Quelle

Procuras sobor de apelidos ou temas relacionados
Responder
Avatar de Usuario
Mnc
Novo
Novo
Mensajes: 2
Registrado: 23 Ene 2007, 09:00
Contactar:

Quelle

Mensaje por Mnc »

Hola a todos os presentes ; Levo un tempo recavando información sobre a miña familia por parte paterna..A madre de mi abo tiña o apelido " Quelle " , o pouquiño que sei..dixeronme que era de orixe xermano..alguen podeme axudar?
Avatar de Usuario
maviac
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 379
Registrado: 17 Dic 2004, 09:00

Mensaje por maviac »

A orixe é toponímica. Sei que hai dous lugares chamados así: Quelle en Ortigueira e en Toén (Ourense); así que con algúnha das duas terras deben estar relacionados os teus ancestros. En canto á orixe non me parece que sexa xermánico; no se me ven nengún nome que poida dar ese topónimo, mais ben me parece que teña que ver con quenlla, palabra que deriva do latín canalis-e. Polo menos cós elementos que agora teño é a conclusión que me parece preferíbel.
Quelle
Novo
Novo
Mensajes: 1
Registrado: 16 Ago 2021, 12:38

Re: Quelle

Mensaje por Quelle »

Ola a todos,
Esta é a miña primeira mensaxe non grupo, xa que acabo de incorporarme. Sempre tiven curiosidade polo meu apelido, ata onde sabía era moi común na miña zona, a costa de lugo, pero fora de ahí, moi escaso. Tempo atrás, un compañeiro de piso, que tiven na universidade, díxome que era de orixe xermano, e a explicación que me deu, a verdade é que era un pouco de lenda, pero gustoume, polo que non lle din máis voltas... ata agora!
O que me dixo este rapaz é que o apelido chega á costa de lugo a través dun monxe templario de orixe xermano (Quelle en alemán polo visto e fonte ou mantial) que veu a refuxiarse ó mosteiro situado na illa de coelleira. Este monxe... pois digamos que o do voto de castidade non o levaba moi ben e esparcera o apelido pola rexión, de feito se miro onde é máis frecuente e na zona de viveiro, xove, burela... Polo que todo me tiña sentido.
Agora que me puxen a investigar eu un pouco máis atopo que o seu orixe pode ser dun topónimo, outra expliación que atopo e que realmente ten orixe francés.
A verdade e que son novo en canto á xenealoxía se refire. ¿Alguén sabe algo desde apelido ou me pode explicar un pouco por onde debería mirar para saber máis?
Moitas grazas a todos!!!!
Avatar de Usuario
LAVANDAL
Foreiro Maior
Foreiro Maior
Mensajes: 252
Registrado: 04 Jul 2005, 09:00
Ubicación: Cervo

Re: Quelle

Mensaje por LAVANDAL »

Ola:
A orixe de Quelle, apelido habitual na Mariña (principalmente nos concellos de Xove e Cervo), non é nada exótico nin xermánico, como aclara maviac. A palabra quelle, variante de quenlle e quenlla, significa canal pequeno de auga ou gabia ou suco polo que pode dirixirse a auga a calquera sitio.
Existe microtoponimia relacionada na zona como, por ex., a fonta de Quelle na parroquia de Sanromán de Vilaestrofe.

Un saúdo.
Responder