Edad Media -Mondoñedo-
Publicado: 28 Jun 2006, 08:51
Catedral de Mondoñedo. Siglos IX-XV
"Colección diplomática medieval do Arquivo da Catedral de Mondoñedo. Transcrición íntegra dos documentos"
D. Enrique Cal Pardo. -Editorial: Consello da Cultura Galega, 1999-
* SÉCULO IX
1: 4/1/871
Os irmáns Cresconio e Belesario fan unha doazón á Basílica de San Martiño, Santiago e Santa María de Belesar en tempos do bispo Rudesindo I de Mondoñedo.
* SÉCULO X
2: 18/7/916
O rei Ordoño II (914-924) e a súa esposa dona Xeloíra danlles ó bispo de Mondoñedo D. Sabarico II (907-922) e á súa igrexa a freguesía de Sta. M.ª de Mogor (Monachorum) e o val de Bares.
3: 13/8/916
O rei Ordoño II outórgalle ó bispo da sé dumiense de S. Martiño as igrexas das Ribeiras do río Miño e O Saviñao, Sta. Mariña de Barro, con Sta. Comba, a de S. Salvador e S. Cristovo, Sta. Ágata, Santiago de Lobeira (Xuvencos), Sta. Baia e S. Xoán de Ribeiras de Miño.
4: 18/5/922
O rei Ordoño II concédelle á igrexa de Mondoñedo a vila Mararia.
5: 18/5/922
O rei Ordoño II concédelle á igrexa de Mondoñedo, sita entre o río Ouro e o Masma, o val de Labrada.
6: 5/7/1002 (¿973?)
Iquilo, conversa, concédelle ó bispo mindoniense Armentario o mosteiro de Sta. Baia de Ermolfi, fundado no territorio de Euve e Masma, baixo o Monte Mondigo, con diversos lugares daquela zona.
7: 22/4/974
Doazón que Apala lles fai á Igrexa de Mondoñedo e ó seu bispo D. Teodomiro da vila Athani na ribeira do regueiro Guade, da vila Curbelarios e parte da vila de Sta. Baia, na faldra do Monte Negro.
* SÉCULO XI
8: 30/6/1095
Vimara Menéndez dóalle ó mosteiro de S. Miguel da Coelleira a terceira parte da igrexa de S. Xiao de Loiba e outra terceira parte da quinta, cos seus homes.
9: 21/8/1096
D. Raimundo, conde de Galicia, e a súa esposa dona Urraca, concédenlles a D. Gonzalo, bispo mindoniense (1071-1108) e á súa igrexa de S. Xiao de Nois as vilas de Trasmonte e Candine.
* SÉCULO XII
10: 28/8/1122
Traslado da concordia que o expresado ano asinaron, por unha parte, D. Diego Xelmírez, arcebispo de Santiago, e, pola outra, o bispo de Mondoñedo, D. Nuno Afonso (1112-1136), sobre os arciprestados de Salagia, Bisancos, Trasancos, Labacengos e Arros.
11: Palencia, 10/7/1124
O rei Afonso VII (1126-1157), xunto con súa nai a raíña D.ª Urraca (1109-1126), fai unha composición entre o bispo de Mondoñedo D. Nuño Afonso e a súa igrexa, por unha parte, e o conde D. Rodrigo Vélaz, pola outra, precisando as parroquias pertencentes a un e ó outro e as relacións co mosteiro de Vilanova de Lourenzá.
12: 1/6/1125
Privilexio do rei D. Afonso VII ó bispo de Mondoñedo D. Nuño Afonso e á súa igrexa valibriense, concedéndolles tódolos bens e posesións tanto da antiga sé de S. Martiño como da nova de Vilamaior (actual Mondoñedo)
13: 21/5/1128
Convenio entre o bispo de Mondoñedo D. Nuño Afonso e o conde D. Rodrigo Vélaz polo que se dividen as terras e posesións pertencentes a un e ó outro. Cede a igrexa de Mondoñedo a metade do mosteiro de Vilanova de Lourenzá e recibe, en compensación, un novo couto.
14: 1143
O bispo de Mondoñedo D. Pelaio I (1136-1154) concédelles ó prior D. Pedro Rodríguez, a seus irmáns e a tódolos que fosen da súa comunidade a igrexa de S. Xoán de Silvosa para o mosteiro de monxes que alí se ía construír baixo a regra de S. Bieito.
15: Peñafiel, 28/10/1156
O emperador Afonso VII confírmalles ó bispo de Mondoñedo D. Pedro I (1155-1167) e ós seus sucesores tódolos coutos tanto antigos coma novos e outorgalle a Vilamaior, actual Mondoñedo, o foro de León, o título de cidade e o dereito de ter feira tódolos primeiros de mes.
16: Lugo, marzo de 1164
O rei D. Fernando II de León concédelle ó conde D. Álvaro o vilar de Coreses, sito en terras de Montenegro, cerca de Elgidi.
17: 23/8/1164
Troco realizado, con consentimento do rei D. Fernando II, entre o conde D. Álvaro, por unha parte, e o bispo D. Pedro, do Cabido da Catedral, por outra, en virtude do cal o primeiro concédelles ó prelado e á súa sé a igrexa de S. Pedro de Mor, a metade da de S. Xurxo de Lourenzá e de S. Martiño de Ferreiros, e este outorgalle a aquel as parroquias de Santiago de Vigo-Ribadeo, Vilaselán e S. Xoán de Piñeira.
18: Santiago de Compostela, 14/4/1165
O rei D. Fernando II concédelle ó conde D. Álvaro a freguesía de S. Pedro de Mor a fin de que el lla poida cambiar ó bispo de Mondoñedo. Concédelle, igualmente, o couto do vilar de Caureses.
19: Tui, 18/3/1170
O rei Fernando II concédelles á sé mindoniense e ó seu bispo D. Xoán (1170-1173) o Castelo de Portela, que debería construírse de novo para que a igrexa o gozase perpetuamente.
20: Salamanca, 10/9/1178
O rei Fernando II manda que se lles restitúan á igrexa de Mondoñedo e ó seu bispo Rabinato tódalas posesións que lle foran usurpadas en tempos dos bispos D. Pedro e D. Xoán, tanto dentro da diocese coma fóra dela, a saber, en terras de Santiago, Lugo, Ourense e Oviedo; aproba a concordia realizada entre o bispo D. Pedro e a condesa D.ª Sancha e confirma tódolos seus dereitos, excepto o Castelo de Portela, que manda derrubar.
21: Zamora, agosto 1179
O rei D. Fernando II de León concédelle ó seu mestre Pelaio Eniguiz, cóengo de Mondoñedo, toda a voz rexia e todo o caritel da igrexa de S. Xurxo de Lourenzá, coa condición de que, despois da súa morte, pase á igrexa de Mondoñedo.
22: Villalpando, xullo 1181
O rei Fernando II, concédelle ó seu notario, o mestre Bernardo, todo o que posuía en Sta. Comba de Duancos, coa condición de que, despois da súa morte, pase á igrexa de Mondoñedo, ó seu bispo Rabinato (1177-1199) e ó Cabido de cóengos.
23: Vilafranca, 25/7/1182
Privilexio do rei D. Fernando II á poboación de Ribadeo para levar a cabo a translación da sé mindoniense desde Vilamaior á expresada poboación de Ribadeo, traspasando o dominio da referida vila a D. Rabinato, bispo de Mondoñedo. No mesmo documento figura o instrumento de venda que o conde D. Rodrigo lles fai ó expresado rei e bispo.
24: Benavente, 8/7/1183
Traslado feito polo notario PEDRO NOVO dun privilexio do rei D. Fernando II, polo que lles devolve á Catedral de Mondoñedo e ó seu bispo D. Rabinato a igrexa de Santiago de Vigo, Sta. M.ª de Vilaselán e S. Xoán de Piñeira, das que foran desposuídos enganosamente os bispos mindonienses, so pretexto dun cambio con outras herdades pertencentes ó patrimonio real.
* SÉCULO XIII
25: Toro, 25/4/1202
O rei D. Alfonso IX de León (1188-1230) concédelles á igrexa de Mondoñedo e ó seu bispo D. Pelaio II de Cebeira (1199-1218) o Castelo de Portela con todo o couto de Vilarente e recibe, en compensación, a vila de Cobelas, Asanza, Vilela, a metade de Cedofeita e a herdade de Bárcena, que o bispo D. Rabinato lle dera ó conde D. Gómez a cambio do Castelo de Folgoso. O monarca recibe, igualmente, o couto de Sta. Baia da Devesa, a vila de Vilaframir, a herdade de Sta. M.ª do Monte e a igrexa de Piñeira coa herdade de Vilaselán.
26: 18/2/1205
LOPE FERNÁNDEZ dóalle ó Cabido da Catedral de Mondoñedo certas herdades situadas en Vilamor, S. Xurxo de Lourenzá, S. Xoán de Vilarente, cunha casa de Vilamaior, para que celebren un aniversario pola súa alma e a da súa dona URRACA PÉREZ, sendo bispo D. Pelaio II de Cebeira.
27: 23/8/ 1207(?)
Carta de venda-doazón que lle fai PEDRO LORENZO a MARTIÑO NÚÑEZ, crego, da herdade de S. Vicente de Marantanes, Sta. Cristina de Nomicio, Sto. Andrés de Varcenela, S. Miguel de Grandal e Santiago de Voado. Proviñan estas herdades de seus pais e do cardeal Arias e de MARTIÑO PÉREZ, chamado Bregancia.
28: Lugo, 24/2/1209
Privilexio do rei Alfonso IX polo que lles concede ó bispo de Mondoñedo D. Pelaio II de Cebeira e á súa sé tódolos muíños que se construísen en Ribadeo. Outórgalle, igualmente, a facultade de conduci-las augas ós muíños de referencia polos lugares que estime convenientes.
