Piñeiro, veciño de Ferrol.
5.- Juan Teixeiro "El Nuevo", fillo de Juan Teixeiro "El Viejo", veciño de San Román de Montoxo, Cedeira.
6.- Juan do Pico, veciño de Santiago de Mera como marido de Marina López filla da finada.
7.- Juan Teixeiro "El viejo", veciño de San Martiño de Cerdido, marido da finada.
8.- Blas Fernández de Lago, veciño de Trasancos.
9.- Alonso Teixeiro, fillo de Juan Teixeiro O Vello, veciño das Enchousas, Santiago Seré.
Tamén son citados como testemuñas de Pedro:
1.- Pedro de Fraguela.
2.- Juan de Mera.
3.- Pedro Martinéz. Asturián.
4.- Juan Martínez.
5.- Juan de Sueiras, veciño de Santa Cruz de Moeche.
6.- Alonso de Lago, tenente de Meiriño (sic), da forteza de Moeche polo Conde de Lemos.
Foi procurador de Pedro de Piñón, Alonso Fariña de Luaces.
Testemuñas de Juan Teixeiro O Vello:
1.- Domingo Vidal, veciño da Coruña de 34 anos máis ou menos.
2.- Juan de Barreiros, veciño de San Martiño de Cerdido de 60 anos máis ou menos.
3.- Miguel Prieto, ferreiro, veciño de San Martiño de Cerdido de 40 anos máis ou menos.
4.- Pedro Martinez da Vila da Eirexa de San Martín de Cerdido, de 35 anos máis ou menos.
5.- Lanzarote Mesia.
6.- Juan do Paramo.
Foi procurador de Juan Teixeiro, Juan de Leys.
Asina as declaracións das testemuñas o xuiz ordinario Estevo de Piñón.
3 de decembro de 1618, na terra de Trasancos, parroquia de Santiago de Lago, Miguel de Villadóniga da licenza a súa muller Mrª (sic) López de Lago, para que ante o procuradores: Luis de Aguiar, Blas González de Baamonde, Frcº de Montoxo, Frcº Lorenzana, otorgar poderes o veciño de Santgº de Lago, Lope Pérez de Boroño para representarlle en certos pleitos que tratan don Gómez Freire de Andrade, Meiriño do señorío de San Sadurniño, e con Juan Díaz Teixeiro, veciño de San Estevo (sic) de Sedes e Diego de Lago veciño da Vila de Ares sobor certo pan (trigo), que a María López de Lago habíanlle roubado e secuestrado (sic), da fregresía de San Estevo. Tamén para poñer pleito o dito Diego de Lago e a María de Lago a súa filla, sobre os bens e erdanza que ficou de Blas Fernández de Lago (8), pai da dita María López de Lago, e así mesmo con ...(intelixible), a súa muller sobre a mesma erdanza. Tamén con Jeronimo Díaz de Saavedra, como erdeiro do licenciado, sobor a parte dos beneficio do curato de Santiago de Lago, e as facendas chamadas de Colmeiros e Cabaleiros. Demanda tamén a Juan Díaz Teixeiro e a Lº (sic) Teixeiro, sobre os bens que ficaron de Catalina López a primeira muller de Juan Teixeiro (7), avoa da dita Marª (sic) López. Asina como testemuña do otorgamento, Pablo Alfeirán veciño de Santa María a Maior do Val.
2 de octubro de 1619, na Vila de Santa Marta, Pedro López da Dorna y Parga fai carta de poder e otorgamento os procuradores: Blas González de Baamonde, Pedro Fernández Sanjurjo, Fernán Monteiro e a Benito Fernández para que lle representen ante o preito que interpón contra Pedro de Piñón das Enchousas e os 5 fillos menores de Fernán Díaz da Dorna o seu irmán, e así mesmo contra Juan Teixeiro de Malados (7), pola tutoría dos seus sobriños. Foron testemuñas do otorgamento Alfonso Díaz de Piñeiro, veciño da Vila de Ortigueira e Pedro do Rego da fregresía de San Xiao (sic) de Céltegos.
28 de febreiro de 1620. Blas Gonzalez de Vaamonde, procurador de Bartolomé do Piñón e María Afonso, veciños da fregresía de Santa María de Bardaos, se querela contra Ana Fernández viuva de Bartolomé Rodríguez veciños de Santa Mariña do Monte, mailos erdeiros de ambos polo Lugar e Casal que se dice de Agro do Cómaro. Bartolomé de Piñón e María Afonso dicen erdar o casal de María Afonso "La Vieja"e Nicolao (sic) de Piñeiros, páis de muller de Bartolomé.
