Deibe

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Responder
Avatar de Usuario
bego-garcia-deibe
Novo
Novo
Mensajes: 4
Registrado: 08 Jun 2006, 09:00
Contactar:

Deibe

Mensaje por bego-garcia-deibe »

o que eu sei do apelido Deibe


Accedo por primeira vez a este foro, así que tal vez diga algo que quen o frecuente máis, xa coñeza.
Hai anos, unha das miñas irmás chegou á casa cun pergamiño destes que che facían ao momento nun hipermercado no que se contaba a hitoria do apelido que cadaquén desexaba consultar. A historia que viña impresa naquel papel, dicía que o apelido proviña de Francia, en primeiro termo e de Cataluña máis adiante, era un apelido que herdaban os que traballaban na casa que levaba ese nome "Deibe". Se miña irmá aínda conserva aquel documento procurarei dar unha maior información, porque agora falo de memorieta.
Con respecto á grafía, eu creo que dependía, como é evidente, dos escribáns de turno, na miña familia, as tres irmás somos DEIBE, as tres estamos inscritas en Coruña, miña nai e seus irmáns tamén son DEIBE, e están inscritos, imaxino que en Aranga, pero parte da familia de meu avó, oriunda de Aranga nesa xeración, que marchou para a comarca de Ferrol están repartidos entre "DEIVE" e "DEIBE".
Gracias pola atención, un saúdo.
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

Benvida, pois ao foro. No que atinxe ao teu apelido creo mais xuizosas as conclusións que neste enlace podes encontrar http://www.xenealoxia.org/modules.php?n ... tent&id=12
Trátase dunha explicación sobre a orixe do mesmo do colega de foro (menos activo desde hai un tempo) X. Milleiro e creo que resolve o problema sen necesidade de procurar en terras lonxincuas o que a rica (ata o exceso) toponimia galega nos presenta
Saudos.
Avatar de Usuario
bego-garcia-deibe
Novo
Novo
Mensajes: 4
Registrado: 08 Jun 2006, 09:00
Contactar:

orixe de Deibe

Mensaje por bego-garcia-deibe »

Estamos de acordo, eu tamén prefiro esa orixe, pero xa que se trata de compartir, pois iso, de todos os xeitos, a ver se así se anima o foro. Un saúdo
Responder