Os Británicos en Galicia

Feitos do noso pasado común
Responder
Avatar de Usuario
Pousada
Administrador
Administrador
Mensajes: 1254
Registrado: 15 Sep 2006, 09:00

Os Británicos en Galicia

Mensaje por Pousada »

Nalgún lugar desta web teño lido como moitas persoas falan dunha posible orixe inglesa de certas familias: Eis os Charlines de Cambados; así coma os Romaes e os Monterroso, descendentes da infanta Milia de Inglaterra.
Hoxe, día de defuntos, aínda moitas persoas están a visitar aos seus familiares nos panteóns de toda Galicia. É curioso. Nesta comunidade autónoma existen alomenos dous cemiterios de soldados británicos:

a) O cemiterio Inglés de Camariñas, onde xacen os restos dos 173 tripulantes do HMS Serpent (buque escola da Royal Navy que naufragou fronte á Costa da Morte a finais do século XIX, concretamente en o 10 de novembro de 1890) e

b) O cemiterio Naval Británico de Vilagarcía de Arousa: onde xacen alomenos os corpos de quince mariños ingleses. Edificouse en 1910 específicamente para acoller os restos mortais de calquera militar británico que afogase o morrese nas proximidades de Galicia.

Gardamariña: Hug R. Baldwym.
Mariñeiros: Percival José, Patrick Healy, A. Hollier, Alfred Saet e Hodson.
Artificieiro: Harold Mounce.
Mayor: Richard Warder.
Aprendices: Cliford Slade e Jas Maurice Brown.
Lugartenentes: Foley Wreker e George Osborne.
Timonel: Alberd Brand.

Ademáis, tamén están os restos dun civil (Mr Charles Lessener) e de persoal do corpo diplomático (Alexander Linsay, cónsul británico en Vigo ata 1971).

Para seguir este tema recomendo o seguinte enlace (de onde proceden moitos dos datos recollidos nesta mensaxe)

http://www.turvilagarcia.com/especial_c ... ingles.asp

O certo é que moitos destes visitantes británicos acabaron por se mesturar coa poboación local, caso, por exemplo, de Mr Lessener, quen chegou a casar coa dama vilagarciana Josefina Porto.
(Por certo que, e a xeito anecdótico, esta presenza de ingleses na "Arosa Bay" é tomada por moitas persoas como proba de que as orixes do fútbol en España teñen o seu berce precisamente en Vilagarcía de Arousa, debido á súa interrelación cos soldados británicos)
Avatar de Usuario
freire
Mozo
Mozo
Mensajes: 14
Registrado: 17 May 2002, 09:00
Ubicación: A Coruña
Contactar:

Cemiterio británico

Mensaje por freire »

Tamén n'A Coruña hai un importante cemiterio británico, o British Cemetery, situado a carón do cemiterio de San Amaro. Entendo que a sua orixe foi o enterramento dos mortos na Batalla de Elviña.
Avatar de Usuario
daniel_okintos
Foreiro
Foreiro
Mensajes: 60
Registrado: 09 Nov 2006, 09:00
Contactar:

Monumento funerario Sir Jhon Moore Simson

Mensaje por daniel_okintos »

Gostaríame lembrar nestes comentarios sobre os británicos na Galiza, o singular monumento funerario de Jhon Moore, nos xardins de San Carlos na cidade d'A Corunha.

Neste Monumento Funerario, pódese representar a lembranza dos soldados tanto británicos como das outras nacionalidades en loita na guerra de invasión da nossa terra polo exército imperial de Napoleón Buonaparte e que quedaron para sempre na Galiza, anónimos mortos e algúns anónimos vivos, acollidos polas xentes boas e xenerosas do nosso país a pesares das atrocidades de uns e outros contra os galegos.

Algúns dos apelidos destes soldados de moitas nacións europeas que pelexaron entre ambo-los dous bandos, aínda están vivos entre nos e penso que as persoas deste foro, tan entendidas nestes temas, poderían intentar recolle-los.
Saúdos.

Imagen

Imagen

http://www.fotografiasdegalicia.com/galeria/main.php
*Fotos propiedade de jerónimo Pérez Paz e da WEB http://WWW.FOTOGRAFÍASDEGALICIA.COM
Responder