13 de maio de 1626. Jácobe Pérez de Sabedra (sic), veciño de san Martiño de Cerdido, no Lugar de Sete, se querella contra Pedro de Ramil en representación da súa muller Maria (II) de Lamigueiro, pola tercia parte do Lugar de Santalla e Abelleira. O lugar de Santalla pertencía a Orde de San Xoan e Encomenda de Portomarín. Foi aforado o avó de María I de Lamigueiro chamado Gómez de Lamigueiro que llo deixou os seus fillos e erdeiros Alonso de Lamigueiro e María (I) de Lamigueiro ou Piñón casada con Gabriel de Gontille. Os descendentes dístes sub-arrendan o lugar a Miguel de Piñón.
Procurador de Jácobe Pérez, foi Bernabé Pérez, que chama como testemuñas pola banda de Jácobe a:
1.- Juan de Piñón "El viejo". Veciño da fregresía del coto de Malados. Afirma ser "primo de la suegra del dicho Jácobe Pérez" e de 60 anos maís ou menos (sic).
2.- Gonzalo do Piñón. Veciño de Malados. Afirma ser de 60 anos pouco máis ou menos.
3.- Alonso do Piñón. Veciño de San Martiño. Labrador. Afirma ser de 60 años pouco maís ou menos e primo en cuarto grao da muller de Jácobe.
4.- Miguel do Piñón. Veciño de San Martiño. Labrador. Afirma que non é nin deudo (sic) nin enemigo de ningunha das partes.
5.- Andrés de Fonticoba. Veciño de San Martiño de Cerdido. Labrador. Afirmar ser de 36 anos máis ou menos.
Procurador de Pedro de Ramil, foi Pedro Fernández Sanjurjo (sic), quen chamou como testemuñas pola banda do de Ramil, ante o meiriño do Coto de Malados e xusticia ordinaria Juan Fernández de Balcazar y Aguiar (sic):
1.- Alonso da Torre. Veciño de Santa María de Labacengos. Morador no Lugar das Barbelas. Afirmó ser de 80 anos máis ou menos. Non é parente das partes en grao que e saiba.
2.- Gabriel do Cobelo. Veciño de Malados, no Lugar dá Bellamorta (sic). De 60 anos maís ou menos.
3.- Alonso do Cobelo. Veciño de Malados, no Lugar das Cancelas. De 40 anos máis ou menos.
4.- Alonso da Fraga. Veciño no Lugar do Moutillón (sic), fregresía de San Martiño de Cerdido. Afirma ter 30 anos.
5.- Pedro de Luaces. Caseiro de Sebastián de Baliño, veciño de Malados afirma ser de 23 anos maís ou menos.
6.- Alonso de Judracos. Morador no Lugar dos Castros, veciño de Malados afirma ser de 55 anos mais ou menos.
7.- Juan de Piñón "El Mozo". Menor en días (sic) morador no lugar da Castiñeira, no Coto de Malados. Afirma ter 25 anos e non lle tocan as "generales en grado que se sepa" (sic). Asina con su nome con boa caligrafía. É fillo do xuíz ordinario Estevo de Piñón.
8.- Domingo de Ramill (sic). Criado de Juan de Piñón, veciño de Malados. Afirma ter 20 anos máis ou menos e ser sobriño de Pedro de Ramil.
9.- Fernán Paz. Morador no Lugar do Serrón, veciño de San Martiño de Cerdido, afirma ter 40 anos enon é parente de ningunha das partes.
30 de xunio de 1628. Pedro de Piñon das Enchousas, veciño das Enchousas, Santiago Seré dás Somozas xurisdicción de don Pedro de Andrade e Castro, preitea contra o Licenciado don Pedro Maldonado Ponce de León, señor xurisdiccional de San Xoan dos Casares, por haberlle cobrado renda de xurisdición o seu caseiro Alonso Martinez (de Pedro de Piñón), polos montes e rego chamado de Batán Vello, abaixo do Lugar da Vila dos Casás (sic) para Bellecon (sic), e para o confurco abaixo do camiño, que esta xunto as erdades do Lugar de Calamourelo (sic), que é propiedade de Pedro de Piñón.
A xusticia ordinaria do coto, Pedro Fernández do Vilar (nomeado polo seu señor xurisdiccional, Pedro Maldonado), faia contra Pedro de Piñón polo que íste acude ante a Real Audiencia de Galiza, na procura de reboca-lo auto. É procurador de Pedro: Blas González de Baamonde, que defende que o lugar de Calmourelo, foi poseido polos antepasados de Pedro de Piñón dende inmemorial (sic), e que nunca pagaran renda ó Pedro Maldonado nin o seu antecesor Gaspar de Maldonado.
