Batallán

Foro de traballo de Apelidos de Galicia. Pode publicar informacións de apelidos, ou modificar os xa publicados
Avatar de Usuario
Milleiro
Super Foreiro
Super Foreiro
Mensajes: 1306
Registrado: 04 Nov 2001, 09:00
Ubicación: Galiza
Contactar:

Batallán

Mensaje por Milleiro »

BATALLÁN

TOPONIMIA
Non se atopa

DISTRIBUCIÓN NO PAÍS GALEGO (abonados de 1º apelido ao servizo telefónico)
Provincia da Coruña: 6 abonados
Provincia de Pontevedra: 6 abonados
Non se atopan no resto da Galiza

LIÑAXE E PEDRAS ARMEIRAS
A GEG cita a Luis Emilio Batallán, nado en Compostela o 18.09.1948

DATOS DO ARQUIVO DO REINO DA GALIZA
1. Sobre unha escritura de foro outorgada polo mosteiro de Sobrado de rendas de viño, e sobre un preito entre Pedro Antonio de Neira, e Juan Batallán e outros polo lugar de Entrambas Augas e outros bens. 1700-1900
2. EL MARQUES DE MONTESACRO CON D. JUAN DE BATALLAN Y CONSORTES: REIVINDICACION DE BIENES EN LA FELIGRESIA EN S.CRISTOBAL DE REMESAR. 1720
3. LOS VECINOS DE SAN PEDRO DE VILANOVA Y ANDRÉS BATALLÁN Y DOMINGO DE NEIRA, DOS DE ELLOS, CON ANDRÉS SEGADE, SOBRE NULIDAD DE VENTAS Y RESTITUCIÓN DE SU IMPORTE

CASA DE FONTÁN (Arquivo do Reino da Galiza)
O pazo de Fontán está situado na parroquia de San Xoán de Baión, no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa.
En canto á familia que orixinou a Casa de Fontán, seguindo a documentación coa que contamos parece que o personaxe máis antigo é Juan de Alfayate que morreu sen sucesión, deixando por herdeira á súa muller Isabel do Grobe. Ésta nomeou como o seu herdeiro ó seu irmán Juan da Búa, casado con Ana Soga de Lobera, que tiveron por única filla a María da Búa, que casou con Gregorio de Nantes, escribán. Morreron éstes sen sucesión e antes que Ana Soga, que quedou como única herdeira de tódolos bens. Os que a sucederon nestas posesións foron: Alonso Sarmiento de Figueroa, señor que foi da Casa de Fontán, Juan de Batallán e a súa muller Inés Álvarez, veciños da Vila de Portonovo, e Antonio de Valladares, veciño da Vila de Fefiñáns.
A primeira unión que podemos apreciar na documentación co Conde de Priegue aparece no século XVII na persoa de Francisca Bermúdez de Castro, irmá de Andrés Bermúdez de Castro, casada con Benito Sarmiento Valladares Figueroa que figura como dono da Casa de Baión. Francisca ostentaba o título de dona da Casa de Fontán e, ademáis, recibiu o vínculo das Casas de Penela e Anceis despois de que o seu sobriño finara sen descendencia. Tódalas súas posesións, incluída a Casa de Fontán, foron herdadas pola súa filla María Antonia Sarmiento y Figueroa .

OPINIÓN PERSOAL
Descoñezo a orixe deste apelido, ainda que probabelmente teña na Galiza o seu berce
Responder