Página 1 de 1

Orde de apelidos portugueses

Publicado: 17 Dic 2005, 22:04
por kamarada
¿Alguén sabe qué apelido va primeiro nas familias portuguesas? Teño una dúbida grande ao respecto, pois despois de transcribir unos rexistros de nacemento duns ancestros nacidos no país veciño, atopo con dous casos diferentes: nun deles, a persona leva primeiro o apelido do pai pero, no outro, acontece o contrario. Leva primeiro o apelido da nai.
¿Alguén podería axudarme?
Estes son os dous casos:
- António Joaquim da Barje, fillo de Maria Joaquina da Barje e neto de Bernardo Lourenço e Maria Rosa da Barje. (apelido da avoa materna)
- Maria Rosa Gonzalves de Gerardo, filla de Francisco Gonzalves de Gerardo e Josefa Maria das Dores. Neta, por liña paterna, de Gerardo Gonzalves e Gertrudes Lagarteira e, pola materna, de Joao da Rosa Braga e Maria da Conceiçao. (apelido do pai).
¿Alguén podería aclararme o asunto?

Publicado: 18 Dic 2005, 09:53
por Milleiro
O primeiro que tes que nos contar é de que época estas a falar, posto que na Galiza a transmisión dos apelidos anteriores ao XVIII tamén ten a súa, pois non existe unha orde ou un sentido lóxico.
No 2º caso semella ser a transmisión típica de heredar o apelido paterno, mais no 1º hai que subliñar unha cousa: António Joaquim da Barje parece fillo bravo, nonsi? No caso de que non o sexa, tampouco é raro pois en Portugal si se deu a transmisión do apelido materno en detrimento do paterno en moitos casos.

Na Galiza, até o século XVIII, no XIX faise mais raro, as mulleres usaban tanto o apelido paterno como o materno dificultando, ás veces, saber si se trata da mesma persoa, noutros casos as mulleres só usan o apelido materno. En Portugal pasa outro anaco do mesmo, ainda que neste país se dan moitos casos de varóns adoptando o apelido materno, como xa comentaba antes.
No norte da provincia da Coruña e Lugo, danse moitísimos casos onde a liña femenina adoitaban usar o apelido materno durante moitas xeracións e os homes seguían coa tradición de coller o paterno.

Actualmente en Portugal, o 2º apelido é o paterno e é o que se hereda. Dame a impresión que na Galiza acontecia algo semellante, pois teñome atopado moitos casos nos séculos XVII e XVI onde o apelido dos fillos non coinciden cos dos pais, poidendo explicar esta cuestión. Dos casos que estou a falar son do Sur da Galiza onde non hai libros de bautismo que me axuden a confirmar esta hipótese.

Apelidos portugueses

Publicado: 18 Dic 2005, 12:01
por kruzul
Ola:

Eu teño unha liña portuguesa na miña árbore xenealóxica, e continuando co expresado por Xavier, na actualidade séguese en xeral a costume de que o segundo apelido é o segundo do pai e o primeiro o primeiro da nai, pero con máis liberdade que no sistema español (falando sempre da época actual de Rexistros Civís).

Estiven a mirar nas súas leises por de como o teñen agora. A obligatoriedade no Rexistro é máis recente que a nosa:
A partir do Código de 1911 (Decreto de 18 de Fevereiro de 1911) foram introduzidas profundas alterações na legislação então vigente, tendo sido estabelecido:
* o princípio da obrigatoriedade da inscrição no registo civil dos factos a ele sujeitos;
* que tal obrigatoriedade abrangeria todos os indivíduos independentemente da sua confissão religiosa;
* confiar a realização do registo a funcionários civis privativos;
E o sistema máis libre:
Apelidos - são escolhidos de entre os que pertençam a ambos, ou a só um dos pais, ou cujo uso qualquer um deles tenha direito (por ex. apelido do avó que não conste do nome do pai).

Nos termos do artigo 103º do Código de Registo Civil, o nome completo deve compor-se no máximo de seis vocábulos gramaticais, simples ou compostos, devendo dois corresponder a nomes próprios e quatro a apelidos.
Pódese ampliar na DGRN - Direcção-Geral dos Registos e do Notariado http://www.dgrn.mj.pt/civil/info_civ.asp que é de onde collín as citas.

Publicado: 18 Dic 2005, 18:56
por kamarada
Moitas gracias pola información. Comprendo que o tema é un pouco confuso.
As datas sobre as que me preguntaba Milleiro correspóndese a finais do século XIX (1867 e 1861, respectivamente). Ambos naceron no concello de Caminha.