Os Xudeus de Galiza

Noticias de historia familiar
Responder
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Os Xudeus de Galiza

Mensaje por Milleiro »

OS XUDEUS DE GALIZA

Non é doado saber con precisión o fixamento de familias xudeas na Galiza, ainda que hai referéncias deles no século IV en vilas con movimentos comerciais: A Coruña, Lugo, Chaves, Tui, Ourense, Iria Flavia, Quiroga.
A partires do século XI empezan abundar datos en vilas do camiño de Santiago: Allariz, Monforte, Rivadavia...sendo durante o século XII e XIII onde se produce un medre importante da povoación sefardí na Galiza. Outros lugares con fonda presenza xudea foron Ribadeo, Viveiro, Celanova, Vigo, A Guarda, Pontevedra...máis os estudos recentes realizados pola historiadora Gloria de Antonio Rubio, na sua tese “Comunidades judías gallegas, siglos XI al XV”, destaca que houbo comunidades xudias en todo o território galego.

A finais do século XV e comezos do XVI, produce-se a conversión da meirande parte deles en cristiáns, os chamados cristiáns novos. O resto decide acatar a expulsión decretada polos Reis Católicos ao non aceptar a relixión que se lles queria impoñer. Uns emigraron, via Portugal, a Franza, Paises Baixos, Inglaterra, Alemaña...outros fara-no a Marrocos, Exipto, Turquia e incluso a Palestina:

Familia Lemos: http://www.jrcasan.com/MONFORTE/judios/
Familia Mamán: http://www.geocities.com/misraices18/maman.htm

Segundo o historiador Felipe Aira Pardo, historiador i experto na Xudaría de Monforte de Lemos: “Os conversos soian poñerse apelidos de nova factura para non amolar aos cristiáns vellos”. Entre os apelidos probabeis de orixe sefardí, nomean-se: Gaibor, Céspedes, Oliveira, Freixo, Pérez, Azor, Gavilán, Trigo, Centeno, Coello, Falcón, Cordeiro, Piñeiro, Raposo, Teixeiro, Pereira, Pomar, Tella, Franco, Horta / Orta, Pacio, Ocampo, Carballeira, Carballo, Cerdeira, Xesteira, Xestoso, Gato, Pita, Castiñeiro, Castiñeira, Carneiro, Palomo, Pombo, Carrizo, Xato, Lemos, etc...

Máis haberia que matizar isto, dado que moitos destes apelidos adoptados por familias xudeas xa existian e eran empregados por cristiáns vellos. Por exemplo, non podemos dicer que os Freixos sexan de ascendéncia sefardita senon que pode haber unha galla deste apelido que teña a devandita orixe.

Entre as profesións máis salientábeis están as comerciais, xoieiros, prateiros...e como non a mediciña, destacando aos irmáns Guadalupe, de Castro Caldelas, e a Francisco Sánchez, de Tui.

No Hospital de Santiago atopamos un feixe de médicos xudeosconversos nos que podemos citar os apelidos: Andrey, Varela de Montes, Teijeiro, Freire, Novoa Santos, Rodríguez Cadarso, etc.

Entre a nobreza galega, unha boa parte ten sangue xudeo, podemos falar dos Fonseca, Alvarado, Cordoso (¿Cardoso?), Pardo, Correa, Guzmane (¿Guzmán?), Sotomayor, etc.

Entre os apelidos que sinala o historiador Felipe Aira en Monforte, atopamos: Coronel, Pereira, Céspedes, León, Lucena, Fonseca, Paz, Guadalupe, Mezquita, Oliveira / Olibeira / Olibera, Ávila, Núñez de Freytas / Freitas, Feijoo, Alvarez, Carneiro, Falcón, Trigo, Centeno, Carrizo, Xato, Lemos, etc.

