Almon

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
Anaisabelalmoniglesias
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 28 Nov 2005, 09:00
Contactar:

Almon

Mensaje por Anaisabelalmoniglesias »

Hola, por casualidade vin a paxina de vostede e gustaríame saber a procedencia do meu apelido, pois non teño coñocimento de ninguen que se apelide así e non teña que ver coa miña familia. Graziñas :lol:
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Apelido

Mensaje por kruzul »

Ola Ana:
Entendo que te refires ó apelido "ALMON" (esqueceuseche decilo).
Se non fose así, faino saber.
Avatar de Usuario
Anaisabelalmoniglesias
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 28 Nov 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Anaisabelalmoniglesias »

Ola Ricardo:
E verdade que esqueceume poñer o apelido!!!! É que son nova nesta páxina e ainda non "controlo" moi ben esto.
Como ben dis, o apelido a o que me refiro é "Almón".
Graziñas por darte conta e facermo saber.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Parece complicado; a única posibilidade que se me vén á mente explorar é a de que o apelido se relacione cun topónimo do concello de Ribeira, freguesía de Oleiros: Salmón.. Por unha banda estráñame que o topónimo teña que vér có peixe, por outra banda non é inusual que un topónimo se deforme cando pasa a orixinar un apelido. É moi hipotético pero pode ser un comezo, sobre todo se non hai consciencia na familia de que proceda de fora de Galiza ou de fora da zona costeira de Arousa que é onde vexo aos poucos portadores do apelido.
Cumprimentos.
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Almon

Mensaje por kruzul »

Ola:
Quen ten investigado ese apelido é Segundo Edgardo Acuña, aquí ten publicado un libro "La Familia Acuña de Catamarca" en Descargas Publicacions, i en Liñaxes:
LOS ALMON Y FIGUEROA DE LOURIZAN – PONTEVEDRA
Apuntes para su genealogía

http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... ent&id=257

No libro entre outras cousas di
"Doña Juana de Almon Coello y Torrado, madre de Francisco nacida en Pontevedra, cuyo primer apellido parecería ser de origen británico y todavía tiene cierta difusión en esa ciudad gallega, pertenecía por los Coello y Torrado a las familias de más arraigo de la Barbanza."

O "parecería" de Segundo supóñome que é por atopalo apelido tamén nesas terras.

Todos os de Pontevedra aparecen como "de Almon" tamén no FamilySearch que como curiosidade da uns "de Almon" no século XIII en Suiza do tipo "Waltheri de Almon" .
Avatar de Usuario
Anaisabelalmoniglesias
Novo
Novo
Mensajes: 3
Registrado: 28 Nov 2005, 09:00
Contactar:

Mensaje por Anaisabelalmoniglesias »

Ola:
Agradezo moito a vosa información, eu non teño moito coñocemento dos oríxenes da miña familia por parte do meu pai, o que si dixéronme é que un frei amigo do meu aboo, investigou o apelido e según dixo tiña a procedenza na Alemania.
E certo que este apelido atópase en Pontevedra, dalí somos os poucos
que o levamos, (que eu sepa) noutras cidades non atopei a ninguén, e iso que sempre que visito algunha cidade miro nás páxinas teléfonicas, por si
ouvera mais.
Teño moita curiosidade é agradezo moito a vosa axuda.
Saúdos
Ana Isabel Almón
Salamanca
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Mensaje por Milleiro »

DATOS DO ARQUIVO DO REINO DE GALIZA

1. DOMINGO ALMON CONTRA EL PROVISOR DE LA CIUDAD DE MONDOÑEDO. SOBRE FUERZA ECLESIASTICA SOBRE MERELEGOS. 1715 XVIII A REINO DE GALICIA
2. PERO ANTONIO BARCIELA, VECINO DE PONTEVEDRA, CON ROQUE DE ALMÓN FIGUEROA, COMISIONADO PARA UNA EJECUCIÓN A PETICIÓN DE FRANCISCO GONZÁLEZ, ARRENDATARIO DE LAS RENTAS DEL MAYORDOMAZGO, SOBRE EXCESO 1620 a 1812
Avatar de Usuario
kruzul
Administrador
Administrador
Mensajes: 2242
Registrado: 05 Oct 2001, 09:00
Ubicación: El Escorial - Madrid
Contactar:

Almon

Mensaje por kruzul »

Ola Ana:

Sobre o orixen alemán do apelido si atopei moita información nos foros anglosaxóns, pero no puxen pois non teño ningunha confirmación. É máis o significado do mesmo apelido según estas informacións sería "alemán". Unha páxina que resume o que vin podería ser esta (recolle fantasías e lendas, pero da unha idea):

Probable Origin of the Allman Surname
"The Allman family surname with it's various spellings (Alemann, Aleman, Alman, Allaman, Allemann, Alleman, Almon, Allmon, Almond, Almand, etc.) possibly derived it's origin from the Alemanni (the e is silent) tribe which first appeared in historical records in Germany around 211 AD when Emperor Caracalla ruled Rome."
http://freepages.genealogy.rootsweb.com ... rigin.html

Se buscas mesmo no Google podes ampliar o que estou a decir, verás que nese senso é moi habitual Allman/Almond/Almon aínda que arriba recollan moitas máis variantes.

Pero repito, non temos información que ligue todo esto cos de Pontevedra.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

O asunto está claro que é complexo, a existencia de documentos antigos que citan xente con este apelido como os que sinala Milleiro, vai en favor da antigüidade do apelido, pero o caracter alemán ou anglosaxón habería que comprobalo cunha pesquisa xenealóxica ata dar có primeiro. Sobre a posible procedencia de Allman, Almond, etc, non me pronuncio, ainda que a idea de que este apelido o haxa que remontar aos alamáns que atacan o Imperio romano con Caracalla, me resulta excesiva.
En fín a ver se aparece algunha clave nova. Eu procuraría esgotar a toponimia como fonte de orixe sen abandonar a outra alternativa de que sexa apelido importado.
Responder