29: 18/3/1216
O arcediago de Fonte do Miño e o cóengo GARCÍA PÉREZ outorgan escritura en virtude da cal lle conceden á sé mindoniense todo o que posuían na igrexa de Sta. Baia da Devesa.
30: Vilamaior-Mondoñedo, 11/9/1217
Carta de foro e licencia concedida polo cabido de Mondoñedo, o seu arcediago Pelaio e o seu deán Estevo a favor de tódolos que quixesen vir poboar Vilamaior e o Pumar de Canónica, ós que se lles outorgan os privilexios e foros de León e o dereito ó uso dos montes bravos.
31: Santiago, 20/2/1232
O rei Fernando III (1230-1252) confirma o convenio levado a cabo entre o bispo de Mondoñedo D. Martiño (1219-1248) e o concello de Viveiro en 1223.
32: Vilamaior-Mondoñedo, 2/1/1233
D. Martiño, bispo de Mondoñedo, co consentimento do Cabido, funda unha capelanía perpetua na capela da Santísima Trindade, construída por el no claustro da Catedral, para que un capelán celebre unha misa diaria nela, quen, ó mesmo tempo, debía servir na alberguería (hospital) de Mondoñedo.
33: Ortigueira, "in populatione noua", 11/8/1235
Traslado notarial dunha carta, con catro selos, outorgada por D. RODRIGO GÓMEZ e a súa esposa D.ª MAIOR AFONSO, pola que lle conceden ó bispo de Mondoñedo, D. Martiño, a facenda que tiñan en Ortigueira.
34: Lugo, 6/4/1249
Sentencia arbitrada polo bispo de Lugo, D. Miguel, no litixio sostido, dunha parte, polo bispo de Mondoñedo D. XOÁN SEBASTIANES (1248-1261), e, da outra, polo abade do mosteiro de Meira. D. EMERICO, sobre o castelo existente entre Guarda e Gueimonde.
35: S. Martiño de Mondoñedo, 2/4/1251
O bispo de Mondoñedo, D. Xoán II Sebastianes, concédelles ós cóengos da súa Catedral os réditos e proveitos dos seus beneficios desde o día do falecemento de cada un ata o sexto mes ("Median annata post obitum", di no dorso).
36: Medina del Campo, 3/6/1258
Sentencia dada polo rei D. Afonso X o Sabio pola que manda que os veciños de Sta. M.ª de Chavín, S. Pedro de Viveiro e Sto. Estevo de Valcarría lles paguen ó bispo de Mondoñedo e ó Cabido a martinega que xa pagaban en tempo do seu avó D. Afonso e como o pagaban na vila de Viveiro.
37: Sevilla, 24/8/1260
Despacho do rei Afonso X o Sabio polo que se absolve ó bispo de Mondoñedo da queixa e demanda que contra el interpuxera ROY PERES, como apoderado do concello da Ponte de Viveiro, sobre o portádego reclamado polo prelado.
38: Sevilla, 23/3/1261
Traslado notarial dun privilexio do rei Afonso X o Sabio polo que confirma o outorgado polo seu avó Afonso IX, que se transcribe integramente, e ratifica a concesión do foro de Benavente ós poboadores do Valadouro.
39: Vilamaior-Mondoñedo, 27/7/1261
O bispo de Mondoñedo, D. Nuno II (1261-1286), maniféstalles ós veciños de Santiago de Nindín (Lindín) que lle concede ó Cabido da Catedral mindoniense a igrexa da devandita freguesía con tódolos seus dereitos e pertenzas.
40: 16/11/1266 (1269?)
O arcediago de Viveiro, mestre Domingos, deu sentencia nunha cuestión suscitada entre o crego LOPE RODRÍGUEZ e VIVIANO PÉREZ, presbítero, sobre certas pertenzas e dereituras da igrexa de S. Tirso de Vilachá.
41: Vilamaior-Mondoñedo
Escritura de concordia outorgada entre o bispo de Mondoñedo, D. Nuno II, e o Cabido, por unha parte, e o concello de Ribadeo, pola outra, en virtude da cal o mencionado bispo e Cabido se comprometen a poñer na igrexa daquela vila un cóengo e catro racioneiros para o seu servicio.
42: Murcia, 17/12/1271
O rei Afonso X o Sabio transcribe integramente unha carta súa do 9 de outubro de 1258, pola que mandaba ós concellos de Viveiro e Ribadeo paga-lo portádego ó bispo de Mondoñedo. Pero, dado que a carta estaba escrita en "pergamino de panno", a pedimento do bispo D. Nuno II, estendeu unha nova carta, na data arriba indicada, en pergamiño de coiro.
43: Burgos, 13/2/1274
Carta do rei Afonso X o Sabio pola que lle manda ó adiantado maior de Galicia, D. ESTEVO FERNÁNDEZ, que procure que os moradores da terra de Mondoñedo paguen ó seu bispo D. Nuno II o dereito da martinega. A carta, que levaba a data do 5 de decembro de 1271, estaba escrita en papel e o prelado pídelle que lla trascriba en pergamiño, ó que o monarca accede.
44: 28/5/1275
Carta de venda que fixeron ó bispo de Mondoñedo D. Nuno II PEDRO SEBASCHÁNEZ e a súa dona TAREIXA PÉREZ das herdades que tiñan en S. Xoán de Vilarente. O bispo, pola súa vez, entregoulles 40 soldos afonsinos. MARÍA FERNÁNDEZ DE ZAIÓN vendeulle, así mesmo, ó devandito prelado o seu quiñón da mencionada igrexa en 20 soldos afonsinos.
45: Vilamaior-Mondoñedo, 24/1/1274
Doazón feita polo bispo de Mondoñedo, D. Nuno II, ó Cabido da Catedral mindoniense dos dereitos da igrexa de Sta. M.ª de Viveiro con destino ós matíns da devandita Catedral.
46: Vilamaior-Mondoñedo
O bispo D. Nuno II concédelle novamente ó Cabido da Catedral de Mondoñedo os froitos da igrexa de Sta. M.ª de Viveiro con destino ós asistentes ós matíns.
47: Vilamaior-Mondoñedo
MARÍA PÉREZ, viúva de PEDRO MARTÍN, véndelle a D. PEDRO MARTÍN, mestrescola da Catedral mindoniense, a metade da herdade e souto que estaba sobre o río Sixto, en 1750 soldos afonsinos brancos.
48: Vilamaior- Mondoñedo
O bispo D. Nuno II revoga as provisións de patrimonios que fixera ó sentirse enfermo, a excepción daquelas que foran feitas para satisfacción de débedas.
49: Valladolid, 12/5/1282
Privilexio concedido polo infante Sancho (IV), fillo maior de Afonso X o Sabio, polo que confirma tódolos anteriores privilexios e exencións que os monarcas outorgaron á igrexa de Mondoñedo (Cf. Doc. 102).
50: Vilamaior-Mondoñedo, 31/1/1283
O bispo de Mondoñedo, D. Nuno II, con consentimento do Cabido, establece que os cóengos e racioneiros da Catedral, tanto ricos coma pobres, que no tempo da súa morte asistisen ás funcións corais, poidan percibi-los froitos da súa prebenda por espacio de 40 días e, rematados estes, a metade dos mesmos durante un ano, a partir do día do seu falecemento.
51: Vilamaior-Mondoñedo, 3/7/1284
Convenio entre o bispo D. Nuno II e o Cabido da súa Catedral polo que aquel lles concede a este e á súa Mesa Capitular todo o dereito que tiña no casal de Barro, situado en Valiño (Mondoñedo).
52: Viveiro, 29/11/1284
Mandamento de D. XOÁN FERNÁNDEZ, meiriño maior de Galicia, polo que, de conformidade cunha sentencia do adiantado maior de Galicia, D. ESTEVO FERNÁNDEZ, amparou á igrexa de Mondoñedo no uso dos montes de Lieiro e S. Salvador do Monte, que eran propios da devandita igrexa.
53: Vilamaior-Mondoñedo, 17/11/1289
Alugamento que fixo XOÁN VIDAL, deán da Catedral de Mondoñedo, a favor de FERNANDO ARIAS DE RIBADEO da metade da igrexa de Cedofeita na cantidade de 1400 soldos anuais, que se destinarían ás cinco procesións fundadas polo bispo D. Nuno II, a 280 soldos cada unha.
54: Vilamaior-Mondoñedo, 11/3/1290
Traslado notarial (a. 1297) das constitucións da Catedral de Mondoñedo, feitas polo bispo D. Nuno II e o Cabido en 1262, e dunha providencia do bispo D. Álvaro (1286-1297) e do Cabido, da expresada data de 1290, pola que privaron de tódolos honores eclesiásticos a GARCÍA SÁNCHEZ DAS RIBEIRAS DE MIRANDA, por dar morte a LOPE ALONSO, defensor e comendador da igrexa.
55: Sta. M.ª de Advento, Vilamaior-Mondoñedo, 1291
MARÍA GONZÁLEZ, viúva de XOÁN TOURO, outorgoulle ó chantre da Catedral de Mondoñedo a posesión da metade do quiñón dunhas casas que tiña no Curral de Vilamaior-Mondoñedo.
56: Viveiro, 17/12/1291
Testemuño dado polo notario de Viveiro, FERNÁN EANES, sobre o alugamento do "cuarto servicio de la sacada de Mondoñedo" feito polo rei D. Sancho IV ó bispo de Mondoñedo D. Álvaro. Transcríbese integramente: 1) Carta do expresado rei D. Sancho IV (1284-1295) de 1291; 2) Carta do mencionado bispo D. Álvaro do mesmo ano 1291; 3) Nova carta do rei no mismo ano; e, finalmente, 4) Outra carta do mesmo monarca do mes de outubro do mesmo ano.