Lalo Vazquez Gil, en "Retrincos da historia de Vigo", comenta que en Vigo e en Galiza hai apelidos que poideran ter algunha das suas galla de orixe xudea, entre os que atoparian: Coello, Falcón, Prado, Trigo, Cordeiro, Piñeiro, Raposo, Teixeiro, Pereira, Pedreiro, Manzano, Pomar, Pumar, Pumariño, Tella, Huerta / Horta, Pacio, Ocampo, Carballeira, Carballo, Cerdeira, Freixo, Funes, Xesteira, Xestoso, Paxaro, Gato, Pita, Castiñeiro, Carneiro, Palomo, Pombal, Carrizo, Xato, Lugo, Luaces, Chao, Rio, Fonte, Montaña, Penedo e Roca.

OS SUPOSTOS APELIDOS XUDEUS
(Artigo de Gonzalo Navaza recolido da sección da Caixa dos Apelidos realizada conxuntamente entre o xornal A Nosa Terra e A Mesa pola Normalización Lingüística)

"En artigos anteriores aludiamos ás lendas familiares que explican apelidos galegos atribuíndolles procedencia exótica. Non fixemos referencia, sen embargo, a outras fantasías populares emparentadas con estas que gozan así mesmo de moita difusión, non só entre nós, senón en toda a Península: as baseadas na falsa consideración de certos apelidos como apelidos xudeus.

Unha remitente apelidada Abad comunícanos que na familia ten oído dicir que ese apelido é de orixe xudía. Como ela mesma sospeita, é unha castelanización do galego Abade e non ten ningún fundamento consideralo xudeu. A mesma explicación circula para moitos outros, e tamén sentencias xeneralizadoras que pretenden facer xudeus tódolos apelidos que conteñen nomes de cores, nomes de árbores, de santos, de oficios, topónimos en xeral e mesmo algúns patronímicos moi comúns.

Estas explicacións poden ter variadas orixes, apoiadas sempre nun prexuízo xenealoxista que supón erradamente que tódolos individuos que levan o mesmo apelido teñen que ser parentes en grao máis ou menos remoto. Deste xeito, ter noticia dun Pérez xudeu, por exemplo, e en calquera época histórica, pode conducir a pensar que tódalas persoas así apelidadas han de selo.

Non hai dúbida de que noutras áreas peninsulares pode atribuírse, sempre en ámbitos locais, ascendencia xudía a tal ou cal familia e, xa que logo, ó apelido correspondente. Non obstante, non pode estenderse esa atribución ó mesmo apelido en localizacións xeográficas distintas. Porque, agás tal vez uns poucos patronímicos concretos derivados dun nome de orixe hebraica (Salomón, Leví e algúns outros), non se pode establecer unha relación directa entre un apelido e unha suposta orixe xudía.

Nunha ollada ós padróns dos xudeus ourensáns a finais do século XV, pouco antes da expulsión (poden verse en A vida e a fala dos devanceiros, de Ferro Couselo, ou en obras máis recentes de Anselmo López Carreira) podemos inferir que o que caracteriza onomasticamente os xudeus non son os apelidos (pois levan en xeral apelidos idénticos ós dos non xudeus: Ares, Bravo, Gómez, López, Rodríguez, Vello...) senón os nomes de pía, entre os que predominan os nomes bíblicos alleos ó santoral cristián (Abrafán, David, Isac, Judá, Jacob, Leví, Mosés, Salomón, etc...). Cómpre ter en conta, ademais, que estes nomes de pía, sendo característicos dos xudeus, non son exclusivos deles.

A nosa remitente atopa sorprendente esta lenda da orixe xudía e chama a atención sobre a aparente contradicción que encerra (dada a tradición antisemítica hispana) respecto doutras lendas galegas que pretenden ennobrecer liñaxes atribuíndolles orixes exóticas. En moitos casos estas atribucións de orixe xudía proceden doutras áreas xeográficas e arraigaron aquí polo prexuízo xenealoxista do que falamos. A isto debemos engadir que o antisemitismo nunca tivo presencia acusada entre nós (máis ben ó revés: véxase o que di López Carreira verbo dos xudeus ourensáns do XV) e que, paralelamente, en todo o mundo cristián existía tamén a tradición contraria, que asignaba ó mundo hebraico connotacións de carácter positivo. Lémbrense as antigas lendas que remontaban as liñaxes ilustres a unha ascendencia bíblica, como a que atribuía a Túbal a poboación de Hispania ou a Noé a fundación de Noia.

