CELA
TOPONIMIA
BECERREÁ (Lugo) Agüeira (San Xoán) Cela
BOIMORTO (A Coruña) Sendelle (Santa María) Cela, A
CAMBRE (A Coruña) Cela (San Xulián) Ponte de Cela, A
CARBALLEDO (Lugo) Chouzán (Santo Estevo) Cela, A
CERVANTES (Lugo) Cereixedo (Santiago) Cela
CORGO, O (Lugo) Cela (San Xoán) Cela
FRIOL (Lugo) Seixón (San Paio) Cela
IRIXOA (A Coruña) Mántaras (Santa María) Cela
IRIXOA (A Coruña) Mántaras (Santa María) Outeiro de Cela, O
LOBIOS (Ourense) Cela, A (Santa María) Cela, A
PADRENDA (Ourense) Padrenda (San Cibrán) Cela de Abaixo
PADRENDA (Ourense) Padrenda (San Cibrán) Cela de Arriba
VILAFRANCA DO BIERZO (O Bierzo), Cela, Cela
DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO
Provincia da Coruña: 39 abonados
Provincia de Lugo: 60 abonados, algúns deles nos concellos de Friol e O Corgo
Eo-Navia: 0 abonados
O Bierzo: 50 abonados (dun total de 61 na provincia de León), nos concellos de Vilafranca do Bierzo, Ponferrada e Cacabelos na sua meirande parte.
Provincia de Ourense: 3 abonados
Provincia de Pontevedra: 32 abonados
LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Segundo a GEG, é de orixe galega. Levaron como brasóns:
1. En campo de ouro, un carballo de sinople, froitado de ouro e dous osos de sables pasantes ao pe do tronco. Bordura de goles con 5 flores de lis de ouro.
2. Dous xaquetes de mouro e unha cabeza atravesada por unha espada (descoñecense os esmaltes)
3. Xaquelado de 9 pezas, 5 de ouro e 4 de azur (recollido por Espinosa no "Apuntes gráficos de heráldica gallega")
OPINIÓN PERSOAL
Tratase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que semella ter varias orixes espalladas polo territorio nacional galego: Friol, Vilafranca do Bierzo, O Corgo...
Cela
significado de cela
Polo que teño entendido cela, ven do latin "cella", é dicir celda, que se aplicaba aos pequenos mosteiros. De aí seguramente a súa extensión.
Saúdos,
Roberto
Saúdos,
Roberto






