Lago
Publicado: 07 Dic 2005, 17:55
No libro Linajes Galicianos, de Perez Constanti, aparece a información de Don Jacinto Pereira Mahia e Ocampo, en 1729. Despois de describir os seus pais e avos, e de onde eran naturais, di que esta emparentado con D. Gregorio de Sanmamed canonigo de Santiago e do seu tío, tamen do mesmo cargo, D. Francisco Sanmamed e Montaos. Tamen afirma que é familiar de esta ilustres personas atraves dos Lago. Decir tamen que estos personaxes son sobriños de D. Alonso de la Peña Montenegro, bispo de San Francisco de Quito, nacido en Padrón en 1596, e morto en Quito en 1687.
Por outro lado teño información de Gregorio de Castrigo e Sanmamed, que casara con Doña María Gomez Ortiz Pardiñas Villardefrancos. Posiblemente nacera cara 1610, e morreu en 1673. Era Procurador general da xurisdición de Altamira, e vivia no lugar de Castrigo, parroquia de San Xoan de Ortoño, actual concello de Ames. Pois ben Gregorio de Castrigo manda inscribir en 1669 no libro de fundacións de Ortoño, 8 misas pola alma da sua difunta nai Francisca de Lago, que debeu morrer cara 1640. O porque de 1669, é que quizais perdeuse o anterior libro de fundacións nun incendio.
Na veciña parroquia de Santo Tomé de Ames, na que casaron fillas de Gregorio de Castrigo, aparecen no medio do s. XVII persoas como Amaro Sanmamed e Lago, que utilizan ambos apelidos, ou matrimonios entre Sanmamed e Lago.
Consultei Lago, na obra do P. Crespo, pero non di nada de esta zona ó oeste de Santiago, e menos a emparenta cos Sanmamed, nin os decendentes do Bispo de Quito.
Se alguen tubera información do linaxe Lago, e as suas relacións no s. XVII cos Sanmamed, agradeceríao moito.