57: Vilamaior-Mondoñedo, 11/11/1293
Testemuño dado por PEDRO YÁÑEZ de ter recibido do deán da Catedral, ABRIL YÁÑEZ, e do Cabido 1200 marabedís. Para este fin propuxo como garantía a viña chamada de Fontela (Mondoñedo).
58: Vilamaior-Mondoñedo, 29/8/1294
Arrendamento que fixo o deán ABRIL YANES a favor de varias persoas da herdade de Amido, sita en Pelourín (Mondoñedo) en 17 soldos anuais.
59: Guadalaxara, 8/2/1295 (1305?)
O rei Fernando IV de Castela (1295-1312) transcribe unha carta de seu pai Sancho IV, de 1282, que, pola súa vez, transcribe outra de Alfonso X o Sabio de 1272 e outra súa (Sancho IV) de 1278, polas que se confirman tódolos antigos privilexios dos bispos e da igrexa de Mondoñedo, mandando, en concreto, ós adiantados maiores de Galicia que non pidan xantar nas terras da expresada igrexa de Mondoñedo.
60: Vilamaior-Mondoñedo, 26/12/1295 (1294?)
PEDRO YÁÑEZ manifesta ter recibido do Cabido 1200 marabedís, coa fianza da súa viña de Fontela (Mondoñedo) (Cf. Doc. 57), e, en vista de que non podía continuar entregando os tres soldos diarios, renuncia á viña e ós outros lugares e entrégaos definitivamente o Cabido.
61: Cuéllar, 22/2/1297
Privilexio de Fernando IV, rei de Castela e León, polo que lles confirma ó bispo de Mondoñedo D. Álvaro Gómez (1287-1297) e á súa igrexa tódalas gracias outorgadas polos monarcas anteriores.
62: Vilamaior-Mondoñedo, 1/5/1297
Troco entre AFONSO MARTÍNEZ e o Cabido da Catedral de Mondoñedo en virtude do cal o segundo concédelle ó primeiro a herdade de Reeme, doada polo bispo D. Nuno II, e o primeiro concédelle, pola súa vez, ó segundo, con destino á fundación realizada por este bispo, as propiedades que posuía en Vilamaior-Mondoñedo (casas da Rúa da Fonte) e arredores (Cas, Cesuras, Don Goyn).
63: Vilamaior-Mondoñedo, 26/1/1298
Documento de troco en virtude do cal MIGUEL SUÁREZ e a súa dona MARÍA PÉREZ lle entregaron ó Cabido da Catedral de Mondoñedo as viñas que tiñan en Carroceira (Mondoñedo) e este entregoulles a aqueles as herdades que perteneceran a PEDRO OVÉQUEZ. Pouco despois, os referidos esposos vendéronlle ó citado Cabido o quiñón que posuían na casa da Rúa de Sendín.
* SÉCULO XIV
64: Viveiro, 2/10/1303
Confirmación que, a pedimento do bispo D. Rodrigo (1298-1318), fixo o Infante e adiantado maior de Galicia D. Felipe, fillo do rei D. Sancho IV, das sentencias que dera o adiantado maior e o meiriño maior de Galicia (Cf. Doc. n.º 52) a favor do bispo e Cabido de Mondoñedo para que ninguén cortase nin se entrometese nos montes de S. Salvador do Monte e Lieiro.
65: Vilamaior-Mondoñedo, año 1304
Concordia realizada entre o Cabido de Mondoñedo, dunha parte, e XOÁN DOMÍNGUEZ, da outra, sobre as casas da Rúa dos Ferreiros que pertenceran ó cóengo XOÁN PAES e as da Rúa de Batitalas. O Cabido quedou coas casas de ámbalas rúas e deulle á outra parte outra casa da Rúa dos Ferreiros e unha herdade sita en Subcastro.
66: Riotorto, 8/10/1305
Convenio entre o bispo de Mondoñedo D. Rodrigo e o Cabido, dunha parte, e FERNÁN PÉREZ DO PAAZO, da outra, pola que se comprometen a axudar uns ós outros. FERNÁN PÉREZ comprométese, así mesmo, a non construír fortaleza ningunha no couto de Riotorto.
67: Guadalaxara, 6/2/1305
Sobrecarta do rei Fernando IV, na que se transcribe unha carta de seu pai Sancho IV, quen, á vista dos privilexios que lle foran presentados polo bispo de Mondoñedo, fai unha enumeración de todos eles, que ascenden a 18.
68: Guadalaxara, 12/2/1305
O rei Fernando IV dispón que a sé mindoniense goce da metade das moedas, servicios, pedidos e peitas que debían da-los moradores das terras do rei.
69: Vilamaior-Mondoñedo, 23/12/1305
Convenio entre o arcediago de Viveiro, o cura de Sta. M.ª de Viveiro e o Cabido da Catedral de Mondoñedo sobre a percepción de décimos dos moradores dos chamados Montes de Sor.
70: Valladolid, 27/3/1306
Carta do rei Fernando IV, dirixida ó bispo de Mondoñedo D. Rodrigo, pola que confirma tódolos privilexios da sé mindoniense e manda que lle sexan recoñecidos por aqueles que querían conculcalos.
71: Vilamaior-Mondoñedo, 16/3/1307
Carta pola que PEDRO FERNÁNDEZ DE VALORIA lles vende a MARTIÑO PELÁEZ, mestrescola, e a outros cóengos de Mondoñedo, cumpridores do falecido MARTIÑO GONZÁLEZ, arcediago de Azúmara, a metade da horta e viña que tiña en Labacido, para custear coa súa renda o aniversario do devandito arcediago.
72: Viveiro, 24/3/1309
O bispo D. Rodrigo afóralle-la metade do casal de Vilanova, sito nas parroquias de Galdo e Landrove, a FERNANDO BONOME e á súa dona MAIOR FERNÁNDEZ, veciños de Viveiro, polos días da súa vida, en 250 marabedís anuais. Transcríbense varios documentos verbo diso.
73: Vilamaior-Mondoñedo, 15/7/1310
MACÍA ÁLVAREZ, racioneiro da Catedral de Mondoñedo, desembarga ó Cabido as casas que pertenceran a ROI GARCÍA, chantre da mesma Catedral, sitas na Rúa de Batitalas.
74: Palencia, 20/3/1311
Carta do rei Fernando IV pola que confirma tódalas mercés e gracias concedidas polos seus antepasados ós bispos e estado eclesiástico de España tocante á conservación da súa inmunidade, das súas exencións e privilexios.
75: Valladolid, 2/6/1311
O rei D. Fernando IV, en atención ós servicios recibidos do bispo de Mondoñedo D. Rodrigo, concédelles a este e ós seus sucesores o meiriñado de Mondoñedo, como viñan xa gozando os bispos mindonienses. Concédelles, igualmente, a metade das notarías de Viveiro e Ribadeo.
76: Zamora, 20/7/1311
Carta de D. Martiño, bispo de Braga, dirixida a D. Rodrigo, bispo de Mondoñedo, na que lle comunica que se queixou o clero da diocese mindoniense de que os arcediagos non facían persoalmente as visitas ás parroquias senón por medio doutros sacerdotes, que recibían integramente os dereitos de procuración.
77: Vilamaior-Mondoñedo, 21/8/1311
XOÁN MARTÍNEZ QUIADA véndelle a MARTÍN FERNÁNDEZ SACIDO a oitava parte que tiña na igrexa de S. Pedro de Viveiro e a metade dunha herdade sita na devandita freguesía.
78: S. Pedro de Cangas, 22/1/1313
D. XOÁN FERNÁNDEZ, cóengo de Santiago de Compostela, cédelle a D. Rodrigo, bispo de Mondoñedo, a terceira parte da igrexa de Sta. M.ª de Miño.
79: Vilamaior-Mondoñedo, 2/1/1314
O bispo de Mondoñedo D. Rodrigo e o Cabido da Catedral dispoñen que tódalas melloras introducidas polos administradores nas rendas das administracións da devandita Catedral queden a favor das respectivas administracións.
80: Toro, 20/8/1316
Carta do monarca Afonso XI (1312-1350) pola que lles outorga ó bispo de Mondoñedo D. Rodrigo e á súa igrexa a confirmación de tódolos privilexios, apartándose das demandas que tiñan feitas ó reguengo que pasara a abadengo.
81: Vilamaior-Mondoñedo, 17/3/1317
MARINA PELAES DE MARIZ concédelles ó bispo de Mondoñedo D. Rodrigo e á súa igrexa a sétima parte da igrexa de Abeledo.
82: Vilamaior-Mondoñedo, 23/8/1317
O bispo de Mondoñedo D. Rodrigo outorgoulles ás dignidades, cóengos e racioneiros da Catedral mindoniense a igrexa de Santiago de Viveiro cos seus froitos, a excepción dos froitos que da mencionada igrexa gozaba o cóengo XOÁN JUÁNIZ e o crego MARTIÑO ASENSIO. En sinal de agradecemento, o Cabido adscribiu catro racioneiros á capela de San Xurxo, fundada na Catedral polo referido bispo.
83: Vilamaior-Mondoñedo, 6/9/1317
Convenio entre o bispo de Mondoñedo D. Rodrigo e o Cabido, dunha parte, e D. GUTIERRE, fillo de FERNÁN PÉREZ PONÇO, da outra, polo que se obrigan mutuamente, como o fixeran en tempos do pai deste, á defensa mutua, especialmente contra LOPO NÚÑEZ DE MONTENEGRO (Cf. Doc. n.º 65).
84: Vilamaior-Mondoñedo, 10/3/1321
Testamento de TAREIXA PÉREZ, dona de FERNANDO AMADO, polo que lle mandou ó Cabido que celebre un aniversario de 12 soldos, gravando para iso o seu sobrado da Rúa dos Ferreiros. Deixou mandas para o convento de S. Francisco de Lugo.