Testemuñas da parte de Pedro Piñón:
1.- Gabriel de Caruncho.
2.- Juan Toxeiro (sic), labrador.
3.- Alonso de Luaces, labrador veciño de Belecoy (sic).
4.- María da Fraga muller de Juan Toxeiro. (sobriña de Juan de Landrove "El Viejo").
5.- Pedro Gato, labrador e veciño de San Xoan dos Casás.
6.- Juan Pérez, labrador veciño dos Casás.
7.- Domingo Cobelo, idem.
Probanza de Pedro de Piñón (sic): Presentado Gabriel Caruncho, veciño de Beleicoy (sic), xurisdicción de Sta. Cruz de Moeche, como testemuña ante a Real Audiencia contra don Pedro Maldonado. Afirma coñecer-las dúas partes e saber que o lugar de Calamourelo, era propio de Pedro de Piñón e que foi levado en renda por Juan de Landrove "El Viejo", e despois de él por Juan de Landrove "El Nuevo", mentras estiveron vivos e con coñecimento e consentimento de Gaspar Maldonado "El Viejo", pai de Pedro de Maldonado e Gaspar Maldonado "El Nuevo", e que cando íste morreu sucedeulle seu fillo Pedro, o que non lle foi pagada renda algunha en concepto de caseiros do dito lugar. Que no mes de agosto do presente, veu a Pedro do Barro, mórdomo de Pedro Maldonado en compañía de Juan Pérez e Domingo Cobelo, veciños de Alonso Martínez sucesor a morte de Juan de Landrove, como novo caseiro de Pedro de Piñon, e que o dito mórdomo meteuno na cárcere por non quererlle paga-la renda da erdade do Batán Vello.
1641, Andrés de villar en nome Pedro de Piñón das Enchousas e Antonio de Landrove su caseiro, veciños de Santiago Seré e Sta Cruz de Moeche respectivamente, presenta apelo e nulidade contra o dictame meiriño e xustiza do estado de Moeche Felipe Lanzos e Andrade (sic), a favor de Juan do Caneyro, veciño do coto de Malados, (sic) que por exceso deulle a propiedade do Lugar de Carracedo e outros bens a el anexos que ficaron a morte de Alonso de Landrove e María Freyre (sic), o presentar poder feito por Luis de Landrove fillo dos anteiores e irmá de Antonio de Landrove, cedendolle-los seus dereitos sobor o dito lugar.
Pedro de Piñón e Antonio Martínez Maseda, ficaran curadores dos fillos menores de Francisco de Landrove fillo dos difuntos, e consideraban que o poder presentado era falso, ya que Luis de Landrove vivía dende o mes de abril de 1640 na Vila de Castro-Urdiales, Cantabria, e que non se se tiñan noticias dél, e que se correra-la fama de que morrera no señorío de Vizcaya. Tamén que o poder non tiña selo nin timbre do tal señorío onde foi otorgado, polo que aumentaba a sospeita de falsedade.
Pedro Fernández do Vilar , escribán fixo requerimiento e provisión dos seguintes convocados os autos:
1.- Antonio de Landrove, veciño do Lugar do Porto da Pena, Beleicoy Frº de Santa Cruz de Moeche (sic).
2.- Pedro de Santalla "El Viejo", veciño DO LUGAR DO PIÑÖN, do coto de Malados e a Juan do Caneyro seu fillo. (dato importante xa que 54 anos dende o primer documento o Lugar de Piñón xa non pertencía a ísta familia).
3.- Mateo Pardo de Lago, veciño de Cedeira e escribán.
4.- Francisca Freyre, filla que quedou de Alonso de Landrove e María Freyre. Veciña de Somozas, Coto de Meroy (sic) no Lugar das Cortiñas.
5.- Domingo Méndez, Labrador e veciño da fregresía de Labacengos.
1644. Pedro de Piñón das Enchousas, Familiar do Santo Oficio, Veciño de Santiago Seré das Somozas e Coto de Cabalar, "que es de don Pedro Pardo de Andrade y Castro"(sic), se querella contra Domingo de Orxales (sic), Xuz da xurisdicción de Meroy (sic), xa que abusou do dito oficio, e "esta exerciendo muchos agravios en la jurisdicción que tiene distribuida, que es Cabalar" (sic). Así mesmo Pedro de Orxales usa o oficio de alcalde e xusticia ordinaria no coto de San Xoan dos Casares que es de don Pedro de Miranda.
