Tain
Publicado: 19 Ago 2006, 03:29
Cuestións Apelido Tain
Eu non desboto totalmente a posibilidade de unha orixe escocesa ou, cacais, irlandesa, fai anos comentaronme algo sobre a existencia dun clan dese nome nas Terras Outas (se a lembranza non me falla). A referencia a unha orixe toponímica creo que ven xenerada pola existencia do lugar de TAIN (na marxe entre os concellos da Merca e de Allariz). RODRIGUEZ COLMENERO facía sair o topónimo dun Taginius (se non me lembro mal), co cal podería vir dun (Villa) Taginii ou Taginia. A problema para aceptar de xeito total esta hipótese tan aparentemente obvia é que tódolos Taín que eu coñezo no concello da Merca veñen de máis aló do Arnoia, nas parroquias de Entrambosríos, Corvillón ou Zarracós. Os Taín que máis preto se atopan do lugar de Taín, os de Forxás das Viñas -rama a que eu pertenzo-, teñen as suas orixes no Casal de Entrambosríos, a fináis do XVIII, e antes en Zarracós, e cecais en Fontao. Todos estes lugares e aldeas se atopan na outra beira do Arnoia. Polo cal a hipótese contraria tamen pode ser posible (o lugar de Taín recibe o seu nome por un primeiro poboador deste apelido).
Só nos poderá sacar de dúbidas un mellor coñocemento da documentación medieval da Colexiata de Xunqueira de Ambía (Forxás das Viñas foi couto seu, que abranguía tamen a Rubillós). Que eu saiba, ninguén a estudou nin a publicou ata este intre. Se o topónimo xa aparecera, por exemplo, nos século XV o XIV a posibilidade da orixe nunha villa román quedaría reforzada. O coñecemento da documentación de Xunqueira é para min tamén relevante, pois teño a hipótese -baseada en datos da dacumentación da idade moderna e en certa tradición oral- que Forxás das Viñas foi parroquia independente de Proente na idade media (S. Xoán de Forxás), pasando de seguro no século XVI a constituir un anexo de derradeira e logo a perderse a memoria de dito feito a partir dos arranxos parroquiais do século XIX.
Só me queda informar que na grafía o apelido a fináis do século XVIII e principios do XIX aparece como Thain ou Tahin.