85: Vilanova de Lourenzá, 6/1/1322
O vigairo xeral do bispado de Mondoñedo D. GARCÍA PÉREZ confirelle a terceira parte da igrexa de S. Xurxo de Lourenzá a SANTIAGO PÉREZ, crego e alumno do bispo.
86: Valladolid, 15/2/1326
Privilexio que o rei Afonso XI de Castela (1312-1350) expediu nas Cortes de Valladolid a favor das igrexas e mosteiros de España contra os que violentamente usurpaban as súas terras e posesións. Destinouse esta copia ó bispo de Mondoñedo D. Gonzalo (1319-1326).
87: Valladolid, 16/2/1326
Privilexio do rei Afonso XI no que transcribe e confirma outro de seu pai Fernando IV, dado en Cuéllar en 1297 (Cf. Doc. n.º 60).
87A: 18/12/1329
DIEGO MARTÍNEZ, chamado BACORO, véndelle a RODRIGO FERNÁNDEZ DA COSTA un tercio da metade da viña de Carroceira, sita en Vilamaior, en 100 marabedís.
88: Olmedo, 20/9/1329
Carta do monarca Afonso XI pola que confirma tódolos privilexios da igrexa de Mondoñedo e trascribe para o efecto tres cartas reais: a de Afonso X o Sabio, de 1271; a de Sancho IV o Bravo -Infante daquela-, de 1278; e a de Fernando IV, de 1295 (Cf. Doc. n.º 59).
89: Vilamaior-Mondoñedo, 27/2/1331
Documento de foro outorgado polo Cabido mindoniense a favor de XOÁN MIGUÉLEZ dunha herdade destinada a viña, sita en Pumariño (Mondoñedo), en canon foral da cuarta parte do viño e da froita dos árbores.
90: Burgos, 29/6/1332
Carta de Afonso XI, na que transcribe outra súa e outra de seu pai Fernando IV, quen, pola súa vez, transcribe outra de seu avó Afonso X o Sabio, e este, pola súa vez, outra de seu avó Afonso IX, pola que se conceden ou confirman ás monxas de Santa Comba de Orrea certos dereitos e exencións de tributos.
90A: Vilamaior-Mondoñedo, 7/3/1333
Paulucho, cóengo de Mondoñedo, concédelle ó Cabido un casario sito en Mariz (Mondoñedo), que entregaría despois da súa morte, coa condición de que os cóengos fixesen tres procesións, con responso, sobre a sepultura do bispo D. Rodrigo e sobre a súa, unha vez falecido.
91: Santiago de Compostela-Rupeforte, 10/5/1334
Tramitación xudicial ante o arcebispo de Santiago D. Xoán II dun litixio xurdido entre o prior do convento de S. Domingo de Viveiro e o gardián do de S. Francisco da mesma localidade, dunha parte, e os capeláns das igrexas de Sta. María e Santiago da mesma vila de Viveiro, da outra. Nela transcríbense diversos documentos achegados ante o referido xuíz.
92: Vilamaior-Mondoñedo, 19/2/1335
Escritura de venda, outorgada por AFONSO DOMÍNGUEZ a favor do cóengo Paulucho, dunha herdade sita en Fondoso (Mondoñedo).
93: Vilamaior-Mondoñedo, 20/10/1342
Escritura de venda outorgada por AFONSE EANES, notario, a favor de MARÍA GARDADA, criada do crego de Meirás, DOMINGOS FRADE, das súas casas da Rúa da Fonte (Mondoñedo).
94: Ribadeo, 5/10/1343
Convenio entre Fernán Fernández, cóengo de Astorga, procurador de D. Vasco, bispo de Mondoñedo, e os veciños da vila de Ribadeo sobre as viñas, casas, prazas e chantados, esquilmos e rendas. Inclúese, ó comezo, carta de poder do mencionado bispo ó referido cóengo e outra do Cabido mindoniense a favor do seu procurador ARAS PÉREZ.
95: Bretoña, 2/12/1346
Cláusula do testamento de PEDRO MASEDA, veciño de Bretoña, pola que lega ó mosteiro de Sta. Comba de Orrea varias propiedades que posuía en Seselle e Fitoiro (Bretoña).
96: Vilamaior-Mondoñedo, 5/5/1348
Escritura de foro outorgada polo bispo D. Afonso Sánchez (1347-1366) e o Cabido do Castelo e terreos de Miranda e do celeiro de Silva a favor de XOÁN FERNÁNDEZ DE BOLAÑO e a súa dona Constanza.
97: Pontedeume, 15/10/1349
Traslado dun documento de cesión outorgado por ROI FREIRE DE ANDRADE e a súa dona MARÍA BICOS a favor do bispo e Cabido de Mondoñedo dun casal que tiñan en Ortigueira, freguesía de Nandoi.
97A: Vilamaior-Mondoñedo, 18/8/1350
Advertencia feita no sínodo diocesano sobre as décimas concedidas polo Papa ó rei de España e que moitos cregos non entregaran, polo cal incorreran nas penas de excomuñón contidas nas bulas pontificias.
98: Vilamaior-Mondoñedo, 5/4/1351
Convenio entre o cóengo ROI DÍAZ, rector da igrexa de Sta. M.ª de Viveiro, e ALONSO GARCÍA, rector da de Santiago da mesma vila, sobre enterramentos nesta última igrexa.
99: Valladolid, 15/10/1351
Privilexio do rei D. Pedro I de Castela, no que confirma tódalas mercés e privilexios que os reis anteriores concederan ós bispos e Cabido de Mondoñedo.
100: Valladolid, 20/10/1351
Privilexio do rei D. Pedro I, polo que que confirma e transcribe os outorgados por Afonso XI en 1338, por Fernando IV en 1305 e por Sancho IV en 1286, no que se resumen 18 privilexios anteriores (Cf. Doc. n.º 67).
101: Valladolid, 15/12/1351
Confirmación dos privilexios que o rei D. Pedro I fixo ó mosteiro de "Donas" de Sta. Comba de Orrea, na que transcribe unha carta de Afonso IX de León de 1220 (1219?), outra de Afonso X o Sabio de 1265, outra de Fernando IV de 1304 e dúas de Afonso XI, de 1317 e de 1332 (Cf. doc. n.º 90, no que se atopa a transcrición de todas estas cartas).
102: León, 15/6/1352
Privilexio de Pedro I no que confirma e transcribe un documento de Afonso X o Sabio de 1272, outro do Infante D. Sancho de 1278, outro do rei D. Sancho IV de 1282, outro de D. Fernando IV de 1295 e outro de Afonso XI de 1329, polos que se manda ós adiantados maiores de Galicia tratar mellor ós moradores das terras da igrexa de Mondoñedo.
103: León, 19/6/1352
Carta do rei D. Pedro I, na que transcribe outra de D. Fernando IV, de 1305 (1295?), e na que confirma, trala pescuda realizada polo prior do mosteiro da Orde de Predicadores da cidade de Santiago, o privilexio da metade dos servicios e moedas outorgado ós bispos de Mondoñedo.
104: Vilamaior-Mondoñedo, 25/7/1353
Despacho librado polo bispo de Mondoñedo, D. Afonso Sánchez (1347-1366), a favor de FERNANDO EANES, presbítero, para que lle desen posesión do primeiro curato que estivese libre na diocese e fose de presentación do mosteiro de S. Martiño de Xubia, en virtude da bula pontificia de Inocencio VI (1352-1362), que se transcribe.
105: Vilamaior-Mondoñedo, 1/2/1355
Venda que fixo MARÍA FERNÁNDEZ da herdade chamada Requeixo, sita en S. Xurxo de Lourenzá, a favor do racioneiro PEDRO FERNÁNDEZ DE AGUIAR, que recaeu no Cabido.
105A: Santiago de Compostela, 25/4/1356
XOÁN FERNÁNDEZ DE VALDAYO, cóengo-cardeal da Catedral de Santiago, dota a procesión de Sta. M.ª Salomé nesta Catedral de Mondoñedo, dando para iso as súas casas e viñas, que lle legara seu tío XOÁN PÉREZ VALDAIO, racioneiro da devandita Catedral mindoniense.
106: León, 4/2/1358
XOÁN GUTIÉRREZ, en nome do cardeal legado pontificio chamado D. Guillerme, dá testemuño do pagamento dunha pensión anual do bispo de Mondoñedo ó referido legado do Papa. Transcribe un documento do expresado legado do ano 1357 e unha carta do bispo de Mondoñedo, D. Afonso Sánchez, do mesmo ano 1357.
107: Vilamaior-Mondoñedo, 26/8/1362
Venda realizada por MAIOR LOURA, PEDRO DE VEIGA e FERNÁN LEDO DE VALIÑA a favor de FRANCISCO EANES, deán da Catedral de Mondoñedo, das propiedades que tiñan en Valiño (Mondoñedo).
108: Vilamaior-Mondoñedo, 19/11/1367
LOPO NÚÑEZ DE MONTENEGRO, fillo de ROI FREIRE DE ANDRADE, comprometeuse como bo e verdadeiro vasalo do bispo de Mondoñedo D. Francisco (1367-1393) e do Cabido en tódalas cousas que el entendese que eran do seu servicio, comprometéndose a non amparar ós cregos do arcediagado de Montenegro e ós leigos que pagaban rendas e outras cousas similares.
109: Ponte de Lima (Portugal), 15/12/1369
Documento polo que o vigairo xeral de Braga Vicente Domínguez sentencia, en grao de apelación, que a terceira parte da parroquia de S. Xurxo de Voria (Buría, Camariñas) corresponde a GONZALO GARCÍA e non a LOPO PÉREZ.