1658. Pedro Rodriguez de Aldao en nome de Pedro Piñón das Enchousas, veciño do Santiago Seré das Somozas, Bispado de Mondoñedo se querela contra Pedro de Luaces "El viejo" y Pedro de Luaces "El Nuevo", seu fillo e Juan de Luaces veciños de Santa Cruz de Moeche, xa que estando Pedro de Piñón e antes o seu pai Juan de Piñón e antecesores, no dereito da Fraga e souto que se chama da Gateira, en dez, vinte, trinta e cuarenta e maís anos, dende inmenorial (sic).
Testemuñas da causa por Pedro de Piñón:
1.- Juan da Fraga, veciño das Somozas, fillo de Domingo da Fraga de 40 anos de idade.
2.- Juan de Morado, veciño de moeche. de 60 anos de idade.
3.- Domingo da Fraga, morador nas Somozas, de 60 anos de idade.
4.- Domingo García.
No ano 1659, toma a representación do seu pai o Canónigo de Mondoñedo e Bachiller Miguel de Piñón, fillo de Pedro de Piñón das Enchousas e María Teixeira. Miguel accedeu o canonigato baixo o pontificado do bispo de Mondoñedo Fr. Sebastián de Arévalo y Torres (1672-1682). O profesor Enrique Cal Pardo, fala da toma de posesión de Miguel da canonxía, no seu libro "Episcopologio Mindoniense", páx 566 e 569. Foi coadxutor do coengo Sancho Bervete, e a morte díste tomo posesión sustituíndoo. Se accedió a súa petición con fecha 28 de febreiro de 1673. Jacinto de Luaces y Omaña sustitueu na canonxía a Miguel no ano 1681.
1659. Andrés de Villar en nome de Pedro de Luaces "El Viexo" e Pedro de Luaces "El Nuevo" seu fillo, e Juan de Luaces (fai diferencia entre eles, posiblemente irmán do primeiro), se querella contra Pedro Piñón das Enchousas, polo disfrute da fraga de Castaños da Gateira moilos seus froitos, xa que Pedro de Luaces é sucesor nela de Pedro de Caruncho e Lope de Caruncho, difuntos de quen recibeu a erdanza da dita fraga.
Testemuñas de Pedro de Luaces:
1.- Domingo de Erbao, labrador e veciño de Santa Cruz de Moeche. Afirma que a frga da Gateira era propio de Gabriel de Caruncho "El Viexo" (sic), e que despois de el sucedeu na dita fraga, Pedro de Luaces como marido de María Sueiras, sobriña do dito Gabriel, que por erdanza sucedera en todolos seus bens mobles e raices. E despois de estar casado (Pedro con María), tamén vera levar a dita fraga a Alonso de Luaces, irmán de Pedro, como marido de María Caruncha.
2.- Juan de Sande, veciño de santa Cruz de Moeche, amplía a anterior información e di que a Fraga da Gateira era de Gabriel de Caruncho y que despois sucedeulle Pedro de Caruncho, por morte de Pedro sucedeulle outro Gabriel de Caruncho, pero por falta de xeneración de Gabriel quedou por erdeira, dunha mitade do souto María de Sueiras, sobriña de Gabriel e filla de Pedro de Caruncho e muller de Pedro de Luaces. Da outra mitade ficuo como erdeira María Caruncha, muller de Alonso de Luaces e filla de María Caruncha "La Viexa" (irmá de Gabriel) "del mismo tronco de los Carunchos"
3.- Juan de Cobelo, veciño de San Xoan dos Casares, añade a anterior información que Gabriel de Caruncho o que morreu sin xeneracion tiña outro irmán chamado Alonso de Caruncho. Tambien confirma que Pedro de Luaces y Juan de Luaces son irmáns. Tamén identifica ó pái de Pedro de Piñón, chamándoo Juan de Piñón "El Viexo" (o mesmo que no preito de Jácobe Pérez de Saavedra ten 60 anos, e é primo de María de Piñón -ou de Lamigueiro- a súa sogra, e pai cecais de Juan de Piñón "El Mozo" testemuña de Pedro de Ramil).
