Página 1 de 1

Sarmento / Sarmiento

Publicado: 20 Sep 2005, 17:53
por freire
Sarmiento é unha castelanización que case borrou do mapa a forma orixinal que é Sarmento e que así sigue a ser en Portugal.

Trátase dun antigo apelido galego procedente dun alcuño, alcume ou nomeada: sarmento “ramallo da viña especialmente cando é podado no inverno e está resequido”. A idea do alcuño reférese a algún tipo magro e retorto, o que logo se convertiría en apelido regular.

Este nome común sarmento vén do latín vulgar sarmentu, derivado do verbo sarpere “podar” que diptonga en castelán (sarmiento) pro non en galego (sarmento). No século XIII, Alfonso o Sabio sacou certo individuo Sarmento nunha súa cántiga profana: “...que nunca en nen un tempo trouxo tal Pero Sarmento”.

Fonte: X.L. Méndez Ferrín. Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. El Sábado. Faro de Vigo 4/6/2005