Página 1 de 1

Cerqueiro

Publicado: 11 Jul 2005, 13:54
por Milleiro
CERQUEIRO

TOPONIMIA
TUI (Pontevedra) Baldráns (Santiago) Cerqueiro, O
VIGO (Pontevedra) Navia (San Paio) Cerqueiro, O
VIGO (Pontevedra) Oia (San Miguel) Cerqueiro
VILABOA (Pontevedra) Santa Comba de Bértola (Santa Comba) Cerqueiro

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 72 abonados, principalmente nas comarcas de Compostela e Bergantiños
Provincia de Lugo: 3 abonados
Provincia de Ourense: 1 abonado
Provincia de Pontevedra: 34 abonados, nos concellos de Vilaboa, Marin, Pontevedra e Vigo

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia

OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponimica. Os do norte de Galiza ben poideran ter a sua orixe nalgún topónimo chamado Cerqueiras ou Cerqueira.

Publicado: 15 Feb 2009, 13:58
por aruxeira
Levo de segundo apelido Cerqueiro, e segundo as miñas pesquisas e o seguimento xenealoxico, coido que este apelido proven dun orixe toponimico.

O Cerqueiro mais antigo que teño datado proben sobre 1600... e chamabase Juan do Cerqueiro.

Hai que lembrarse que aqui, na Galiza, un cerqueiro, pode ser un carvallo cerqueiro ou denominado con outro nome, carvallo branco, ou carvallo americano. Por iso penso que este personaxe vivia perto do citado "Cerqueiro" e lle puxeron ese alcume...

Este apelido proven da bisbarra de Ordes, A Coruña... concello de Tordoia.

Manuel Cerqueiro, defensor agrario y social

Publicado: 13 Mar 2014, 18:19
por serba
"Manuel Cerqueiro, defensor agrario y social"
http://www.farodevigo.es/opinion/2014/0 ... 84091.html