110: Viveiro, 24/6/1371
Traslado notarial (1384) dunha carta do bispo mindoniense D. Francisco (1367-1393) e dunha intimación feita ó concello de Viveiro sobre a presentación de "cobros" para a designación de alcaldes da vila.
111: Toro, 8/9/1371
Privilexio concedido por D. Henrique II das Mercedes, rei de Castela e León (1369-1379), a pedimento do bispo de Mondoñedo D. Francisco, polo que confirma tódalas gracias e mercés outorgadas á igrexa mindoniense e ós seus prelados polos monarcas de Castela, os seus antecesores.
112: Toro, 20/9/1371
Privilexio outorgado polo rei Henrique II, ós bispos e Cabido de Mondoñedo, no que transcriben: 1) Unha carta de Fernando IV do 6 de febreiro de 1305 e outra do pai deste, Sancho IV, na que se enumeran 18 documentos, que conteñen outros tantos privilexios reais (véxase Doc. n.º 67), e 2) Dúas cartas de Afonso XI, de 1316 e 1328.
113: Lugo, 8/2/1372
Traslado notarial, feito o ano 1372, dunha carta do rei Henrique II, dirixida a PEDRO SARMIENTO, adiantado maior de Galicia, a pedimento do bispo de Mondoñedo D. Francisco, para que desembarguen ó bispo e á súa igrexa os bens que lles foran ocupados e recoñezan tódolos privilexios e as xurisdiccións, sobre todo na vila de Ribadeo e Viveiro.
114: Portomarín, 20/5/1371
Traslado notarial, estendido en 1384, dunha carta do rei Henrique II, dirixida ó bispo de Mondoñedo D. Francisco, ó que lle ordena entrega-lo Castelo de Folgoso a PEDRO RUIZ SARMIENTO, adiantado maior de Galicia.
115: Santiago, 2/4/1373
Copia íntegra do testamento que outorgou GARCÍA GONZÁLEZ DAS RIBEIRAS DE SANTE, polo que mandou que se celebrasen dous aniversarios anuais na Catedral mindoniense, un no altar de Santiago e outro no altar de S. Martiño. Cargou o estipendio sobre a renda da súa herdade de Reme (Cubelas).
116: Vilamaior-Mondoñedo, 8/1/1377
Permuta entre o bispo de Mondoñedo D. Francisco e o Cabido da Catedral pola cal o primeiro lle dá ó segundo o casarío de Mariz, en Vilamaior, e o segundo ó primeiro a cuarta parte da viña da Veiga.
117: Vilamaior-Mondoñedo, 12/3/1378
Unión da cuarta parte de Sta. Cilla do Valadouro á Mesa Capitular da Catedral de Mondoñedo, feita polo bispo D. Francisco, con destino a distribucións dos asistentes á Hora de Noa.
118: Burgos, 9/8/1379
Traslado notarial do ano 1380 do privilexio outorgado polo rei Xoán I, polo que confirma á igrexa de Mondoñedo tódolos privilexios que os monarcas anteriores, especialmente seu pai o rei D. Henrique II e seu avó Afonso XI, concederan á devandita igrexa.
119: Burgos, 20/8/1379
Privilexio outorgado polo rei D. Xoán I, no que confirma unha carta do rei D. Fernando IV de 1305, pola que se lles concedía ós bispos de Mondoñedo a metade dos servicios, peitas e moedas que se debían pagar á coroa nos coutos e xurisdiccións da igrexa.
120: Medina del Campo, 22/12/1380
O rei D. Xoán I prohíbelle a seu curmán o conde D. Pedro (ENRÍQUEZ DE CASTRO), pertegueiro maior de Santiago, exercer calquera clase de encomenda sobre as terras do bispo e da igrexa de Mondoñedo, ordeando a devolución das terras e bens que, so pretexto de encomenda, lles ocupara.
121: Salamanca, 14/5/1381
Documento que contén: 1) Un traslado dunha carta dada en Salamanca polo rei D. Xoán I, dirixida a seu curmán o conde D. Pedro (ENRÍQUEZ DE CASTRO), sobre o tema da encomenda en terras do bispo e igrexa de Mondoñedo. 2) Dilixencia da entrega en Zamora desta carta en mans do devandito conde. 3) Nova transcrición da devandita carta do referido rei, e 4) Testemuño do acatamento do referido conde e do comendeiro XOÁN NÚÑEZ.
122: Vilamaior-Mondoñedo, xaneiro 1389
Convenio entre o Cabido e o Concello de Mondoñedo sobre a exención que ten a igrexa Catedral de pagar imposto de tallas e pedidos reais que pagan os outros habitantes do Concello. Tres sentencias polos tres compromisarios elixidos para o efecto por ámbalas partes.
123: Vilamaior-Mondoñedo, 20/2/1396
Carta do bispo de Mondoñedo D. Lope de Mendoza (1393-1399) pola que une os préstamos de Santiago de Bravos e Sto. Estevo de Oirán, que antes pertencían a Dignidade Episcopal, á Mesa Capitular, tocante á recitación da Hora de Noa na Catedral.
123A: Pontedeume, 3/3/1396
FERNÁN PÉREZ DE ANDRADE, cabaleiro, dóalles ó bispo de Mondoñedo D. Lope (de Mendoza) e ó Cabido da Catedral mindoniense, a partes iguais, os seus casais de Viladónega e Martiñán, sitos na freguesía de Sta. M.ª (hoxe San Bartomeu) de Corvelle [S. Bartolomeu].
124: Vilamaior-Mondoñedo, 2/12/1360
AFONSO EANES, capelán da capela de Sta. Catarina, incluida na Catedral de Mondoñedo, fai escritura de foro a favor de GONZALO EANES dunha horta sita nas proximidades da fonte da cidade de Mondoñedo, que pertencía á devandita capela.
* SÉCULO XV
125: Vilaxoán (Foz), 24/3/1400
O Cabido de Mondoñedo aproba a compra realizada polo mestrescola ROI FERNÁNDEZ a PEDRO FERNÁNDEZ DE CASTRO (de Louro) das herdades que pertenceran a DIEGO PICO e, en consecuencia, mandaron que se fixese efectivo o importe da mencionada compra. Os bens radicaban en Foz, Marzán, Vilaxoán, etc.
126: Vilamaior-Mondoñedo, 13/11/1402
"Pescuda" realizada por mandato do bispo D. Álvaro de Isorna (1400-1415) sobre o señorío e xurisdicción da freguesía de Labrada e sobre as luctuosas que pagaban os veciños ó Cabido.
127: Vilamaior-Mondoñedo, 15/7/1404
Unión do préstamo da freguesía de Vilarente á Mesa Capitular de Mondoñedo, en virtude do decreto do bispo D. Álvaro de Isorna, e comunicación feita á parroquia polo vigairo xeral do bispado.
128: Valladolid, 30/7/1404
Copia simple, de época, dunha carta do rei D. Henrique III de Castela (1390-1406) pola que, a pedimento do bispo de Mondoñedo D. Álvaro de Isorna, manda que non permitan ó concello de Viveiro usar da xurisdicción de Landrove, Galdo, Grallal e outras en perxuizo da igrexa de Mondoñedo, ata que se decida o litixio que sobre iso se atopaba pendente de sentencia.
129: Lugo, 11/11/1404
Carta-mandamento de GÓMEZ GARCÍA DE HOYOS, correxedor maior do Reino de Galicia, pola que lles manda ós veciños e moradores da freguesía de Oirán que acudan á igrexa de Mondoñedo e ó seu Cabido coas rendas, dereitos e tributos que adoitaban pagar ata o presente.
130: 22/9/1404
Carta de GARCÍA SÁNCHEZ DEL CASTILLO, alcalde maior do Reino de Galicia, que, a pedimento do Cabido e clero da Catedral de Mondoñedo, mándalles, de parte do rei, ós cabaleiros, escudeiros e ricos homes que non se excedan esixindo tributos nas terras das administracións da devandita Catedral.
131: Madrid, 23/12 (?)/1404
Traslado notarial, realizado en 1405, dunha carta do rei D. Henrique III (1390-1406) na que lles manda ó seu correxedor e alcaldes do Reino de Galicia que devolvan e restituan ó bispo de Mondoñedo D. Álvaro de Isorna e á súa igrexa Catedral de Mondoñedo as xurisdiccións e terras do couto de S. Martiño, do de Vilamaior-Mondoñedo, Muras, Valadouro e mais do bispado.
132: 13/12/1404
Traslado dunha sentencia do vigairo xeral do bispado D. Álvaro de Isorna pola que lles manda ós moradores de Oirán pagar ós arrendadores do préstamo desta parroquia os foros, luctuosas e outros tributos.
133: Vilamaior-Mondoñedo, 9/7/1405
Testemuño dun cabido celebrado na Catedral de Mondoñedo no que tomaron tamén parte veciños de Cesuras e Zoñán, que presentaron unha carta do correxedor maior do Reino de Galicia, que se transcribe, sobre as medidas de grans que debían empregarse na cobranza de rendas.
134: Lugo, 8/8/1405
Sentencia pronunciada por SÁNCHEZ DE ARÉVALO, tenente do correxedor maior de Galicia, pola cal declarou libres de peitas e tributos ós caseiros que en Bretoña e Reigosa tiñan o bispo e a Catedral de Mondoñedo.
135: Ortigueira, 11/5/1407
Testemuño dunha sentencia dada polo prior do mosteiro de S. Martiño de Xubia no preito xurdido entre o bispo de Mondoñedo, D. Álvaro de Isorna, e TAREIXA RODRÍGUEZ, dona de RODRIGO ALONSO DE SAAVEDRA, sobre as tres cuartas partes da igrexa de Silva, o couto de Ribeiras de Lea e herdades de Espiñaredo, Sargadelos, Sta. M.ª de Lago, pola que foi condenada a expresada TAREIXA RODRÍGUEZ. Chegou ata nós a través de actuacións do provisorado de Mondoñedo dos anos 1515-1511, en tempos do bispo D. Diego de Muros.
