Página 1 de 1
Cebey
Publicado: 08 Sep 2006, 12:09
por alghien
alguen sabe algo deste apelido?? levo buscando moito tempo pero non encontro nada relacionado con el.
Publicado: 09 Sep 2006, 00:26
por maviac
Xa saiu a consulta outras veces e o que se pode dicir é que a orixe está nun lugar :
VAL DO DUBRA (A Coruña) San Román (Santa Mariña) Cebei
Como tantas outras veces, o topónimo deu orixe ao apelido.
Publicado: 09 Sep 2006, 15:10
por Milleiro
CEBEI
TOPOINIMIA
VAL DO DUBRA (A Coruña) San Román (Santa Mariña) Cebei
DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO (abonados de 1º apelido ao servizo telefónico e coa grafia Cebey)
Provincia da Coruña: 40 abonados, na sua meirande parte nas comarcas de Compostela e Bergantiños
Provincia de Lugo: 0 abonados
Provincia de Ourense: 1 abonado
Provincia de Pontevedra: 1 abonado
LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
Non teño constancia
DATOS DO ARQUIVO HISTÓRICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO
- Pedro de Cebey "O Mozo", escrituras nº14 do Hospital Real dos Reis Católicos. 1565-1573
OPINIÓN PERSOAL
Trátase, presumibelmente, dun apelido galego de natureza toponímica que semella ter a sua orixe no concello do Val do Ubra