Torre Xunqueiras
Publicado: 23 Dic 2004, 11:37
Historia institucional
As orixes desta familia remóntanse ó século XIII, principiando con Fernán Martíz de Xunqueiras. A principios do século XV entroncan cos Sotomaior, tralo matrimonio de Martín Rodríguez de Xunqueiras con Inés Gómez de Sotomaior. Un dos fillos destes será Esteban de Xunqueiras, un dos personaxes máis sobranceiros da familia. Tamén neste século destacan os lazos de parentesco que se estableceron entre a f amilia Camarasa e a familia Bendaña, tralo enlace de Teresa López de Xunqueiras con Fernando de Romay, o Mozo, considerados os proxenitores dos Marqueses de Bendaña. Fernando de Romay actuou algunhas veces en nome do seu cuñado, Martín de Xunqueiras, aforando terras na freguesía de Asados, outras veces aparece nomeado como a poderado do seu sobriño Esteban de Xunqueiras, cando este se atopaba ausente. Reflexo deste parentesco atopámolo no Pazo da Torre do Monte en Padrón, no que nun dos seus escudos, en concreto o que se atopa na fachada oriental, aparece unh a referencia ós Xunqueiras ( mata de xuncos terrazada ). Continuando coa familia Camarasa, outro momento importante prodúcese co casamento de Teresa de Xunqueiras con Ares Pardo das Mariñas, señor das fortalezas e casas da Pobra de Parga e Cillobre e fundador dos morgados de Parga, Bergantiños, Xunqueiras. Con este matrimonio os Xunqueiras emparentan coas casas de Mariñas, Andrade, Ribadeneira, Sotomaior entre outras. Tempo despois, a finais do século XVI, trala morte sen descendencia de Diego das Mariñas, pasan tódolos bens da familia ó seu sobriño Pedro Bolaño. No ano 1679, o seu neto, José Bolaño obtén de Carlos II o título de Marqués da Pobra de Parga. Co enlace de María Josefa Bolaño, neta de José Bolaño, con Tomás de los Cobos, V I Marqués de Camarasa, entronca a familia cos Cobos, Marqueses de Camarasa, unha das familias máis importantes da época. Finalmente, no ano 1890 María Gayoso ve nderá a Eduardo Gasset o Pazo fortaleza de Xunqueiras, coas súas rendas, aínda que os v endedores conservaron o dereito de presentación de varias parroquias.
NOTA: Artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza. Os fondos desta Torre están depositados no devandito arquivo.