1663. Antonio de Piñón, veciño da vila de Neda, no lugar dos Pazos, en nome de Miguel de Piñón, veciño de San Miguel de Atios e Juana de Piñón muller de Juan Durán, seus irmáns como erdeiros de Santiago de Piñón e de Catalina López se querela contra Miguel Arias de Andrade, sobre reivindacación dun foro no lugar pertencente o mosteiro de San Martiño de Xubia, das seguintes erdades:
a.- Unha leira en Meixónfrío de sembradura de pan que dica xunto o camiño vello que vai dende dito coto a Narón, e as que labra Juan de Malados xunto a capela de San Miguel.
b.- Unha erdade na Chousa de Ferreira de foro do dito mosteiro, xunto as erdades que leva Juan de Cassal do Feal.
c.- Unha leira de monte de dúas fanegas de pan que está xunto as erdades queforon de Pedro de Mourelle.
d.- Unha erdade en Vilarelle, xunto o prado que leva Andrés Díaz de Lago.
e.- Tres cuartos de unha leira que levan os erdeiros de María de Viñas e outra xunto os erdeiros de Juan Cortés.
f.- Unha leira de erdade que foi de viña na fonte de Neixa, edúa boas viñas vellas que levara un celemín (sic) en sembradura e fica xunto a outra no camiño o lugar da Pena.
g.- Outra erdade xunto o río de Freixeiro e na Chousa de Esteo.
Todas ístas erdades eran por foro do Mosteiro de San Martiño de Xubia, regra de San Bieito feito polos monxes do mosteiro a Santiago de Piñón pola vida de tres reises de España, pagando oito reais de cada un ano con coñecemento de Juan Ares de Andrade retor da fregiesia de Neda. O acusado Miguel Arias de Andrade apoderouse de todas as erdades contidas no memorial.
1671. Juan de Piñón do Abeledo, marido de María da Torre e Jacobe dos Pazos seu xenro, se querelan contra don Miguel Mesía Alfeirán Saavedra, cura de Santiago Seré das Somozas, por una casa que chaman "do campo de xunto a igrexa", que está xunto a parroquial e que é da súa propiedade eleva en aforo Pedro de Juancal.
Procurador da parte de Juan de Piñón foi Martín Blanco, procurador de Miguel Mesiáo foi Pedro de Lago Lanzós.
Testemuñas de Miguel Mesía:
1.- Juan Dardoa, veciño do Lugar do Caho, xurisdicción de Meroi, de Santiago Seré.
2.- Gabriel Montero, labrador, veciño de Santiago Seré.
3.- Antonia Sabreira, muller de Pedro da Fraga, labradores e veciños de Santiago Seré.
4.- Pedro de Piñón, presbiteiro, veciño de Santiago Seré. 35 anos de idade.
5.- Juan Vazquez, licenciado, clerigo presbiteiro de Santiago Seré. 40 anos de idade
6.- Juan dos Casás, veciño de Santiago Seré.
7.- Francisco de Sueiras, veciño de Santiago Seré.
8.- Juan de Bustabade (sic), veciño de Santiago Seré.
Pola súa banda Juan de Piñón do Abeledo presenta un documento datado en 1653, onde afirma ser lexítimo erdeiro de Gabriel de Piñón e María Fernández seus páis, que compraron no seu día o lugar en litixo a Juan do Pereiro, Jacobe do Pereiro e a María Fernández erdeiros a súa vez de Juan de Pereiro "El Viejo", seu pai e de Gregorio do Pereiro o seu avó.
No ano 1863 Jose Nicolás dos Pazos, veciño de Santiago Seré das Somozas, partido de Ferrol, fai certificado do preito presentada e gañado polos seus devanceiros Juan de Piñón e Jacobe dos Pazos, sobor a posesión do lugar do Campo de xunto a Igrexa.
1673. Pedro de Lago Lanzos,como procurador de Juan de Piñón da Castiñeira, (o mesmo Juan "El Mozo", que aparece como testemuña no preito de Jácobe Pérez en 1626), contradice ante a Real Audiencia de Galiza a querela presentada por Domingo de Piñón, polos montes chamados de Chao da Serra e da Escamelada. Juan de Piñón defende que os montes son propios dél e erdados dos seus pais. Que estando en posesión dístas propiedades, as deu en empeño o seu irmán Pedro de Piñón por 50 reales de renda anual, quedando en que devolvendolle-lo diñeiro, habialle de torna-lo monte. Morto Pedro os seus erdeiros: seu fillo presbiteiro Domingo de Piñón, veciño de San Xoan dos Casás, mailo seu xenro Andrés de Aneiros, negarán a propiedade de Juan sobor o monte.
