Xens / Gens

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Xens / Gens

Mensaje por maviac »

Neste caso non sei a qué carta quedar. O que hai que descartar é o étimo latino: a gens latina é unha cousa que non ten nada que ver co topónimo ou apelido que tratamos.
Dubido entre derivalo do nome Gens-Xens- Xenxo que son a mesma cousa, o San Ginés castelán, vamos, ou unha posible variación de Oxén, topónimo que ven de Eugenio, como Oxea de Eugenia..
A quen vexa o topónimo O Xen ido de Cea a Ourense non lle chame a atención mais que pola separación que fixeron como se fose artigo cando non o é.
Cumprimentos.
Responder