Nomes de Vacas
Publicado: 22 Ago 2002, 22:09
Ola a todos:
Está todo moi requente e moitos de vacacións nestas latitudes. O caso que revisando uns papeles dunha partixa entre irmáns, á hora de repartir as vacas, éstas aparecen co seu nome.
A súa relacción cos humáns é das máis próximas, con respecto os demais seres, e todas tiñan nome. Os que poño a continuación son claro está da zoa alta de Betanzos, Irixoa e Aranga.
<b>Linda</b> Na casa dos meus avós houbo dúas: a <i>Linda Grande</i> e a <i>Linda Pequena</i> . Non tiñan nada que ver físicamente. A Grande tiña máis envergadura e a cornamenta máis larga, sendo a outra máis pequena e con cornos máis curtos.
<b>Gallarda</b> A que eu conocín era coma un toro, cornos curtos cara diante, e pel oscura (falo sempre das que decían do país).
<b>Morena</b> Tiña unha cor máis marrón máis bermello.
<b>Xuvenca</b> Chamábanllo ás novas, xa "mozas". A algunhas quedáballes por nome.
<b>Marela</b> Ás desa cor.
<b>Careta</b> Cunha mancha branca na testa.
Máis nómes: <b>Roxa</b>, <b>Parda</b>, <b>Rubia</b>, <b>Moura</b> xa vos podedes supoñer, <b>Garrida</b>, e tamén ás recentes <b>Nova</b>, <b>Cuxa</b> (cuxo e cuxa chámaselle ós becerros/as), <b>Cachorra</b>.
Eu nin recordo nin teño máis, empregabasen os mesmos no resto de Galicia, supoño que a maioría sí pois fan referencia á cor.
¿Quén se anima?
Saúdos:
Ricardo Lago