Página 1 de 1
Familia Cordal
Publicado: 12 Ago 2005, 17:34
por JorgeCordal
Despois de ler no listado de apelidos os comentarios sobre o meu (Cordal) non podo menos que respostar a quen se basea en Caridad Arias para explicar a forma irlandesa deste apelido. A proposta "Corazo´n-dall" non parece ser a forma irlandesa orixinaria no caso de habela, que tampouco parece estar confirmada. Se acaso a primeira parte proposta podería ser un semanario fotográfico dos que tanto abondan. Eu non atopei máis variante do Cordal irlandés que a forma Cordail, que é a forma usada para dar nome a unha xiga e un reel orixinarios desa localidade irlandesa. Segundo iso, poderíamos ter as voces Cor- e Corr- co significado de "cuiña" e como segunda parte Dall- Dail- que virían ser "escuro" ou "home cego" xa que logo, se nos poñemos a adiviñar sairía un topónimo e apelido irlandés cun significado parecido ó de "cuiña escura". En calquera caso non parece ser de moito interese a forma irlandesa nun foro de apelidos galegos e tamén sería bó que se fixesen comentarios cun pouco de criterio, e basearse en Caridad Arias non parece ser o mellor camiño para comentar cuestións lingüísticas cun pouco de seriedade.
Publicado: 16 Ago 2005, 12:45
por Tito11
As relacións de apelidos con irlanda son moi contadas. Eu non teño noticias de estas, sen embargo teño atopado outro apelido que podería ter relación con Cordal, e é Cordo. Os Cordo Rodriguez vivian en Bastavales, concello de Brión no s. XVII. Semella máis ben un apelido calificativo da persoa, como Trenco "coxo", e Cordo "o contrario de tolo, como en castelan cuerdo". Agora ben eu non podo asegurar que Cordal e Cordo teñan a mesma raiz, e a mesma semántica, como se fosen duas formas da mesma raiz, e si fose asi, ¿que sería antes, Cordo ou Cordal?
Cordal
Publicado: 18 Oct 2005, 16:49
por keizersdream
Hola a todos,
Tengo localizado a Francisco Cordal en el año 1.728 en la parroquia de Santa María La Real de Sar, Santiago.
Saludos,
José
Publicado: 18 Oct 2005, 19:26
por maviac
Efectivamente, procurar ligazons con Irlanda a traves dun apelido como Cordal semella un pouco temerario. Lembremos que o topónimo dese nome existe nos concellos de Abadín, As Pontes e Vilalba. Con iso debe ser suficiente para explicar a aparición do apelido, pero ademais a significación do topónimo parece explicable fácilmente por étimo latino, Cordal tería unha significación derivada de corda aplicado a unha pequena serra. En canto a Caridad Arias e as suas teorías.......no comment.
Cumprimentos.