136: Vilamaior-Mondoñedo, 22/11/1407
Arrendo que o bispo D. Álvaro de Isorna e o Cabido lle fixeron a NUÑO FREIRE DE ANDRADE dos coutos de S. Martiño de Porto, preto de Pontedeume, de S. Mamede de Oleiros, en terra de Montenegro, e Montouto, preto de Labrada..
137: Alcalá, 3/8/1408
Privilexio do rei D. Xoán II (1406-1454), expedido a favor do bispo de Mondoñedo e do Cabido, polo que confirma tódalas franquías, gracias e mercés que fixeron os monarcas anteriores, transcribindo, para o efecto, carta do rei Henrique III, seu pai, de 1404, na que se inclúe a de D. Xoán I de 1379.
138: Vilaboa, Oviedo, 11/2/1409
Colación do préstamo da freguesía de San Xián de Vilaboa a favor de ARIAS VÁZQUEZ DE BAAMONDE, en virtude do título expedido polo vigairo xeral do arcediagado de Ribadeo e da presentación dos administradores da renda do Comunete.
139: Vilamaior-Mondoñedo, 15/5/1410
Compromiso levado a cabo entre o bispo D. Álvaro de Isorna e o Cabido de Mondoñedo polo que, en relación co preito sobre a presentación da freguesía de Bravos que ámbalas partes afirmaban que lles pertencía, lle deron poder a FERNANDO ALONSO DE BELMONTE para que sentenciase definitivamente a controversia.
140: Madrid, 7/3/1419
Xuramento que fixo o rei Xoán II, ó chegar ós 14 anos de idade, de gardar e facer gardar a tódolos fidalgos e prelados da igrexa os privilexios outorgados polos monarcas que precederan.
141: Viveiro, 24/6/1419
O bispo de Mondoñedo D. XIL SOUTELO (1415-1425), presentándose na vila de Viveiro, pediu, en repetidas ocasións, ás autoridades que lle entregasen os nomes de persoas (cobros) entre as que el designaría alcalde, facendo ler, para poñer de relevo os seus dereitos a este respecto, tres documentos: 1) Convenio entre o bispo D. Gonzalo, de 1319, e o concello de Viveiro sobre a presentación de cobros. 2) Carta do rei Sancho IV, de 1292, que manda ó mencionado concello que lle presente ó bispo os cobros para a elección de alcaldes. 3) Carta do bispo D. Francisco, de 1371, reclamando os cobros e testemuño da reunión realizada para o efecto. En 1419 os membros do Concello de referencia discreparon entre sí sobre a obrigación de presentarlle ó bispo os cobros.
142: Valladolid, 20/7/1420
Privilexio do rei Xoán II, polo que confirma privilexios concedidos á igrexa de Mondoñedo e ós seus bispos; a este fin transcribe unha carta do seu avó Xoán I, de 1379, e outra de Fernando IV, de 1305.
142A: Vilamaior-Mondoñedo
Traslado notarial, do ano 1510, dun documento de foro outorgado polo bispo D. XIL SOUTELO a favor de FERNANDO DE VALCARRÍA dunha viña sita no lugar de Grallal -San Xoán de Covas-.
143: Vilamaior-Mondoñedo, 22/11/1421
O Cabido da Catedral de Mondoñedo outorgoulle unha escritura de foro de dous casaríos sitos en Marzán (Foz) a favor de DIEGO PÉREZ, tesoureiro.
144: Callobre, 6/3/1423
Despacho do abade de Monfero, en virtude da bula do Papa Martiño V, de 1421, que se transcribe integramente, contra as persoas que pretendesen cobrarlle á clerecía do bispado de Mondoñedo alcabalas, sisas e outros tributos.
145: Vilamaior-Mondoñedo, 27/12/1427
Mandamento do vigairo xeral do bispado de Mondoñedo PEDRO MARIÑO DE LOBEIRA en virtudes do cal agrega á Mesa Capitular os beneficios simples que estivesen vacantes e fosen de presentación do Cabido, para custea-los danos ocasionados polos incendios de Viveiro, Ribadeo e Vilamaior-Mondoñedo.
146: S. Martiño de Mondoñedo, 20/1/1430
Auto polo que o administrador perpetuo e bispo da diocese de Mondoñedo, D. Pedro Enríquez de Castro (1427-1445), aproba os Cabidos ós que non concorra o deán ou o seu vigairo.
147: Meira, 15/7/1430
Escritura pola que GONZALO PÉREZ lles vendeu a FERNÁN PÉREZ DE LOURIDO e a XOÁN ALONSO DE GALEGOS o quiñón que lle correspondía nas herdades que levaba o colono XOÁN ALONSO DA VEIGA, en Galegos (Orrea).
148: Orrea, 20/11/1431
Escritura de foro outorgada pola abadesa de Sta. Comba de Orrea a favor de FERNÁN PÉREZ DE LOURIDO e de XOÁN ALONSO, de dous cuartos da viña sita en Galegos, do tercio da froita do Hospital e da herdade de XOÁN DOMÍNGUEZ.
149: Vilamaior-Mondoñedo, 30/6/1432
D. Pedro Enríquez de Castro, bispo electo de Mondoñedo, une perpetuamente ó Cabido de Mondoñedo o préstamo das igrexas de Santa Cilla do Valadouro e de Sta. M.ª de Vilamor.
150: Lugo, 22/7/1433
Testemuño dunha cláusula do testamento do cóengo XOÁN DÍAZ pola que lle concedeu ó Cabido de Mondoñedo o seu foro do lugar de Adelán, coa carga dun aniversario anual pola súa alma e pola de súa irmá URRACA DÍAZ.
151: Vilamaior-Mondoñedo, 23/2/1434
O bispo D. Pedro Enríquez de Castro realiza a unión da metade dos froitos decimais de Argomoso e a totalidade de Bián á Mesa Capitular da Catedral de Mondoñedo.
151A: Vilamaior-Mondoñedo, 23/2/1434
O bispo D. Pedro Enríquez de Castro mándalles ós cregos cureiros de Argomoso e Bián dar posesion dos préstamos de ámbalas parroquias ó Cabido de Mondoñedo e entregarlle as dereituras que a este lle correspondían.
152: Madrid, 6/7/1435
Traslado notarial, realizado en Sevilla en 1468, dunha carta do rei Xoán II pola que lles concede ó bispo de Mondoñedo, D. Pedro Enríquez de Castro, e ó deán e Cabido 5000 marabedís de "juro" perpetuo sobre as alcabalas da cidade de Vilamaior-Mondoñedo, que o mencionado prelado conseguira, en virtude de troco, de ALONSO PÉREZ DE VIVERO. Na carta real inclúense os seguintes documentos: 1) Albará do mesmo monarca, de 1434, autorizando ó expresado ALONSO PÉREZ, o seu notario, para cambiar 5000 marabedís de "juro", que lle outorgara este rei, co expresado bispo de Mondoñedo. 2) Poder outorgado, en 1434, polo referido ALONSO PÉREZ DE VIVERO para a permuta proxectada co bispo de Mondoñedo. 3) Permuta entre entre o mencionado bispo D. Pedro e o deán e Cabido, dunha parte, e os procuradores do repetido ALONSO PÉREZ, da outra, en virtude da cal os primeiros danlles ós segundos a xurisdicción das parroquias de Galdo, Xuances, S. Román e Sto. Estevo do Vale (O Vicedo), Negradas e Ribeiras do Sor, e os segundos entréganlle ós primeiros os aludidos 5000 marabedís de "juro" perpetuo. A súa data: 13 de abril de 1435.
153: Santiago de Foz, 5/7/1456
Anexión da metade do beneficio de Santiago de Foz e do oitavo e medio do de Sta. Baia da Devesa á Mesa Capitular de Mondoñedo.
154: Vilamaior-Mondoñedo e Meira, 21/10/1436
Pacto de irmandade entre o Cabido da Catedral de Mondoñedo e o abade e monxes do mosteiro de Meira, polo que o Cabido se comprometeu a hospedar ós monxes de Meira e estes a hospedar ós cóengos de Mondoñedo.
155: Orrea, 7/1/1436
A abadesa das monxas de Orrea outórgalle foro dunhas prazas sitas na Rúa Grande da vila de Ribadeo ó deán de Mondoñedo PEDRO MARIÑO DE LOBEIRA.
156: Vilamaior-Mondoñedo, 9/8/1437
Traslado notarial do ano 1467 da constitución outorgada entre o bispo de Mondoñedo D. Pedro Enríquez de Castro e o deán e Cabido, coa clerecía do bispado, pola que se dispuxo que tódolos curas levasen integramente tódalas ofertas de beixamáns, sen dar parte delas a outros beneficiados, a excepción dos beneficios que eran da mesa episcopal ou capitular.
157: Vilamaior-Mondoñedo, 28/6/1441
Mandamento feito polo bispo de Mondoñedo, D. Pedro Enríquez de Castro, ós fregueses de Sta. M.ª de Corbelle para que lle entregasen ó Cabido da Catedral os froitos correspondentes á metade sen cura da freguesía, que fora unida á Mesa Capitular.
158: Salamanca, 23/11/1491
Testemuño duns autos formados a pedimento de LOPE DE LA PLATA, como procurador do deán e Cabido da Catedral de Mondoñedo, ante D. Martianes, arcediago de Medina del Campo, en relación cun preito establecido entre o mencionado Cabido e XOÁN ALONSO DE NAVIA, cóengo de Mondoñedo, que estudia en Salamanca.
