Página 1 de 1
Ruña
Publicado: 15 Sep 2005, 09:11
por Tito11
Alguen ten noticias de este apelido. Eu encontreino a principios do s. XVIII nas inmediacións de Noia, Dª María Gonzalez de Moledo, mencionase en ocasións como Dª María Gonzalez da Ruña. Moledo e un apelido de orixen toponímico, xa que ela é natural de ese lugar en San Pedro de Outes, pero sobre da Ruña non teño ningunha pista..
Publicado: 30 Sep 2005, 17:12
por Tito11
Ruña, quizais sexa unha lectura deficiente de Raña, e Raña si que existe como toponimo cerca de Noia.
Ruña
Publicado: 13 Oct 2005, 01:14
por LoisDelhe
Ruña é com certeza de origem toponímica. Trata-se de uns montes (os Montes da Ruña) muito conhecidos na Terra do Jalhas, mais concretamente no concelho de Maçaricos, e onde hoje me parece que há instalados moinhos de vento ou aerogeradores, que lá chamam muito mais acaída e poeticamente, vira-ventos. O que agora ignoro, mas podo informar-me, se há qualquer aldeola por lá que leve esse nome, pois seria mais lógico para transcender como apelido.