Caxigal / Cajigal / Cacigal
Publicado: 11 Nov 2006, 14:15
O libro "Blasones y linajes de Galicia" de Juan Sebastián Crespo recolle sobre estos apelidos, que pleitearon pola súa hidalguía na Real Chancelería de Valladolid: Pedro Antonio Cagigal, de Coruxo de Arriba (fª de Sta. Eulalia de Liáns, concello de Oleiros) en 1736; D. Juan Cagigal, da fª de Santa María de Dexo (no mesmo Concello) en 1737; e D. Pedro Sebastián de Cagigal, de Sta. María de Oleiros (no mesmo concello) en 1744.
D. PEDRO DE CAGIGAL, veciño de Sta. Eulalia de Liáns, foi erixido como noble no alistamento do Duque-príncipe de Barbanzón; tivo por fillo a
D. PEDRO ANTONIO DE CAGIGAL, veciño da mesma fª, que é o que pleiteaba pola súa fidalguía en 1736.
Os das fªs de Santa María de Dexo e San Xulián de Serantes (no mesmo concello) que pertencían a antiga xurisdicción de Miraflores, gañaron real provisión de fidalguía na Real Chancelería de Valladolid, o 31 de Marzo de 1746, como veremos:
D. PEDRO DE CAJIGAL casado con Dª Catalina Gómez, tivo por fillo a
D. ANTONIO DE CAJIGAL (irmán do militar D. Rodrigo de Cajigal); casado con Dª Antonia Piñeiro, tivo por fillo a
D. GREGORIO DE CAJIGAL, fº en 1690; que realizou informacións de xenealoxía e limpeza en Miraflores,1650, e outra en 1665 en Santa Eulalia de Liáns; casou con Dª Maria Santiago, viviu na fº de San Xulián de Serantes, e tivo por fillo a
D. PEDRO CAJIGAL, erixido como noble en 1700 pola xurisdicción de Miraflores; casou con Dª Ana Pardo, viviu en Serantes e tivo por fillo a
D. FRANCISCO DE CAJIGAL e o seu irmán D. JUAN que litigou con él pola súa fidalguía; veciños que pasaron a ser da fª de Santa María de Dexo. Diócesis provisión de fidalguía na data sinalada.
Os herdeiros desas familias que conservan o apelido a dia de hoxe nas duas fªs de Dexo e Serantes, conservan o alcume polo que son coñecidos na zona, de "Os fidalgos".
Hai tamén a dia de hoxe persoas con ese apelido na parroquia de Santa María de Oleiros. Antepasados destas persoa viviron na cercana fª de Soñeiro no Concello de Sada de onde segun os documentos eran oriundos.
No A.R.G. , consérvanse varios documentos sobre este apelido. Tamen no Arquivo da Real Chanceleria de Valladolid.