Familia Armesto
Publicado: 12 Dic 2005, 10:59
Don Antº Sanmamed e Castrigo, pide o rexemento de Santiago en 1710 carta de limpeza e filiación, porque pretende viaxar por Castela e pelegrinar a diversos santuarios, e despois probar fortuna e pasar a Nueva España.
O primeiro testigo que aporta é Don Antonio Suarez de Armesto, rexedor de Santiago, e procurador da cidade e das audiencias arzobispales. Decla que coñece ó "aspirante" e relata que é fillo de Miguel de Sanmamed e Antonia de Castrigo, moradores en San Fíns de Brión, xurisdición de Altamira, neto por via paterna de Domingo de Sanmamed e de Dominga de Chan, difuntos de Santo Tomé de Ames, e por via materna de Diego de Castrigo e Magdalena de Guisande, el morto e ela viuda, veciños que foron de San Xoán de Ortoño. Declara que os pais do pretendente estan emparentados con persoas de lustre do pais como os canónigos D. Francisco Sanmamed e Montaos, difunto, o seu sobriño D. Gregorio, e que estos son sobriños a sua vez do difunto bispo de Quito, e natural de Padrón D. Alonso de la Peña Montenegro. Tamen conta que Diego de Castrigo, avo do pretendente, foi un dos fillos de Gregorio de Castrigo e Sanmamed, e de María Gomez Ortiz Pardiñas Villardefrancos. De él di que foi procurador da xurisdición de Altamira, e unha persoa de moita "condición", e de ela di que procede do "Palacio e solar viexo de Cicere, en San Pedro de Cicere, xurisdición de Xallas, e dos Ortices de San Vicente de Aro, xurisdición de Barcala, "hixosdalgo notorios y de carta executoria". Ademáis conta que esto sabeo moi ben porque el, Don Antonio Suarez de Armesto, estibo casado con "nieta de hermana de Dª María Gomez Pardiñas Villardefrancos", e o final declara que él é de edade de 50 anos.
Non teño información da familia dos Armesto, linaxe fidalga santiaguesa, por eso busco información sobre esta muller. Quen era, como se chamaba, de onde procedia e que ascendencia tiña para poder chegar ós Ortiz de San Vicente de Aro. Casou con D. Antonio Suarez de Armesto, no último cuarto do s. XVII, e teria que ser veciña de Santiago.....