Página 1 de 1

Villáns

Publicado: 22 Nov 2004, 00:06
por Milleiro
VILÁNS

Ainda que existeu unha liñaxe con este apelido en Cataluña, na Galiza tamén existeu outra família que o grafiou como Villáns. Segundo a Enciclopédia Galega, levou como Pedras Armeiras: Brasón xadrezado de 15 pezas, oito de ouro e sete de azur; bordura de goles, con 8 aspas, de ouro.
En Perú hai familias que usan o apelido Villanes, máis descoñezo se garda algunha relación coa liñaxe galega, da cal actualmente non se atopan persoas que usen o apelido en Galiza.