6 de octubro de 1675. Domingo de Piñón, presbiteiro veciño de San Xoan dos Casás, contra Juan de Piñón da Castiñeira, veciño de Malados (chamado o Mozo en 1626 no preito Jácobe Pérez, e o Vello nístas datas), polos montes chamados Chao da Serra e da Escamelada. No lugar de Calamourel, na fregresía de San Xoan dos Casás ante o notario Juan Fernández del Villar e Cabrera, o Licenciado Domingo de Piñón cita as seguintes testemuñas:
1.- Pedro de Santalla. Veciño do Coto de Malados. De idade de 40 anos máis ou menos.
2.- Domingo da Pía, pai de Luis da Pía. Labrador veciño da fegresía de Cerdido. De idade de 60 anos.
3.- Miguel de Valiño. Labrador e veciño do Coto de Malados. De idade de 33 anos.
4.- Antonio da Fraga. Labrador e veciño do Coto de Malados. De idade de 40 anos.
5.- Pedro da Senra. Labrador e veciño do Coto de Malados. De idade de 25 anos.
Deu fe das súas testemuñas o notario don Luis de Luaces.
Nota: As secuencias xenealóxicas que aparecen no documento son as seguintes:
I.- Estevo de Piñón, Xuíz Ordinario de Cerdido en 1626. Morto aprox en 1630, casou con María Fernández e tivo por fillos a:
II.1.- Pedro de Piñón. morreu aprox en 1661.
II.2.- Juan de Piñón "O Mozo" da Castiñeira. Veciño do couto de Malados, naceu aprox en 1601.
II.3.- Alonso de Piñón. difunto en 1661. difunto antes de 1661 e pai de un segundo Pedro de Piñón, veciño dos Casás.
II.1.- Pedro de Piñón casou con Catalina da Torre, irmá de Jacobe da Torre, e fillos ambos de Pedro de Villadoniga do Freis (o lugar que erdara Domingo), e tiveron por fillos a:
III.1.- Irmán descoñecido posiblemente Luis de Piñón que aparece como testemuña no acto de posesión.
III.2.- Domingo de Piñón, presbiteiro.
III.3.- Xa. da Torre, casada con Andrés de Aneiros nacido en 1652.
III.4.- Xb. da Torre.
Nota: Como proba Domingo de Piñón entrega o xurado a carta de dotación que lle fixo o seu pai, onde se detalla que os lugares en litixio, foron cedidos na vida de Pedro de Piñón o seu fillo "para ver de ordenarse de Orden Sacro y para lo cual y de poder passar adelante con sus estudios", e que ditas propiedades as erdaba Domingo da súa nai Catalina da Torre. Entre os lugares cedidos atópase o de Freis e a Canaveira, en Cerdido e xunto o resto deles suman a cantidade de 1.000 ducados unha verdadeira fortuna, que son rexistrados como dote do cura. foron testemuñas da cesión:
1.- Alonso Rodriguez de Lago, veciño de Neda.
2.- Pedro Perez de la Peña, veciño de Santamarta.
No documento posterior de toma de posesión das propiedades, tomou acta o mesmo escribán do Coto de Malados Pedro Fernández de Villar y Cabrera, veciño de Meroi nas Somozas estando presentes:
1.- Luis de Piñón.
2.- Pedro de Piñón.
Testemuñas de Juan de Piñon da Castiñeira:
1.- Jacinto Rodriguez, veciño de Casás.
2.- Alonso Teixeiro, veciño de Malados. nacido en 1633.
3.- Pedro de Piñon da Torre, veciño de Malados nacido en 1639. Asina có seu nome.
1680. Domingo de Castro, procurador en nome de Juan de Piñón, marido de Dominga de Quizá, labrador, morador no Lugar do Hospital, veciño da fregresía de Santa María de Regoa, xurisdicción de Cedeira, se querela de forza e delito (sic), contra Juan Rodriguez, veciño da fregresía de San Martiño de Cerdido e máus culpados no caso.
Motivo: Domingo afirma que sendo propios de Juan de Piñon a mitade do lugar que se dice do Candal no coto de Cerdido e sendo poseedor das erdades a el anexas dende o ano de 1624, todo elo foi comprado o receptor (sic) da Real Audiencia Alonso Fernández de Poentas. Que Juan de Piñón como dono da mitade do dito lugar puxera como caseiro dela o labrador Pedro de Fontiba e depois dél o seu fillo Andrés de Fonticoba. Pasando o tempo o propio Juan de Piñón levara de seu o dito lugar e que por último puxera novamente caseiro na persoa de Juan de Fraguela, veciño de San Martiño de Cerdido, que levaba 6 anos labrando o lugar sin contradicción de ningún veciño. O dito inculpado Juan Rodriguez, facía tres semáns que foi as ditas erdades recollendo o froito delas.
