Página 1 de 1

Nogueira (Redondela)

Publicado: 22 Feb 2005, 17:27
por Milleiro
En Redondela tivo unha casa solarenga, posibelmente a máis antiga que se coñece para familias con este apelido. Descoñezo onde estivo ubicada dito solar e as suas pedras armeiras.
Na vila de Redondela ven documentado xa en 1494, entre os viciños atopamos a:

- Martiño de Nogueira
- Alvaro de Nogueira

Na primeira metade do século XVI, aparece un escribán chamado Diego Nogueira.

Existeu unha família pertencente ao gremio de mareantes de Redondela, datado en 1570 aparece Gregorio de Nogueira. Como Procurador Xeral do Gremio aparece en 1654 e 1655 Juan da Nogueira. Algúns dos testamentos que atopei entre o XVII e o XVIII:

- No 1694 testa Antonio da Nogueira. O documento atopase en mal estado.
- No 1700 testa Joseph da Nogueira.

Actualmente, encontramos 12 abonados ao servizo telefónico con este apelido no concello de Redondela, nos lugares de:
A Formiga, en Santo André de Cedeira: 1 abonados
Fortóns, en Santo André de Cedeira: 1 abonado
Castiñeira, en San Martiño de Ventosela: 3 abonados
Vilar do Mato, en San Martiño de Ventosela: 2 abonados
Tuimil, Santa Maria do Viso: 1 abonado
Vila de Redondela: 4 abonados