Página 1 de 1

Família Curros

Publicado: 25 Oct 2004, 07:01
por Milleiro
Xenealoxia de Manuel Curros Enriquez, escritor galego

I XERACIÓN
- Xosé María de Curros Vázquez, casou con Petra Enríquez, nada en San Salvador de Vilanova dos Infantes (Celanova) o 29 de xuño de 1814 e faleceu en Celanova o 8 de marzo de 1880. Casaron o o 31 de xullo de 1847.

II XERACIÓN
Manuel Curros Enríquez, naceu en San Breixo de Celanova o 15 de setembro de 1851 e morreu na Habana (Cuba) o 7 de marzo de 1908 as 8:40 no sanatorio La Covadonga do Centro Asturián. O seu corpo foi embalsamado. O 20 de marzo foi embarcado con rumbo a Galicia chegando o porto de A Coruña o 31 de marzo. O 3 de abril foi soterrado no nicho 92 do cemiterio de San Amaro de A Coruña onde segue soterrado. Casou en Madrid o 18 de agosto de 1877 con Modesta Vázquez Rodríguez, natural de Pobra de Sanabria. Filla dun maxistrado da Audiencia de Madrid.
- Laureana Curros Enríquez, naceu o 19 10 1845
- Urbano Curros Enríquez, naceu o 29 9 1847
- Tareixa Curros Enríquez, naceu o 30 11 1848
- Pedro Urbano Curros Enríquez, naceu o 9 2 1850
- Bieito Curros Enríquez, naceu o 24 10 1853
- Uxío Elias Curros Enríquez, naceu o 14 4 1855
- Adolfo Curros Enríquez, naceu o 21 7 1856
- Sofía Amalia Curros Enríquez, naceu o 22 2 1861
- Elena Curros Enríquez, naceu o 22 2 1861

III XERACIÓN
- Adelardo Curros-Enriquez Vázquez
- Leopoldo Curros-Enriquez Vázquez
- Sofía Curros-Enriquez Vázquez
- Augusto Curros-Enriquez Vázquez
- Socorro Curros-Enriquez Vázquez
- Manuel Curros-Enriquez Vázquez

Bibliografia: Escolma do dia das letras galegas, de X.L.F. e X.C.R.P. 2000