No mesmo ano Pedro Blanco de Requena, en nome do inculpado Juan Rodiguez, marido de Catalina Díaz, fai contradicción do exposto anteriormente alegando: Que a mitade do lugar de Candal e propio de Juan Rodriguez e da súa muller dende o ano pasado (1679), en virtud de unha donación que lles fixera Juan Fernández de Montoxo, como posesor da mitade de dito lugar. Que Juan de Piñón fora desposeido do dito lugar por unha carta recibida da Real Chancelería de Valladolid a pedimento de Alonso de Lago.
É presentada como proba a carta de doazón, con data 6 de xaneiro de 1668, que fixera o difunto Juan Fernández de Montoxo, na fregresía do mesmo nome, nos seguintes termos: que Catalina Díaz, veciña da fregresía de San Martín de Cerdido lle fixera certos respeto e servizos (sic), dende fai oito anos a ísta parte. Por todos istes servizos, lle fai doazón, a dita Catalina Díaz, pobre e orfa da mitade do lugar do Candal, aclarando que a outra mitade é de Juan de Piñón do Hospital. Un cuarto enteiro do lugar do Pousadoiro, en Santiago de Mera e unha pardiñeira do mesmo nome. As pardiñeiras, eran as construccións tradiccionais máis antigas e humildes que sistían no agro galego, xa que sobrevivindo a idade media conservaban o colmo de palla. Sinala Juan Fernández de Montoxo que a outra mitade do lugar do Pousadoiro e da súa curmá Susana Fernández. Tamén lle fai doazón de dúas vacas menores que estan no curral de Fontecobadorrozo (sic). Un carro de trigo, dúas fanegas de pan, clarexando que unha é de trigo e a outra de centeo, todo elo xa mallado. Foron testemuñas da doazón o Licenciado Andrés López de Luaces, o Licenciado Blas Teixeiro, cura de San Xiao de Montoxo e por último Juan de Vilarnovo, criado do anterior. O documento fora feito no leito de morte de Juan Fernández de Montoxo, facendo traslado do mesmo a Isabel López Teixeiro, viuva do rexidor Fernando de Esteiro da Dorna e veciña da vila de Cedeira, quen fora primeira muller de Juan Fernández Puentas Montoxo, escribán da súa maxestade(sic), e nai do finado Juan Fernández de Montoxo. Actuan como notarios Alonso Férnandez de Esteiro, tenente de alcalde e don Francisco Pita de Tordesillas e Pardo, Alcalde Xuiz Ordinario da vila de Cedeira.
Testemuñas de Juan de Piñón:
1.- Juan do Vilar, veciño de San Xiao de Montoxo e de 70 anos de idade.
2.- Luis de Vilarelle, Alcalde e xustiza ordinaria do coto de Cerdido
3.- Domingo de Lago, labrador e veciño de Cerdido de 60 anos de idade.
4.- Andrés de Fonticoba, labrador de 80 anos de idade.
5.- Juan García, veciño de San Xiao de Montoxo de 50 anos de idade.
6.- Juan Preto, labrador, veciño de Cerdido de 60 anos.
Actua como escribán Pedro de Lago, veciño de Santiago Seré das Somozas.
Testemuñas de Juan Rodríguez do Candal:
1.- Juan do Barro, labrador, veciño do lugar do Torno, fregresía de San X. de Montoxo.
2.- Pedro García do Freis, veciño do lugar do Freis, de San Martiño de Cerdido.
3.- Pedro de Sande, veciño do Lugar de Mondín de abaixo, San Xiao de Montoxo.
4.- Francisco Loureiro, veciño da Vila de Cedeira.
5.- Juan de Chao, fillo de Juan de Chao e xenro de Andrés do Vilar, veciño do lugar dos Piñeiros, de San Xiao de Montoxo.
6.- Blas do Moiño, labrador e veciño do Lugar de Vilela, San Martiño de Cerdido.
Todos os anteriores dan fe de que o difunto Juan Fernández Montoxo recibira a mitade do lugar do Candal, por erdanza do seu pai Juan Fernández de Montoxo, "O Vello", (chamado na primeira parte do documento Juan Fernández de Poentas "el Mozo") e do seu avó Alonso Fernández de Poentas. Todos eles foran patróns dunha capela existente no Lugar do Candal na mitade que fora vendida a Juan de Piñón.
Actua como escribán Juan Fernández Espantoso, veciño de Moeche.