Tamén debemos ter en conta que os galegos estaban libres de sospeita na obsesión de pureza de sangue que caracterizou a España dos Austrias. Considérese, finalmente, que a cualificación de xudeu tamén tivo emprego popular en Galicia, sen significados étnicos ou relixiosos, como sobrenome imposto a individuos ou familias singularizados polo seu carácter marxinal, heterodoxo ou contestatario. Un personaxe de Neira Vilas chamado "o Xudío" recolle o emprego tradicional desta fórmula de alcuña.

Despois da expulsión, a finais do XV, os xudeus galegos pasaron maioritariamente a Portugal, e cando os botaron de alí o principal destino foron os Países Baixos. Aínda na actualidade existen apelidos (máis ou menos alterados na súa grafía) entre a comunidade xudía de Amsterdam, de poderosa tradición cultural, que poden corresponder a unha orixe galega. Estas circunstancias, engadidas ó feito de que o apelido toponímico Espinosa ou Espiñosa se rexistra entre os xudeus de Ourense do século XV (véxase a obra de Ferro Couselo mencionada), levou a defender, xa desde o século pasado, a orixe galega do filósofo holándés Baruch de Spinoza."




Agradeceria, por tanto, calquer información sobre apelidos e familias galego-xudeas que acrecente o anteriormente exposto.

BIBLIOGRAFÍA:
1. Gran Enciclopedia Gallega, Tomo 18, páx. 120, 121 e 122
2. Judios de Galicia, suplemento de Los Domingos de la Voz, do xornal La Voz de Galicia do dia 19.05.2002
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Os galego-xudeus de Pontevedra

Mensaje por Milleiro »

OS XUDEUS DE PONTEVEDRA
Por Juan Juega Puig

Pontevedra, coma case todalas poboacións galegas de certa importancia, coñeceu a presencia de xudeus durante a Idade Media. Como tamén é usual en Galicia, a documentación medieval que fai referencia a esta comunidade a penas se conservou, polo que o noso coñecimento polo tema é moi limitado. Reducese a unha cantas impresións, que non ofrecen a visión de conxunto desexábel. A toponimia pontevedresa conserva a pegada da presencia xudía da vila: O Lampán dos Xudeus, amplo espacio libre de edificacións diante do solar das vellas torres arcebispais, hoxe ocupado por unha quinta, sé dunha institución bancaria, onde se situaria o cemiterio xudeu.
As recentes escavacións arqueolóxicas nunha casa dos arredores confirmou a veracidade da toponimia. O achado de dúas lousas sepulcrais con inscricións hebraicas certifica que este foi o vello cemiterio xudeu. En Galicia só contamos cun exemplo semellante, as lápidas hebreas atopadas na coruñesa praza da Palloza, hoxe conservadas no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid).
O vello cemiterio xudeu pontevedrés foi víctima da intransixencia relixiosa que caracterizou o século XVII. Nunha data imprecisa foi colocado sobre as cinzas dos xudeus medievais un cruceiro, co ánimo de “limpar” o lugar. Haberá que esperar a chegada do liberalismo do século XIX para que a transixencia opte polo traslado deste cruceiro as inmediacións de Santa María, onde actualmente se conserva.
Este odio antixudaico cebase na vila, particularmente, en 1619. Para estas datas Pontevedra coñecía unha numerosa e activa colonia de orixe xudía. Eran cristiano-novos que, procedentes do norte de Portugal, en especial da bisbarra de Barcelos, instálanse na vila da década dos 60 do século XVI. Seus apelidos ainda permanecen entre nos (Dinís, Pereira, Chaves, Sarabia, Andrade, Enríquez, Méndez, Coronel...). Moitos deles dedicáronse ás negocios, outros á práctica da medicina, avogacía...O seu dinamismo e conexións coas influentes comunidades espalladas por Europa e América fixeron deste grupo un eixo fundamental na economía da vila. A súa procedencia non causou excesivos problemas ata o momento en que os máis sobranceiros membros desta comunidade accederon ós cargos de representación municipal, as rexedurías, desprazando á fidalguía local. Esta vai a mobilizar a Inquisición contra os conversos pontevedreses, moitos dos cales, alertados, poden fuxir a tempo.
A máis temible arma empregada polo Santo Oficio era o do escarnio público. Nas igrexas das que eran parroquianos os pentenciados pola Inquisición colocábanse unha especie de carteis, chamados sambenitos, nos que figuraba o nome do reo, quedando a súa familia incapacitada para exercer calquera cargo. Estas eran as famosas táboas de San Bartolomeu, desaparecidas, que tantas lendas xeraran. Hoxe podemos coñecer o seu aspecto polas atopadas nun recanto da catedral de Tui, que fai referencia a un personaxe vinculado aos conversos da Boa Vila, Andrés Duarte Coronel, que ao non ser posible capturalo, foi queimado en efixe nun auto de fe celebrado en Santiago.
Os nosos conversos porfiaron na súa loita polo ascenso social, aproveitando a transixencia de que fixo gala o conde-duque de Olivares, Ventura Dinís, chegará a ser un dos máis importantes banqueiros do rei, sendo honrado co título de marqués de Olivares, e subornará a Inquisición para que retire os infamantes sambenitos da igrexa de San Bartolomeu. O seu nome ingresará na literatura de man de Ramón Sender, que o converte nun dos personaxes da súa novela Carolus Rex.
Tamén debemos a un membro desta comunidade, Jorge de Andrade, residente no Perú, a presencia do Colexio da Compañía de Xesús en Pontevedra, dada a transixencia relixiosa demostrada polos xesuitas. Quédanos unha importante mostra de orfebrería colonial: a custodia da parroquial de San Bartolomeu, que percorre as nosas rúas no Corpus, é un donativo deste emigrado da súa vila natal.

