OS SOBREIRA DE REDONDELA
Os Sobreira de Redondela ben poideron proceder da aldea do mesmo nome na freguesia de Cobres (Vilaboa) ou das aldeas chamadas A Sobreira nas parroquias de Alcabre e Valadares, ambas no concello de Vigo. Este apelido desapareceu do concello no século XIX.
Semella que se fixaron primeiro en Santa Maria de Reboreda, onde hai moito dato nos libros bautismais do século XVII.
ALGUNHAS NOTAS RECOLLIDAS
Na propria vila de Redondela, recollo a miña primeira información en 1674, a un Lope de Sobreira como membro do Gremio de Mareantes. Noutra relación deste mesmo Gremio realizado en 1690, nomease a Pedro de Sobreira.
No testamento dun Sebastián Sobreira, en 1693, éste recoñece ter unha filla chamada Catalina Sobreira, que casou con Bartolomé Fernández. Este matrimonio tivo unha filla chamada Josepha Fernandez Sobreira.
No Censo de Sisas realizado en 1694, aparecen Santiago de Sobreira e Pedro de Sobreira.
En 1700, teño documentado a unha María de Sobreira, viuva de Antonio do Campo, filla que fora de Dominga de Sobreira.
Nunha venta realizada en 1710, un Diego da Nogueira, viuvo dunha Ysabel de Sobreira, recoñece ter 2 fillos menores de idade froito desta relación: Francisco e María da Nogueira Sobreira.
Nos censos de 1712, aparecen unha viuva de Sobreira, Estevo de Sobreira e Melchor de Sobreira.
En 1736, recollemos de novo a Melchor de Sobreira, xunto a Bernardo de Sobreira e Xacinto de Sobreira.
No Censo de Ensenada, 1752, aparecen no Gremio de Mareantes: Melchor e Bernardo de Sobreira.
Xenealoxia do século XVIII
A finais do XVII ou comezos do XVIII, debeu nacer Xacinto de Sobreira, que casaría con María Ordóñez. Tiveron como fillos a:
1. Bernardo de Sobreira e Ordóñez, que casou con Francisca de Calle da Porta. Tiveron a:
1.1. Sebastián Lorenzo Sobreira Calle, bautizado en 1747.
2. Sebastián de Sobreira e Ordóñez, que casou con María Balteiro Queimaliños. Tiveron a:
2.1. María Vicenta Sobreira Balteiro, bautizada en 1757
Un Sebastián Sobreira, secadra ún dos mencionados ou familiar moi cercano, casou con Maria Socorro de Barros, deste matrimonio atopamos a Antonia Sobreira Barros, que casou con Sebastián Gómez Fontán. Melchor Gómez Sobreira, fillo dos anteriores, foi bautizado en 1798. Outra filla, Gabriela Sobreira Barros, casou con Benito Puga Míguez e tiveron como filla a Mª Concepción Puga Sobreira, nada en 1807.
LIBROS DE BAUTIZADOS DA FREGUESIA DE SANTIAGO DE REDONDELA
LIBRO I (1730-1763)
- Mª Manuela Sobreira Calle
- Sebastián Lorenzo Sobreira Calle
- Rosalía Sobreira Balteiro
- Jermana Sobreira Calle
- Juana Sobreira Balteiro
- Mª Vicenta Sobreira Balteiro
- Juana Benita Sobreira Balteiro
LIBRO II (1763-1803)
- Josefa Sobreira Barros
- Mª Antonia Sobreira Barros
- Juana Benita Sobreira Barros
- Tomaso Bentura Sobreira Lago
- Mª del Buen Suceso Sobreira Barros
- Francisco Sobreira Barros
- Mª Dolores Sobreira Lago
- Sebastián Sobreira
LIBRO III (1804-1825)
Non se atopan
LIBRO IV (1826-1851)
- José Benito Sobreira Lamas
- Maria Teresa Sobreira Lamas
- José Benito Sobreira Lamas
- Angel Sobreira Lamas
- Agustín Sobreira Lamas
- Jacoba Sobreira Lamas
LIBRO V (1852-1865)
- Matilde Sobreiro López
- Ignacia Sobreiro López
LIBRO VI (1866-1882)
- Casimiro Sobreiro López
- Purificación Sobreiro López