1692. María e Isabel de Piñón, veciñas da fregresía de San Martiño de Cerdido, actuando como procurador Juan Rodríguez de Verea, se querelan por exceso contra o crerigo don Antonio Fernández Espantoso. O motivo é a xestión que dito cura fai das hipotecas do incienso para a capela de ánimas da parroquial de Labacengos. O preito remata coas dilixencias iniciais que non aportan ningún dato de interese xenealóxico.
12 de decembro de 1705. A xustiza ordinaria da xurisdicción de Cerdido para proveer de curador os fillos menores que quedaron de Domingo da Torre.
Tomas Antonio de Montenegro procurador de Andrés de Piñón, labrador e veciño do Lugar da Ulfe, fregresía de San Martiño de Cerdido, Coto de Malados, se querella contra a xustiza ordinaria do coto. Falecido Domingo da Torre veciño que foi do lugar de Freis (o que recibira o licenciado Domingo de Piñón, da súa nai Catalina da Torre), encargouse a curadoría dos seus fillos a Luisa Fernandez de Piñón a súa muller e nai dos pequenos. Ísta non deu conta dos bens que ficaron do difunto e certos salarios sen pagar, fan que os nenos fiquen sin pensión ata que se averigue quen son os parentes máis propingües, que administren o seu patrimonio.
Andrés de Piñón dice ser de idade de seseta anos * 1645, e non ter máis caudal que certos bens dotales da súa muller, e que ten que atender dúas curadorias como son as de os fillos de Luis Pérez e Andrés de Piñón, polo que non pode aceptar a tutoría dos fillos de Domingo da Torre.
16 de xaneiro de 1706. formalmente Andrés fai querela contra Juan Antonio de Sande defensor dos menores.
Antonio Fernandez Espantoso, toma testimonio viuda Luisa Fernandez de Piñón onde di que tivo de Domingo da Torre varios fillos chamados:
1.- Domingo da Torre. 12 anos.
2.- María Fernández. 14 anos.
3.- Lucas da Torre.
4.- Felipe da Torre.
5.- Rosa Fernández.
6.- Antonia Fernández.
Que a xustiza ordinaria nombrou tutor deles a Juan de Piñón de Pontellas, veciño do coto de Malados xa que o propio Domingo da Torre, cando estaba enfermo deixa indicado que a Juan de Piñón lle correspondía por proximidade e parestesco dita curadoría. Da fe da testemuña Andrés de Luaces e Antonio Pita Piñeiro da Veiga.
Ambos escribáns do coto de Malados.
Juan de Piñón das Pontellas, negase tamén a acepta-la tutoría dos menores, polo que é encarcelado no cárcere público do coto. Para ser liberado tanto da cárcere como da tutoría di ser vello, achacoso, lisiado dunha perna, fatuo e de curta intelixencia (sic). Juan alude a Martín de Piñón veciño de Sedes como parente maís propingüe, e no mismo grao de parentesco, que el mismo para a tutoría. Tamén a Pedro de Villadóniga, veciño de Malados e a Andrés e Francisco de Villadóniga ambos irmáns veciños do lugar de Nebril en Cervo, Cedeira, parentes en cuarto grao de afinidade dos menores.
Pola súa banda Martín tamén procura esquiva-lo asunto da tutoría decindo que non é parente dos menores, en grao algun e que polo contrario tanto Andrés de Piñón da Ulfe, parente en mesmo grao que Juan de Piñón por parte paterna e pola materna primo carnal dos pais dos menores.
Juan de Piñón presenta como testemuña a:
1.- Domingo do Vilar, labrador e veciño de Malados. que di que Andrés de Piñón e parente dos menores por parte paterna de igual grao que Juan de Piñón e por parte materna primo carnal de Domingo da Torre. Tamén que Juan de Piñón, Pedro de Villadóniga, Andrés de Francisco, son parentes en cuarto grao de afinidade dos menores. Que Juan, Andrés e Martín de Piñón son parentes por parte materna de Domingo da Torre, (primos carnais), e que os Villadóniga son parentes por ambas ramas paterna e materna.
2.- Joseph de Mouriz, presentado por Juan de Piñón fai unha declaración similar .
3.- Juan de Vidueiros. Di que os irmáns Villadónigas son Piñones fillos de unha irmá do abuelo de dito Domingo da Torre.
Nota: agradecería a calqueira membro de xenealoxia.org que podeira completar todos istes datos que fora ampliando a información previamente a fixa-lo datos na historia do apelido.
Gracias
documentación da familia Piñón no ARG
- lamigueiro
- Foreiro Maior

- Mensajes: 344
- Registrado: 30 Oct 2001, 09:00
- Ubicación: Ferrol
- Contactar:
documentación da familia Piñón no ARG
Lamigueiro ©



