Os Baróns de Casa Goda

Investigación de xenealoxías
Cerrado
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1247
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Os Baróns de Casa Goda

Mensaje por Pousada »

OS BARÓNS DE GASA GODA

I xeración

Mateo Miguel Naharro. Secretario de Xustiza e membro do Consello de Facenda. Tivo por fillo a:

II xeración

Ventura Diego Naharro. Coronel do Rexemento Provincial de Pontevedra. III Barón de Casa Goda. Casou con Juana Ozores Ponce de León Silva, filla de Juan Antonio Ozores de Silva y Sequeiros e de Manuela Ponce de León Parcero. Tiveron por fillo a:

III xeración

Juan Bautista Naharro y Ozores. Coronel do Rexemento Provincial de Pontevedra. IV Barón de Casa Goda. Casou con María Martina de Párraga y Acuña (para a súa xenealoxía, véxase "Párraga (Vigo)" nesta web). Tiveron por fillos a:

IV xeración

1.- Francisca Naharro y Párraga. Nada en 1824. Casou en Vigo no ano 1840 con Manuel María de Cea y Gándara, fillo de Bernardo de Cea y Añel e de María del Carmen Gándara.
2.- Antonio Naharro y Párraga. V Barón de Casa Goda. Casou en Málaga en 1837 con Josefa del Barrio y Gómez Dorado, filla de Isidro del Barrio y Lázaro e de Petronila Gómez Dorado y Ruano. Tiveron por fillos :

V xeración

1.- Federico Naharro del Barrio. VI Barón de Casa Goda
2.- Elvira Naharro del Barrio. Casou con Juan Antonio Cunha
3.- Isidoro Naharro del Barrio. Finado en 1900.
4.- Elisa Naharro del Barrio. Casou en primeiras nupcias con Hipólito Llorente y Rey, fillo de Manuel Llorente Pastor e de Carmen Rey Losada (para a súia xenealoxía véxase "Llorente, Casa de los" nesta web), e en segundas con Ramón Rey Raviña.


FONTES:

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ-BROULLÓN, Rafael (2004): Heráldica y linajes vigueses. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Pontevedra


Alfonso F. Pousada
tripilunar@yahoo.es
Cerrado