159: Vilamaior-Mondoñedo, 11/5/1446
Foro que fixo o Cabido a favor de XOÁN DE PASTORIZA da casa da Fonte de Vilamaior e dunha viña que levara o cóengo DIEGO ÁLVAREZ nun cánon de 50 marabedís.
*** Falta el siguiente, 160, pasando al 161 en la edición de 1999 -ISBN: 84-87172-48-2-. Si alguien tiene otra edición que incluya el 160, le agradecería que me lo facilitara. ***
161: Santiago de Compostela, 16/2/1450 (1405?)
GARCÍA SÁNCHEZ DEL CASTILLO, alcalde maior do Reino de Galicia, ordénalle ó alcalde de Vilamaior, GONZALO MARTÍNEZ, que procure esixi-lo cumprimento do privilexio real de pagarlles ó bispo e ó Cabido de Mondoñedo a luctuosa e outras dereituras.
162: Vilamaior-Mondoñedo, 11/10/1453
GONZALO PÉREZ DE LABRADA, cóengo e procurador do Cabido de Mondoñedo, aceptou, en nome deste, duas sétimas partes sen cura de S. Xiao de Loiba, que o mesmo día unira á Mesa Capitular o bispo Alonso de Segura, en virtude de bula do Papa Nicolás V.
163: Loiba, 19/10/1453
GONZALO PÉREZ DE LABRADA, procurador do Cabido, en nome deste, toma persoalmente posesión das dúas sétimas partes sen cura de S. Xiao de Loiba, unidas á Mesa Capitular.
164: Vilamaior-Mondoñedo, 9/11/1453
Posesión do préstamo, terceira parte sen cura, da freguesía de Sta. M.ª de Vilaselán, unido á Mesa Capitular polo bispo D. Alonso de Segura, en virtude de bula do Papa Nicolás V.
165: Vilamaior-Mondoñedo, 20/4/1453
Unión do préstamo de Santaballa de Merille á Catedral de Mondoñedo feita polo provisor do bispo D. Alonso de Segura.
166: Vilamaior-Mondoñedo, 20/4/1453
Decreto dado polo provisor do bispado de Mondoñedo para que o procurador do Cabido catedralicio tomase posesión do préstamo, metade sen cura, de Santaballa de Merille [actualmente: Merille (Santa Eulalia), Concello de Ourol.]
167: Vilamaior-Mondoñedo, 11/10/1453
O procurador do Cabido da Catedral de Mondoñedo outorgou instrumento polo que aceptou o beneficio de Bares, que o bispo D. Alonso de Segura unira á Mesa Capitular da devandita Catedral, en virtude da bula do Papa Nicolás V.
168: Bares, 19/10/1453
O procurador do Cabido de Mondoñedo tomou posesión das dúas terceiras partes da igrexa de Bares, trala lectura da documentación acreditativa da unión destas á Mesa Capitular.
169: Vilamaior-Mondoñedo, 17/11/1453
O bispo de Mondoñedo D. Afonso de Segura, no preito establecido entre o cura de Bares e o Cabido da Catedral de Mondoñedo, pronunciou sentencia, que se transcribe íntegra, en favor deste último.
170: Saldanxe, 24/4/1454
Posesión do préstamo da freguesía de Saldanxe que tomou o procurador do Cabido, en virtude da unión que del fixera o bispo D. Afonso de Segura á Mesa Capitular. Transcríbese o documento episcopal, que leva a data do 30 de outubro de 1453.
171: Vilamaior-Mondoñedo, 27/4/1454
O bispo de Mondoñedo, D. Afonso de Segura, manda que non se entreguen os décimos correspondentes ó préstamo da parroquia de Vilaselán ó arcediago de Abeancos nin ós seus irmáns mentres non deixe libre ó Cabido o préstamo de Loiba.
172: Vilaselán, 25/5/1454
Testemuño dun embargo de froitos da freguesía de Vilaselán, feita polo arcediago de Azúmara como apoderado do Cabido da Catedral en virtude de mandamento do bispo D. Afonso de Segura.
173: Masma, 21/6/1454
Posesión que tomou o Cabido da Catedral de Mondoñedo dun oitavo de Sto. Andrés de Masma, unido á Mesa Capitular por renuncia de GONZALO MARTÍNEZ MORRAZO, cardeal da Catedral de Santiago, e en virtude de bula do Papa Nicolás V e mandamento do bispo D. Afonso de Segura do 30 de outubro de 1453, que se transcribe.
174: Vilamaior-Mondoñedo, 2/9/1454
O vigairo xeral, mellor informado, revoga unha sentencia que el dera contra o Cabido e recoñece a xurisdicción e señorío que este tiña no couto de Oirán.
175: Vilamaior-Mondoñedo, 7/9/1454
O cabido de Mondoñedo outorgou escritura de alugamento das dúas terceiras partes do préstamo de Sta. M.ª de Bares a GÓMEZ DOURADO, cóengo de S. Martiño de Mondoñedo, durante a súa vida.
176: Vilamaior-Mondoñedo, 31/5/1456
GARCÍA OSORIO, cóengo de Astorga, particípalles ós veciños de Foz, A Devesa, S. Pedro de Viveiro e S. Bartolo de Monte que os préstamos das mencionadas parroquias que el gozara os cedera ó Cabido da Catedral de Mondoñedo, ó que, no sucesivo, debían entregar os seus froitos.
177: Vilamaior-Mondoñedo, 31/5/1456
O provisor do bispado de Mondoñedo, polo bispo D. Alonso Vázquez de Acuña, uniu á Mesa Capitular da Catedral de Mondoñedo os préstamos de Foz, A Devesa, S. Pedro de Viveiro e S. Bartolo do Monte, cedidos por GARCÍA OSORIO, ó que se lle reservaron, durante a súa vida, 5000 marabedís anuais. Transcríbese a bula do Papa Nicolás V de 1452 e a execución da mesma realizada polo bispo D. Afonso Segura do ano 1453.
177A: Vilamaior-Mondoñedo, 23/11/1457
O procurador do Cabido de Mondoñedo tomou posesión do curato de S. Xoán de Vilaronte, incorporado, xuntamente co de Santiago de Bravos, á Mesa Capitular de Mondoñedo polo bispo D. Afonso de Segura en virtude de bula do Papa Nicolás V.
178: Vilamaior-Mondoñedo, 19/4/1459
Adxudicación da presentación de Triabá a favor do Cabido cedida por MAIOR GONZÁLEZ DE GUILLADE, viúva de frei XOÁN RODRÍGUEZ, en virtude da sentencia do vigairo xeral, en sé vacante, a teor da declaración das testemuñas que llo oiran antes do seu falecemento.
179: Vilamaior-Mondoñedo, 3/1/1460
O procurador do Cabido manifestoulle a este que tiña novas de que Xoán de Madrid, cóengo, pretendía o préstamo de Loiba. Unha vez que se lle mostrou o documento de unión do devandito préstamo á Mesa Capitular, desistiu do seu intento confesando non ter dereito ningún sobre o mesmo.
180: Valladolid, 21/8/1460
Documento incompleto do Nuncio-colector apostólico D. Antonio de Veneris relativo ó subsidio eclesiástico para a guerra co gran Turco, no que se inclúen dous documentos pontificios do Papa Pío II (1458-1464), do 1 e do 15 de xaneiro de 1459, dirixidos ó expresado Nuncio. Comeza co final dunha carta que parece ser do mesmo Papa, do 1 de xaneiro de 1459.
181: Vilamaior-Mondoñedo, 6/5/1462
O procurador do Cabido presentou ante o provisor, a través do bispo D. Fadrique de Guzmán, a escritura de alugamento dos dous tercios de Bares, de 1452, que se transcribe, e pediu a súa execución a fin de que os arrendatarios pagasen as rendas do último ano. Estes non se someteron á sentencia do provisor e formularon verbalmente a súa apelación.
182: Vilamaior-Mondoñedo e Viveiro, 9/8/1462
Traslado notarial, de 1489, da constitución sinodal establecida no sínodo da referida data polo bispo D. Fadrique de Guzmán, confirmatoria doutra que promulgara o bispo D. Pedro Enríquez de Castro, pola que ordenou que as ofertas fosen privativas dos que tivesen cura de almas.
183: Vilamaior-Mondoñedo, 26/4/1462
Escritura do foro que o administrador de Vilamaior, co consentimento do Cabido, fixo a favor do cóengo XOÁN FERNÁNDEZ DE ANCA de toda a viña das Oliveiras, sita en Vilamaior-Mondoñedo.
184: Vilamaior-Mondoñedo, 16/2/1462
Censuras promulgadas polo subcolector apostólico co fin de obrigar ós cregos, relixiosos, relixiosas, cabaleiros, escudeiros e veciños en xeral do bispado de Mondoñedo a pagar o que lles correspondía do repartimento do subsidio eclesiástico.
185: Vilamaior-Mondoñedo, 6/4/1463
Carta de pagamento estendida por GONZALO DE CUSANCA, subcolector do subsidio concedido polo Papa para a guerra do gran Turco, de mil catrocentos floríns de Aragón, que corresponderon á diocese de Mondoñedo.
186: Vilamaior-Mondoñedo, 11/1/1464
FERNANDO DOURADO, cura de Bares, apela a sentencia pronunciada polo bispo D. Afonso de Segura no preito establecido co Cabido de Mondoñedo sobre a unión dos dous tercios do préstamo da devandita parroquia á Mesa Capitular. Transcríbese a sentencia dada para o efecto.
187: Vilamaior-Mondoñedo, 5/9/1464
O cura de Bares, FERNANDO DOURADO, antes de coñece-la sentencia (da que se falará no número seguinte), ponse de acordo co Cabido da Catedral de Mondoñedo, recoñecendo que non ten dereito ós dous tercios do préstamo da devandita parroquia. O Cabido arréndallos ó expresado FERNANDO DOURADO. Prosegue unha alegación simple, presentada, segundo parece, polo procurador do Cabido ante os xuíces da causa, que recolle toda a historia da unión dos expresados dous tercios á Mesa Capitular de Mondoñedo, arrendamento dos mesmos e refutación das razóns alegadas pola parte contraria.
