Página 1 de 1

Combo

Publicado: 17 Feb 2005, 01:50
por Alasdair
Alguien sabe algo de este apellido?

Publicado: 04 Jul 2005, 15:34
por Milleiro
Semella ser un apelido galego dado que só o atopamos no noso País. Se cadra, de natureza toponímica dalgún lugar chamado así ou derivante doutro. Actualmente o nomenclator oficial non recolle lugares co devandito nome, tampouco hai constancia de liñaxes e pedras armeiras para familias con este apelido.

Na Galiza ten a seguinte distribución:
Provincia da Coruña: 11 abonados, nos concellos da Coruña, Compostela, Toques, Sobrado, Teo e Cambre.
Provincia de Lugo: 4 abonados, nos concellos de Lugo e Friol
Provincia de Ourense: 0 abonados
Provincia de Pontevedra: 1 abonada