FEIRA FRANCA; PONTEVEDRA 2002
Avatar de Usuario
JuandeGolmar
Mozo
Mozo
Mensajes: 15
Registrado: 02 Mar 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por JuandeGolmar »

Sobre los judíos en Galicia hay un libro que estudia de una manera pormenorizada la huella hebrea en Galicia y se titula "Los judíos en el Reino de Galicia" su autor José Ramón Onega López, de la Editora Nacional, que a través de sus 727 páginas estudia bien el tema.
Quiero hacer un comentario. Dice Milleiro: "No Hospital de Santiago atopamos un feixe de médicos xudeosconversos nos que podemos citar os apelidos: Andrey, Varela de Montes, Teijeiro, Freire, Novoa Santos, Rodríguez Cadarso, etc.". En lo que respecta a mi antepasado el médico y catedrático compostelano, nacido en el Pazo de Golmar, Timoteo Sánchez Freire, es verdad que descendía de judíos por parte de su madre Bentura Freire López, pero ni él ni su madre eran judíos conversos, sino buenos cristianos, lo único que se puede decir es que tenían sangre judía. Yo que desciendo de ellos tendré una milésima de sangre judía, pero soy cristiano.
Saludos a todos
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

GALEGO-XUDEUS

Algúns dos apelidos antes da expulsión dos galego-xudeus:
- ABBA: Abrahan Abba, en Celanova no 987. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- ABEN ARROYO: Don Zulema aben Arroyo, en 1399. Páx. 372 "Galicia en el comercio marítimo medieval" de E.F.P.
- ABEN FARAX: Yenco aben Farax, sobriño de Salomon Baquix, doc. entre 1435-1439. Páx. 372 "Galicia en el comercio marítimo medieval" de E.F.P.
- ABENZIZAN: Jacob Abenzizan, de Padrón, en 1403. Páx. 373 "Galicia en el comercio marítimo medieval" de E.F.P.
- ABEYAEX: Don Suleiman Abeyaex, arrendador de Galiza en 1368. Páx. 372 "Galicia en el comercio marítimo medieval" de E.F.P.
- ALBEITAR: Mose Albeytar, veciño da Rua Nova de Ourense en 1480. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- BAQUIX: Salomón e Lesar Baquix. Arrendadores da Galiza do século XV. Páx. 87 "Historia de la ciudad de Pontevedra" de X.F.B
- CAG ABEN BUENO: Samuel Cag aben Bueno, en Monforte en 1334. Felipe Aira.
- CAVALEIRO: Jaco Cavaleiro, veciño da Rua Nova de Ourense en 1480. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- CHAMIZO: Isaac Chamizo, veciño da Rua Nova de Monforte de Lemos. Felipe Aira
- DAVID: D. David, proprietario dun barco na Courña. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- DEUS AJUDA: Don Samuel Deus Ajuda, documentado en 1411. Páx. 372 "Galicia en el comercio marítimo medieval" de E.F.P.
- PEREZ: Mose Perez, de Ourense. Mose Perez, de Allariz. Juda Perez, de Ponferrada. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- VELLO: Salomón Vello, en 1434, en Ourense. Jaco Vello, veciño da Rua Nova de Ourense en 1480. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- VILLAMARIN: Jaco Villamarín, criado de Mose Perez, en Ourense. Dª Gloria de Antonio Rubio. Revista Raices nº35