188: Lugo, 22/10/1464
Sentencia dada polos xuíces apostólicos AFONSO MARTÍNEZ DE GALDO, chantre de Lugo, e RODRIGO AFONSO DE CAMOIRAS, cóengo tamén de Lugo, en virtude dunha bula do Papa Pío II, de 1462, que se transcribe, no preito establecido entre o Cabido da Catedral de Mondoñedo e o cura de Bares, pola que se confirmou a pronunciada en favor do antedito Cabido polo provisor de Mondoñedo.
188A: Canedo, 27/9/1465
Título de presentación e colación do curato de Sta. Cristina de Celeiro de Mariñaos, feito polos administradores de S. Miguel a favor do cóengo FERNANDO VALEA.
189: Sevilla, 11/1/1466
Traslado notarial, dado na cidade de Sevilla na expresada data, de varios privilexios concedidos polos reis ós bispos de Mondoñedo e á súa igrexa catedral. Trátase do privilexio do rei Xoán II, de xullo de 1420, no que se transcriben os seguintes de:
Xoán I, de 1380
Henrique II, de 1371
Afonso XI, de 1335
Fernando IV, de 1305
e o de Sancho IV, de 1287, no que se resumen 18 privilexios de monarcas anteriores. (Cf. n.º 67 e 112).
190: Vilamaior-Mondoñedo, 10/1/1467
Escritura de foro outorgada polos administradores de Vilamaior e Baroncelle a favor do racioneiro GARCÍA RODRÍGUEZ DE ESTOA da horta sita no Pumar, próxima a outra da capela de Sto. Andrés.
191: Santiago de Compostela, 1/7/1467
O arcediago de Abeancos, na Catedral de Lugo, FERNANDO BASANTA, como nuncio apostólico, dispón que se deixen libres á Catedral de Mondoñedo os préstamos de Loiba, S. Pedro de Viveiro, A Devesa, Santiago de Foz, e S. Bartolo do Monte, unidos á Mesa Capitular en virtude de bula do Papa Nicolás V.
192: Vilamaior-Mondoñedo, 19/8/1467
O Cabido da Catedral de Mondoñedo arréndalle ó cura de Loiba, XOÁN DO PORTO, as dúas sétimas partes do préstamo da expresada parroquia, unidas á Mesa Capitular.
193: Vilamaior-Mondoñedo, 21/10/1468
Sentencia pronunciada polo vigairo xeral do deádego LOPE ARES no contencioso entre o deán e Cabido de Mondoñedo, dunha parte, e o prior do mosteiro de S. Martiño de Mondoñedo, da outra, sobre o préstamo de Adelán.
194: Ribadeo, 19/2/1479
Título de colación do préstamo da freguesía de Sto. Acisclo do Valadouro, expedido polo vigairo xeral do deádego, a favor de XOÁN FERNÁNDEZ, crego de Adelán, en virtude da presentación de MARÍA e LEONOR FERNÁNDEZ, fillas de FERNANDO LÓPEZ DE ADELÁN.
195: Vilamaior-Mondoñedo, 8/6/1473
O Cabido da Catedral de Mondoñedo outorgou poder a GÓMEZ GARCÍA DE GAYOSO, arcediago de Lugo e xuíz do Foro de Mondoñedo, e a outros para que acudisen ante PEDRO FERNÁNDEZ DE CAMOIRAS, prebendado da devandita Catedral de Lugo, tocante á solución do preito do préstamo de Loiba. Co poder entregáronselles unhas consideracións coa historia do referido preito.
196: Lugo, 17/6/1473
XOÁN RODRÍGUEZ (DO PORTO), cura de Loiba, declina en favor do Cabido da Catedral de Mondoñedo o dereito que puidera corresponderlle ó préstamo da devandita freguesía, recoñecendo que o mencionado Cabido tiña pleno dereito sobre o mesmo.
197: Lugo, año 1473
Sentencia dada por PEDRO FERNÁNDEZ DE CAMOIRAS, árbitro aceptado polo Cabido de Mondoñedo e o cura de Loiba, en virtude da que se lle recoñece ó mencionado Cabido o dereito ás dúas sétimas partes do préstamos da expresada freguesía de Loiba.
198: Segovia, 20/9/1476
Traslado notarial dunha carta da raíña dona Isabel, pedíndolles ós bispos, cabidos e clerecía, en calidade de préstamo, a metade da prata das fábricas das igrexas para poder facer fronte ós gastos das guerras que lle ocasionaban varios cabaleiros, e comprometéndose a devolve-las cantidades nos prazos que se sinalasen para o efecto. Segue un poder outorgado polo tesoureiro real a favor de Xoán del Castillo, receptor.
199: Vilamaior-Mondoñedo, 7/9/1478
Traslado do poder outorgado polo Cabido da Catedral de Mondoñedo ó cóengo FERNÁN VÁZQUEZ para uns asuntos que tiña pendentes cos cóengos ALONSO GARCÍA PALMEIRO e XOÁN DE GALEGOS.
200: Pontedeume, 28/10/1478
Sentencia pronunciada polos xuíces-árbitros, designados polo Cabido de Mondoñedo e polo convento de Sta. Catarina de Montefaro, sobre a disputa que sostiñan sobre a paga do subsidio eclesiástico.
201: Vilamaior. Sevilla. 15/4/1479
O bispo de Mondoñedo, D. Fadrique de Guzmán, atopándose na cidade de Sevilla, comisiona ó Cabido de Mondoñedo para nomear visitadores do bispado co fin de que realicen a visita pastoral e fagan cumpri-los testamentos, aplicando o importe das penas para a fábrica da Catedral.
201A: Castropol, 16/4/1479
Traslado notarial dunhas cláusulas do testamento de TAREIXA ALONSO, viúva de ALONSO MARTÍNEZ CABANELA, polas que manda celebrar un gregoriano na Catedral de Mondoñedo e facer para o mesmo templo un cáliz de prata dourada.
201B: "Vilamaior de Mondoñedo", 30/10/1482
GARCÍA DE LA PARRA, alcalde maior do bispado de Mondoñedo, a pedimento do procurador do Cabido de Mondoñedo e do procurador do cabaleiro PEDRO DE BOLAÑO, dictou unha sentencia relativa á Sucesión de Burela, en virtude da cal condenou ó referido PEDRO DE BOLAÑO a deixar libres os bens da expresada Sucesión ó susodito Cabido.
202: Vilamaior-Mondoñedo, 15/9/1483
Escritura de foro que fixo o Cabido da Catedral de Mondoñedo a favor de PEDRO DE OIRÁN e da súa dona MARÍA CORBELLE dunha casa sita na cidade de Vilamaior-Mondoñedo, que lindaba coa rúa pública.
202A: Valladolid, 27/11/1484
Carta executoria da Chancelería de Valladolid, que recolle tódolos incidentes do preito entre o Cabido de Mondoñedo e o cabaleiro PEDRO DE BOLAÑO, pola que, trala apelación formulada por este, decidiu a favor do referido Cabido, confirmando a sentencia dada por GARCÍA DE LA PARRA (Cf. Doc. 201B) sobre a Sucesión de Burela.
202B: Valladolid, 14/2/1485
A pedimento do Cabido da Catedral de Mondoñedo, a Chancelería de Valladolid mandoulle ó notario Diego Fernández de Bejar entregar un traslado da sentencia pronunciada pola devandita Chancelería no preito que sostiña sobre a Sucesión de Burela. O referido notario estendeu o traslado da parte dispositivia da sentencia de GARCÍA DE LA PARRA, alcalde maior de Vilamaior, e da sentencia da susodita Chancelería.
202C: Lugo, 5/2/1485
Traslado dun instrumento de Diego López de Haro, gobernador do Reino de Galicia, polo que lle comunica ó correxedor da cidade de Vilamaior-Mondoñedo, Fernán Pérez Gijón, e ó correxedor da vila de Viveiro, FERNÁN CERÓN, que o Cabido da Catedral de Mondeñedo lle presentara unha executoria da Chancelería de Valladolid, en conformidade coa cal manda dar posesión ó devandito Cabido dos bens da Sucesión de Burela e reclamarlle ó contrincante PEDRO DE BOLAÑO a suma de 51800 marabedís, en concepto de rendas atrasadas e custas.
203: Vilamaior-Mondoñedo, 1/3/1485
Escritura pola que os arrendamentos da administración de Bretoña e Lourenzá lles aforaron a XOÁN DEL CASTILLO e á súa muller o casarío de Ramallal, sito no val de Lourenzá.
203A: Mondoñedo, 17/3/1485
Carta de Pedro de Xixón, correxedor da cidade de Vilamaior-Mondoñedo, escrita no reverso da de Diego López de Haro (n.º 202C) pola que lle mandaba ó alguacil de Vilamaior, ALONSO DE ASTUDILLO, que dese posesión ó Cabido dos bens da Sucesión de Burela.
203B: A Devesa, 19/3/1485
O alguacil de Vilamaior-Mondoñedo, Alonso de Astudillo, deu posesión ós cóengos representantes do Cabido das propiedades que na freguesía da Devesa correspondían á Sucesión de Burela. Seguidamente deulles igualmente posesión dos bens radicados en Fazouro, Burela, Lieiro, Portocelo e Celeiro de Viveiro.
204: Vilamaior-Mondoñedo, 29/3/1485
Título expedido polo provisor de Mondoñedo polo cal, facendo relación de ter anexionado perpetuamente ó mosteiro de S. Martiño de Mondoñedo o de S. Miguel da Coe