Comentarios a Viladóniga
Publicado: 24 Jun 2005, 16:11
Pasados uns anos dende a miña primeira nota, sobor dos Viladóniga, gostaríame ampliar un pouco a información dispoñible.
I.- Pedro de Viladóniga, veciño de Malados, en Cerdido, aparece como testemuña nun pelito de Juan de Piñón da Viladesuso en 1574, quen era presumiblemente o seu cuñado. Casado entón cunha filla de Gonzalo de Piñón tivo por fillo a:
II.- Pedro de Viladóniga do Lugar do Freis. Tiveron moita mais descendencia masculina e femenina, xentes que aparecen nos primeiros apuntes dos libros de casados e bautizados, da parroquia de Cerdido, sin que de momento poidamos precisar a súa relación de parestesco. Pedro casou cunha señora da familia da Torre, e tiveron por fillos a:
III.1.- Jacob da Torre, tamén apelidado de Viladóniga, e a:
III.2.- Catalina da Torre, casada con Pedro de Piñón, fillo de Estevo de Piñón, Xuez de Malados e María Fernández.
III.3.- Isabela de Viladóniga, casada con Pedro García.
Jacob tivo presumiblemente por fillo a Domingo da Torre quen casou con Loisa Fernández de Piñón, deixando abundante familia apelidada da Torre en Cerdido.
Catalina e Pedro de Piñón foron pais de:
IV.1.- Domingo de Piñón. Licenciado e presbítero. Aparece asinando moitos dos bautizos do Libro I de Cerdido.
IV.2.- María da Torre, casada con Andrés de Aneyros.
IV.3.- Pedro de Piñón da Torre, alcalde de Malados.
IV.4.- filla descoñecida.
A familia Viladóniga ten dúas ramas no século XVII, a chamada do Freis que acabamos de anotar e a chamada de Riovello, dous dos nomes dos lugares que tiveron en propiedade.
De ístas dúas casas proceden a meirande parte dos Viladónigas, despois chamados Villadónigas, dos cotos de Cerdido, Malados, Mera, Montoxo etc.