- ZIDICARIO: Salomón Çidicario, arrendador do século XV. Páx. 87 "Historia de la ciudad de Pontevedra" de X.F.B
Avatar de Usuario
serba
Foreiro Ilustre
Foreiro Ilustre
Mensajes: 19875
Registrado: 29 Sep 2004, 09:00
Ubicación: Mos

Pipín

Mensaje por serba »

JuandeGolmar escribió:Sobre los judíos en Galicia hay un libro que estudia de una manera pormenorizada la huella hebrea en Galicia y se titula "Los judíos en el Reino de Galicia" su autor José Ramón Onega López, de la Editora Nacional, que a través de sus 727 páginas estudia bien el tema...
Si es posible me gustaría saber si detalla algún apellido de alguna de las personas que vivían en Pipín (Xudán). Gracias.
Poblada soledad es hoy el mundo.
CRUZ
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 405
Registrado: 02 Oct 2007, 16:47

Los Guadalupe y Los Cadórniga

Mensaje por CRUZ »

Hola.

He encontrado una referencia de la familia de protomédicos Guadalupe originarios de Castro Caldelas , y la familia Díaz de Cadórniga.

En "Temas Gallegos " de Luis Moure -Mariño , dice que el Boticario Antonio López Guadalupe casado con Violante Díaz de Cadórniga.

Teniendo en cuenta que el padre de dicho Antonio López Guadalupe era hijo de Juan de Guadalupe , médico de la Reina Isabel la Catolica hacia 1474 y que fallece antes de 1495 , este hijo llamado Antonio debío ejercer alrededor del 1500.

También el genealogista Antonio Valcarcel Dominguez dice en su estudio sobre estos médicos judios conversos , que en el Archivo Histórico Provincial de Ourense , se conserva un escudo de Alianza que demuestra que los Guadalupe emparentaron con los Novoa , Cadórniga y Puga.

Según esto último , es curioso el enlace de una Cadórniga y un judio converso en Ourense.

Recordar que los Díaz de Cadórniga también están vinculados a Castro Caldelas ; Pedro Díaz Cadórniga el viejo , sr. de Castro Caldelas.

¿Se podria dar una alianza Cadórniga con judios, trás los oscuros episodios de disputas entre la familia Cadórniga Orensana y los judios de mediados del S.XV?

¿quién será esta Violante Díaz de Cadórniga ?
Avatar de Usuario
cimbrio
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 78
Registrado: 30 Dic 2004, 09:00
Contactar:

Re: Os Xudeus de Galiza

Mensaje por cimbrio »

Hola Milleiro, hola foro:
Soy pariente de Alejandro Rodríguez Cadarso y me gustaría saber en qué está basado el mensaje anterior donde afirma que los Rodríguez-Cadarso tenían sangre judía. Tengo su genealogía bastante estudiada y por ahora no he encontrado datos que apunten en la dirección de judeo-conversos (aunque no lo descarto).
Me gustaría mucho saber más sobre esa teoría.
Saludos
Cimbrio
Blog y contacto: https://elrincondelagenealogia.wordpress.com/
Responder