Página 1 de 1

Casa de San Román (Saxamonde-Redondela)

Publicado: 23 Dic 2004, 20:17
por Milleiro
Historia institucional
Título nobiliario concedido por Carlos II, o 19-III-1692, a Jacinto Sarmiento Valladares , señor de San Román de Saxamonde (Redondela). O Real Despacho foi extendido por Felipe V o 5-I-1705, sendo Jacinto ministro do Consejo de Italia.
O I Conde de San Román faleceu solteiro en 1727, herdando o seu título e bens a sua prima irmá Josefa de Omaña Sarmiento de Valladares, II Condesa de San Román que casou con Pedro de Miranda e Osorio.
O seu fillo Pedro de Miranda Omaña e Osorio, nacido en Ribadeo, obtivo Real Carta de sucesión en nadal de 1743 e foi III Conde de San Román e II Marqués de Sta, Mª del Villar, título que herdou do seu tío Xosé de Omaña Pardo e Osorio, primeiro marqués. Casou con Leonor Eulalia de Trelles e Valdés, tamén de Ribadeo, e tiveron como sucesor ó seu fillo Pedro Manuel de Miranda Omaña e Trelles, IV Conde de San Román e III Marqués de Santa María del Villar. Este, nacido en Pontevedra, foi coronel de milicias da cidade, e casou en 1755 con Mª Joaquina Gayoso de Aldao e Araujo.
O seu primoxénito, Joaquín Miranda e Gayoso, V Conde de San Román e IV Marqués de Santa María del Villar dende 1787, naceu en Pontevedra en 1756. Foi tenente coronel de Rexemento de milicias de Pontevedra e faleceu o 11 de novembro de 1808 na batalla de Espinosa de los Monteros, loitando contra as tropas napoleónicas do mariscal Lefèbvre. Desposárase con Mª del Pilar Sebastián e Raón, e tiveron por filla única a María Joaquina Miranda e Sebastián, VI Condesa de San Román e V Marquesa del Villar, casou con Francisco Javier de Losada e Pardo de Figueroa, XII Conde de Maceda, Grande de España , señor da casa de Xaz.
O seu fillo, José de Losada y Miranda, VII Conde de San Román en 1856, faleceu en 1857, herdando tódolos seus títulos o seu irmán Baltasar, VIII Conde de San Román, XIV de Maceda, Grande de España, X Marqués de la Atalaya, IX de Figueroa e X Vizconde de Fefiñáns, quen en 1858 fixo cesión dunha parte dos seus títulos e propiedades a irmáns e fillos. Entre estes irmáns estaban Xosé ( falecido), Ramona, X Condesa de Figueroa, Francisca Javiera, XI Marquesa de la Atalaya, Mª Dolores, XI Vizcondesa de Fefiñáns, Mª del Carmen, e Maria del Pilar Losada e Miranda casada con Antonio Ozores e Varela VIII Conde de Priegue, e é aquí onde atopamos a conexión, que explica a existencia de propiedades no fondo de Priegue provintes da casa de San Román.

NOTA: Artigo recollido do Arquivo do Reino de Galiza. Os fondos desta Casa están depositados no devandito arquivo.

Inventario de Torres e Pazos

Publicado: 31 Ene 2005, 08:57
por Milleiro
No libro "Inventario de Pazos y Torres" comenta sobre o pazo de San Román que era de Don Gregorio de Valladares cando foi incendieada por Alvaro de Cadaval, O Vello, meriño de Tui por Pero Alvarez de Soutomaior, de alcume Pedro Madruga. Foran Moradores deste pazo:
1. Xosé Sarmiento de Valladares e Meira, Grande de España, Cabaleiro de Santiago e Presidente do Consello de Indias.
2. Xacinto Sarmiento de Valladares e Zamudio, Conde de San Román, entre outros, que practicou a Inquisición en Compostela no 1692.