Paradela (Sada)

Procuras de familiares
Avatar de Usuario
Lartovedo
Mozo
Mozo
Mensajes: 16
Registrado: 29 Ago 2006, 09:00
Ubicación: Samoedo-Sada

Paradela (Sada)

Mensaje por Lartovedo »

Paradela é un dos apelidaos da miña árbore. é bastante común en Sada, especialmente no lugar de Samoedo, vencellados orixinariamente a unha casa grande de finais do s. XVIII ou comezos do s. XIX, aínda en pe. Transcribo a historia que redactei desta casa:

A casa matriz de Samoedo atravesou, durante a súa existencia bicentenaria, por múltiples vicisitudes. O seu primeiro propietario coñecido foi José Paradela Gómez, fillo de José Paradela, de Meirás (Sada), e Manuela Gómez, de Osedo (Sada). Nacera en Samoedo no 1798, polo que pode que a casa fose xa construída polo seu pai. José Paradela Gómez Casou con María Canle Reimóndez, de Souto, en Carnoedo, filla de Antonio Canle e Antonia Reimóndez. Deste matrimonio sobreviviron cinco fillos, Antonio, Benito, José Manuel, María Antonia e José Antonio Paradela Canle. Coa morte de José Paradela Gómez e María Canle Reimóndez, no 1872 e 1874 respectivamente, herdou a casa Benito Paradela Canle, que nacera no 1819 e estaba casado con Ángela Arévalo y Arévalo, de Veigue. Unha irmá desta, Josefa Arévalo y Arévalo casou con José Antonio Canle Paradela, de Carnoedo, fillo de José Canle Reimóndez, irmán de María Canle Reimóndez, e de Antonia Paradela Gómez, irmá de José Paradela Gómez. Logo, Benito Paradela Canle e José Antonio Canle Paradela eran curmáns en primeiro grao por nai e por pai. Do matrimonio entre Josefa Arévalo y Arévalo e José Antonio Canle Paradela naceu, entre outros fillos, no 1855, Ángela Canle Arévalo, da que foi madriña a súa tía Ángela Arévalo y Arévalo. Logo, Ángela Canle Arévalo era bisneta de José
Paradela. Cando casou con José Guitián Seoane, de Soñeiro, fillo de Bernardo Guitián Galán, de san Pedro de Nós, e Josefa Seoane Calvo, de Soñeiro tamén, ambos foron vivir cos seus tíos, Benito Paradela Canle e Ángela Arévalo y Arévalo, que non tiveron descendencia. Á morte destes últimos, acaecida no 1888 e 1897 respectivamente, herdan a casa Ángela Canle Arévalo e José Guitián Seoane, aos que lle han sobrevivir tres fillos, Antonio, Antonia e Rogelio Guitián Canle, mais unha neta, Elena Muiño Guitián, filla de outra filla, María Manuela, morta no 1899. Ángela Canle Arévalo morre no 1914, distribuíndo a herdanza entre os seus fillos e o seu marido, que queda coa casa e o usufructo da totalidade dos bens legados. José Guitián Seoane morre no 1937, e a casa queda en posesión do fillo maior, Antonio Guitián Canle. Este, na súa vellez, é casado sen ser moi consciente coa criada nunha noite. Á súa morte, moi pouco despois, será esta a que herde todas as súas propiedades, legándollas posteriormente en herdanza á súa sobriña.


Agradecería calquera dato sobre as persoas mencinadas, así coma sobre o apelido Paradela e o seu vencello con Sada.
Manuel Pérez Lorenzo,
Samoedo, 2007
Responder